LIDAR utilizado para o escaneo de edificios, formacións rochosas etc. co obxectivo de xerar modelos 3D.
LIDAR (son as siglas eninglés deLight Detection and Ranging ouLaser Imaging Detection and Ranging) é unha tecnoloxía que consiste en calcular distancias dende un emisorláser cunha luzada láser. O sistema é moi sinxelo xa que consiste en calcular distancias sabendo o tempo que tarda a luzada láser en chegar ó destino final da distancia. Esta tecnoloxía é parecida ós contaquilómetros doscoches que calculan a velocidade do vehículo calculando canto tardan en dar unha volta sobre si mesmas as rodas dianteiras. En xeral, a tecnoloxía lidar, ten aplicacións enxeoloxía,sismoloxía efísica daatmosfera.
Por exemplo en xeoloxía: fanse medicións de distancias con láser para aplicacións de mapas a grande escala, procesos de contorno ecurvas de nivel para ortofotos dixitais.
Centrándonos máis no tipo de tecnoloxía, podemos dicir que a tecnoloxía empregada é como a que usan ospolicías nas súas pistolas láser para determinar a velocidade dos vehículos que circulan no tráfico rodado. Deste xeito podemos destacar algunhas das vantaxes da tecnoloxía láser fronte outras tecnoloxías de medición de distancias:
É moito máis rápido.
Ó emitir unha luzada láser, non diverxe tanto e é moito máis estreito que o do radar que se dispersa e rebota no contorno.