Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

LightSail

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
LightSail 2 na súa configuración antes do lanzamento.

LightSail foi o nome de doussatélites artificiais daSociedade Planetaria adicados a demostrar a viabilidade da técnica de propulsión por presión da luz solar usando unhavela solar.[1][2]

Características

[editar |editar a fonte]
LightSail 2 coa súa vela solar despregada.

Os dous satélites LightSail eranCubeSats de tres unidades lanzados como sucesores da misión falladaCosmos 1. Das tres unidades de cada CubeSat, unha funcionaba como módulo de control e electrónica mentres que as outras dúas contiñan a vela solar. Os satélites tamén levaban cámaras e sensores para monitorizar o despregue da vela. A vela solar de cada LightSail estaba composta por catro triángulos demylar formando un cadrado de 32 m2.[1][2]

LightSail 1 foi lanzado o 20 de maio de 2015 a bordo dunAtlas 5 nunhaórbita de 356 x 700 km. Despois de dous días sufriu un problema desoftware, deixando de responder e non conseguíndose reiniciar oordenador de a bordo mediante comandos desde terra. Desde o control esperouse a que un impacto fortuíto de radiación espacial reiniciase o ordenador, o que sucedeu tras varios días despois do fallo, recuperándose o control do satélite. Conseguiuse despregar totalmente a vela o 7 de xuño de 2015, co satélite reentrando naatmosfera terrestre o día 15 dese mes, tras 25 días en órbita.[1][2]

LightSail 2 foi lanzado, contido á súa vez no satéliteProx 1, a bordo dunFalcon Heavy o 25 de xuño de 2019 a unha órbita de 709 x 726 km. O satélite foi despregado desde Prox 1 unha vez na súa órbita final, estendendo a súa vela o 23 de xullo de 2019, coa Sociedade Planetaria declarando o éxito da misión o 31 de agosto tras comprobar que oapoxeo da súa órbita aumentara en 2 km grazas á vela solar en catro días.[1][2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,3Mark Wade (2023)."LightSail A, B"(en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2023. 
  2. 2,02,12,22,3Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed."LightSail 1, 2"(en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  LightSailModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=LightSail&oldid=6672881»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp