![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1527![]() Jinjiang, República Popular da China(pt) ![]() ![]() |
Morte | 1602![]() Pequín, República Popular da China ![]() |
Causa da morte | suicidio![]() |
Lugar de sepultura | Pequín![]() |
Relixión | Budismo![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía![]() |
Ocupación | filósofo, mestre![]() |
![]() |
![]() | Este artigo amosaescritos chineses. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Li Zhi (chinés tradicional: 李贄;chinés simplificado: 李贽;pinyin: Lǐ Zhì;Wade-Giles: Li3 Chih4), tamén coñecido polopseudónimoZhuowu (chinés tradicional e simplificado: 卓吾;pinyin: Zhuówú; Wade-Giles: Cho2-wu2; "Eu, o intelixente"), nado en1527 e finado en1602, foi unfilósofo,historiador eescritor chinés de finais dadinastía Ming. Foi perseguido polas súas críticas á doutrinaneoconfuciana deZhu Xi, considerada a ortodoxia polo goberno dos Ming, e acabou suicidándose en prisión.
Li Zhi naceu enJinjiang (a actualQuanzhou), naprovincia de Fujian. Era descendente de sétima xeración de Lin Nu, fillo de Li Lü, un mercador marítimo. Lin Nu visitouHormuz, enPersia, no ano 1376, converténdose aoIslam tras casar cunha muller da rexión, coa que regresou á China. Porén, esta nova fe non arraigou na familia, que deixou de practicar o Islam na época do avó de Li Zhi.
O pai deste foi mestre, polo que recibiu unha esmerada educación dende moi novo. En 1551, aprobou os exames da súa vila, e cinco anos despois foi nomeado profesor en Gongcheng (actualHuixian, naprovincia de Henan). En 1560 foi ascendido a docente doGuozijian, enNanjing; porén, tivo que regresar ao fogar para cumprir coloito filial. Durante este tempo, tivo que axudar na defensa da cidade natal contra os ataques dospiratas xaponeses. Tras rematar o loito en 1563, foi enviado ao Guozijian deBeijing.
En 1566, serviu noMinisterio dos Ritos da capital, onde se familiarizou copensamento budista e o daescola de Wang Yangming. Posteriormente, en 1577, trasladouse como prefecto aocondado Yao'an, enYunnan, posto que abandonou tres anos máis tarde. Logo, asumiu un cargo de profesor enHubei por invitación deGeng Dingli, mais foi atacado polo irmán deste,Geng Dingxiang, quen o acusou de herexe. A causa deste incidente, mudouse aMacheng. En 1588, fíxose monxe budista, pero sen seguir o seu estilo de vida ascético. Dous anos despois, publicouFenshu 焚書 ("Un libro para queimar").
Durante adécada de 1590, visitouJining e Nanjing, onde coñeceu aoxesuítaMatteo Ricci, co que debateu sobre as diferenzas entre a filosofía budista e acatólica. Volveu a Macheng en 1600, mais tivo que fuxir pola condena dun maxistrado local.
En 1602, Li Zhi foi acusado de confundir á sociedade con ideas heréticas porZhang Wenda e outros oficiais doCensorado, polo que acabou na cadea, onde se suicidou ao saber que sería exiliado ao seu Fujian natal.[1] Tras o seu pasamento, foi soterrado enTongzhou, onde se atopa a súa tumba.