| Libro de Leinster | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Folio 53 do Libro de Leinster. Conservado no Trinity College de Dublín. | |||||
Instancia de | |||||
Lingua | |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
Período | |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
Número inventario MS H 2.18(Trinity College Dublín) | |||||
| Wikidata C:Commons |
OLibro de Leinster (enirlandésLebor Laignech), é unmanuscritomedievalirlandés completado arredor do ano1160 e conservado noTrinity College deDublín. Anteriormente foi coñecido comoLebor na Nuachongbála "Libro de Nuachongbáil", un lugar monástico coñecido hoxe comoOughaval.
Algúns fragmentos do libro, como oMartiroloxio de Tallaght, están na colección doUniversity College Dublin.[1]
A redacción do manuscrito realizouse por parte de máis dun redactor, tal como se pode comprobar no texto do mesmo no que aparecen distintas caligrafías. O compilador principal foi probablementeÁed Ua Crimthainn,[2][3] quen foi abade do mosteiro de Tír-Dá-Glas en Shannon, hoxeTerryglass (Condado de Tipperary), e o último abade dese mosteiro do que se teñen rexistros.[3] Probas internas do manuscrito dan testemuña do envolvemento de Áed. A súa sinatura pode lerse en f. 32r:
Aed mac meic Crimthaind ro scrib in leborso ra thinoil a llebraib imdaib"Áed Húa Crimthaind escribiu este libro e recompilouno de moitos outros."
Nunha carta copiada posteriormente por outro escritor nunha marxe inferior, o bispo de Kildare, Finn mac Gormáin (m. 1160), se refire a el como un home de ensinanzas (fer léiginn) do alto-rei deLeth Moga, o coarb[4] deColum mac Crimthainn, e xefe de estudos (prímsenchaid) de Leinster. Unha teoría alternativa suxerida porEugene O'Curry, propón que Finn mac Gormáin transcribiu ou recompilou o Libro de Leinster para Áed.[3]
O manuscrito foi producido por Aéd e algún dos seus pupilos durante un longo período de tempo entre os anos1151 e1224.[3] Dos anais recollidos no manuscrito, poderíase dicir que foi escrito entre o 1151 e 1201, coa maior parte do traballo rematada arredor dadécada de 1160. Como Terryglass foi queimado no ano1164, o manuscrito debeu ser rematado en outroscriptorium.[3] Entre os lugares suxeridos están Stradbally (Co. Loais) eClonenagh (Co. Laois), fogar de Uí Chrimthainn.[3]
Eugene O'Curry suxeriu que o manuscrito puido estar encargado porDiarmait Mac Murchada (m. 1171),rei de Leinster, quen tiña unha fortaleza (dún) enDún Másc, preto de Oughaval (An Nuachongbáil). Dún Másc pasouno de Diarmait Mac Murchada aStrongbow, de Strongbow á súa fillaIsabel, de Isabel aoMarshal Earls de Pembroke e deste, a varias xeracións posteriores na súa liña. CandoMeiler fitz Henry estableceu un priorado augustiniano no condado de Laois, Oughaval quedou incluída nas terras deste.
O Libro de Leinster é unha das fontes máis importantes para axenealoxía, amitoloxía e aliteratura irlandesa antiga, xa que contén, entre outros, textos como oLebor Gabála Érenn ("Libro das invasións irlandesas"), oTáin Bó Cuailnge ("O roubo do touro de Cuailnge"), asMetrical Dindshenchas e unha tradución ou adaptación ao irlandés deDe excidio Troiae Historia.
O manuscrito contén 187 follas, de aproximadamente 33 cm x 23 cm. Unha nota no manuscrito suxire que se puideron perderse ata 45 follas. O Instituto Dublín de Estudos Avanzados publicou unha edición en seis volumes publicada ao longo de 29 anos.
O30 de outubro de2019, o manuscrito chegou aGalicia para ser exposto temporalmente noMuseo Centro Gaiás daCidade da Cultura co gallo da exposiciónGalicia, un relato no mundo.[5] É a primeira vez en oitocentos anos que o manuscrito sae deIrlanda.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Libro de Leinster |