

Aliña deferrocarril de vía estreita deFerrol aXixón comunica ambos os dous extremos pola costa doCantábrico eAtlántico. Foi inaugurada o6 de setembro de1972, aínda que algúns tramos se puxeron en servizo antes, e desde o momento da súa construción foi integrada enFEVE.
Non seus comezos ten aproveitado material daliña Ribadeo-Vilaoudriz[1].
Dispón de vía única, electrificado entre Xixón eCudillero. Dependeu deFEVE ata o 31 de decembro de2012, cando se unificaron os operadores estatais de vía estreita e vía larga. A infraestrutura foi transferida aADIF e a explotación dos servizos aRenfe Operadora.[2]


A idea de construír un ferrocarril entreFerrol eXixón tivo efecto no1886, cando oCongreso dos Deputados aprobou o primeiro proxecto, co fin de concetar os cuarteis deartillaría de Ferrol coas fábricas de armas e explosivos deAsturias pola costacantábrica. O proxecto foi incluído no 'Plan de Ferrocarriles Secundarios' de1888, aínda que as obras tardarían en comezar.[3]
No1906 apróbase a lei de ferrocarrís estratéxicos e secundarios, con inclusión do proxecto como de vía estreita (1m).
Por discrepancias sobre o trazado, en particular no occidente deAsturias,[4] obras non comezan ata1921, a cargo doEstado Español.
As vicisitudes políticas dos anos1920,1930 e1940 atrasaron ata1956 a inauguración do tramo, entreAvilés ePravia,[5] previo acordo coa compañía que explotaba oFerrocarril de Carreño, que tiña a concesión de explotación entreAvilés eXixón.
As obras continuaron na zonagalega, rematando coa inauguración do tramo (Viveiro-Vegadeo) en1968.
Antes inauguráronse en1962 o tramoPravia-Luarca e tramos na zona galega, quedando para1972 o tramo final,Luarca-Vegadeo.
Así, pasaron 86 anos do primeiro proxecto aprobado (1886) á súa inauguración (1972), coa variación total, entremedias, das necesidades de tráfico xeral e estratéxicas que o impulsaron.[6]

A construción do ferrocarril supuxo grandes obras de fábrica (pontes, viadutos, túneles,...) para salvar a complicadaorografía da costa cantábrica, en particular, na zona asturiana. Foi necesario construír 110 túneles e 27 viadutos, nunha liña de lonxitude total de 320km con 47 estacións. O seu custo total, en1972, foi 4 250 millóns depesetas.[3]
Posta en marcha de tramos[5]:
| 1/10/50 | Xixón-Aboño | 7 km |
|---|---|---|
| 11/09/56 | Pravia-Avilés | 24 km |
| 1/02/62 | Ferrol-Mera | 46 km |
| 13/09/62 | Luarca-Avilés | 58 km |
| 4/10/64 | Mera-Ortigueira | 8 km |
| 23/06/66 | Ortigueira-Viveiro | 33 km |
| 21/06/68 | Viveiro-Vegadeo | 67 km |
| 6/09/72 | Vegadeo-Luarca | 58 km |
Co paso do tempo, a falta de mantemento trasladouse ó número de accidentes observados. Coa chegada do século XXI e o empeoramento dos servizos foi callando a idea de que se procuraba a supresión da liña, o que ten preovocado diversas iniciativas e mobilizacións, co mantemento en 2017 e 2018 de diversas xuntanzas a nivel político[7]. A finais de 2018 a empresa ten comunicado a ampliación do número de maquinistas e a adquisición de novas máquinas, se ben non é a primeira vez que o fai[7], coa idea de evitar o uso de transportes alternativos (mesmo hai contratado un servizo de taxis a tal fin, pola cantidade de fallos no sistema que ten habido[8])
Horarios de trens na liña Ferro-Xixón:http://www.renfe.com/GA/viajeros/feve/index.html