| Libération | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
Título | |||||||
Instancia de | |||||||
Lingua | |||||||
Propietario | |||||||
Formato de xornal | |||||||
| Autoría | |||||||
Fundador/a | |||||||
| Publicación | |||||||
Editor/a | |||||||
Editor/a en xefe | |||||||
Prezo | |||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||
Periodicidade | |||||||
Data de comezo | |||||||
Data de creación | |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
Páxina WEB | |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Libération (tamén coñecido enFrancia comoLibé) é un xornal editado enParís e fundado no1973 polo filósofoJean-Paul Sartre e os xornalistas Benny Lévy eSerge July.
O proxecto naceu co nome do periódico clandestino vinculado áResistencia francesa durante asegunda guerra mundial, oLibération que foi dirixido porEmmanuel d'Astier de la Vigerie, e baixo o impulso domaio francés. Por iso,Libé naceu cunhas características insólitas dentro da prensa europea. As relacións laborais dentro da súa redacción non estaban xerarquizadas, todos os empregados (incluído o persoal dos obradoiros) recibía o mesmo salario e non se aceptaba publicidade nas súas páxinas.
Con esa estrutura e coa dirección moral de Sartre,Libération saíu á rúa por primeira vez o3 de febreiro de 1973. O seu posicionamento político era de esquerdas pero non estaba vencellado a ningún partido político, como si ocorría conL'Humanité, por exemplo. Con todo, Sartre abandonou a redacción do diario en maio de1974 eLibération iniciou un longo e ás veces traumático camiño cara ánormalidade xornalística.
As relacións non xerárquicas seguiron funcionando ata febreiro de1980, cando os enfrontamentos internos dentro da redacción fixeron que o diario se deixara de editar durante tres meses. En maio dese ano,Libé reapareceu nos quioscos cun novo formato e co nome do seu primeiro director baixo o seu mancheta: Serge July.
Pouco despois, chegaron os primeiros anuncios e os primeiros socios capitalistas alleos ao traballo na redacción. Aos poucos, os lectores comprobaron tamén queLibé abandonaba o seu inicial radicalismo político. Sen deixar de ser nunca un diario especialmente sensible ás causas sociais, progresista e rupturista nos seus enfoques e no seu deseño, o xornal fundado por Sartre empezou a incluír a columnistas liberais nas súas páxinas de opinión (Rebonds). En2005, July manifestou o seu apoio ao "si" no referendo para a aprobación daConstitución Europea. O "non" gañou a consulta co voto masivo dos simpatizantes de esquerda.
Aquel resultado anticipou o fin daera July. A caída na difusión (ao redor dos 140.000 exemplares diarios en2006) e os problemas financeiros da empresa editora xa obrigaran a admitir a un novo home forte no seu accionariado, o empresarioÉdouard de Rothschild, mal recibido polos xornalistas deLibération. En maio de 2006, Rothschild esixiu o cesamento de July do seu posto, baixo a ameaza de deixar de investir no diario. O 30 de xuño,Libération anunciou na súa primeira páxina a despedida de July. O seu posto foi ocupado porAntoine de Gaudemar e logoLaurent Joffrin.