En1932 e tras un longo debate, o fútbol profesional instalouse enFrancia. Iso impulsou a creación dun campionato nacional de liga, xa que ata entón só se disputaban varios torneos rexionais, ademais daCopa de Francia.
O11 de setembro de1932 disputouse a primeira xornada do que inicialmente se chamouChampionnat National. Organizáronse dous grupos, de dez equipos cada un, cuxos respectivos campións,AS Cannes eOlympique Lillois enfrontáronse entre si nunha final polo título, na que se impuxeron os segundos.
A seguinte tempada xa se adoptou o formato de grupo único, con 14 equipos, e o campionato pasou a denominarseDivision 1.
Actualmente participan na liga vinte clubs, que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario. Son un total de 38 xornadas, que se desenvolven entre os meses de agosto e maio do seguinte ano. O calendario dos partidos establécese por sorteo antes do inicio do campionato.
O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma puntos, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo. Ao termo do campionato, o equipo que acumula máis puntos proclámase campión da liga francesa e clasifícase para aLiga de Campións da UEFA, xunto co segundo clasificado. O terceiro clasificado obtén o dereito a disputar unha eliminatoria previa para acceder á Liga de Campións. O cuarto clasificado obtén unha praza para aUEFA Europa League. Os tres últimos equipos descenden áLigue 2, sendo substituídos a seguinte tempada polos tres primeiros clasificados desta categoría.