Olichi[1] (Litchi chinensis) é unhaárbore froiteiratropical orixinaria do sur daChina, onde a coñecen coma 荔枝 (pinyin: lìzhī), o sur deIndonesia e o leste deFilipinas, onde a coñecen comaalupag. É realmente a única representante do xéneroLitchi da familia dasSapindaceae.
Os seus froitos coñécense co nome delichis[2]. Cultívanse, ademais das súas zonas de orixe, naIndia,Madagascar,Nepal,Bangladesh,Paquistán, sur e centro deTaiwán, a norte doVietnam,Tailandia,Suráfrica eMéxico.
Comézase a ver nas froitarías de Galicia, como froita exótica tropical.
A árbore é de tamaño medio, atinxindo 15-20 metros de altura, confollas alternadas, cada folla ten uns 15-25 centímetros de longo, con 2-8folíolos laterais de 5-10 centímetros de longo; o folleto terminal está ausente. As follas novas son dunha cor vermella brillante, tornándose verdes ao maduraren. Asflores son pequenas, verde branco amarelado ou branco.
Osfroitos, semellantes aosamorodos, prodúcense enacios e posúen unha a casca rugosa e de cor vermella fácil de depelicar. Apolpa é xelatinosa, translúcida, zumarenta, lembrando o sabor da froita daTalisia esculenta (pitomba) e de semellante carabuña. Consómese fresca, tamén enzumes, compotas ou a xeito de froita pasa. Contén un alto índice de vitamina C, alén de posuír as do complexo B, sodio, calcio e potasio.
Posúe tres subespecies:[3]
Pode ser consumido fresco, en zumes, en forma de doces, xeleas, iogures e sorbetes. O lichi é tamén utilizado na fabricación de cosmeticos pois o froito posúe propiedades antioxidantes.