Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Liña celular inmortalizada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liña celular»)
Cultivo de célulasHeLa con tinguidura fluorescente.

Unhaliña celular inmortalizada, ou abreviado frecuentemente comoliña celular, é unha poboación decélulas procedentes dunorganismo pluricelular que debido a unha mutación casual ou inducida, evadiron os mecanismos naturais desenescencia celular e poden manterse encultivo endivisión de maneira practicamente indefinida. Contrariamente, se se extraen células normais dun organismo pluricelular e se intentan manter en cultivo, proliferan un número finito e reducido de veces (é o que se denomina cultivo primario). As células inmortalizadas poden cultivarse durante moito tempo in vitro. As mutacións necesarias para a inmortalidade poden producirse de maneira natural ou ser inducidas intencionadamente con finalidades experimentais. As liñas celulares inmortais son unha ferramenta moi importante para a investigación en diversos campos dabioquímica, abioloxía celular e abiotecnoloxía. Dado o seu baixo custo, a súa facilidade de uso e a reproducibilidade dos resultado entre diferentes experimentos e diferentes laboratorios, as liñas de células continuas utilízanse desde hai moitos anos. Compártense entre investigadores e iso permite a reprodución e a confirmación dos resultados.[1]

Non se deben confundir as liñas celulares inmortalizadas coascélulas nai que se encontran nun organismo, que tamén se poden dividir indefinidamente. As células nai forman parte normal do desenvolvemento dun organismo pluricelular. As liñas celulares inmortalizadas, ao contrario, son células que foron illadas dun organismo, é dicir, non forman parte xa do organismo nin interveñen nas súas funcións, e mantéñense de maneira “artificial” en cultivo como unha ferramenta de estudo para a investigación. Tamén se utiliza ás veces o termo liña celular (non inmortalizada) para indicar a liña de células que durante o seu desenvolvemento ediferenciación naturais dá lugar a outras células; por exemplo, pode falarse da liña celular domonocito/macrófago, a liña celular dosespermatozoides ou aliña xerminal.

Relación coa bioloxía e a patoloxía naturais

[editar |editar a fonte]

Hai diversas liñas celulares inmortalizadas. Algunhas delas son liñas celulares normais extraídas (por exemplo, derivadas de células nai). Outras liñas celulares son o equivalente in vitro das células cancerosas. Ocancro prodúcese cando unhacélula somática que normalmente non se pode dividir sofre mutacións que provocan unha desregulación dos controis dociclo celular normal, que conducen a unha proliferación incontrolada. As liñas celulares inmortalizades sufrironmutacións similares que permiten que un tipo de célula que normalmente non se podería dividir fóra do organismo, poida proliferar in vitro. A orixe dalgunhas liñas de células inmortais, son cancros naturais, como por exemplo ascélulas HeLa.

Aplicacións

[editar |editar a fonte]

As liñas celulares inmortalizadas utilízanse amplamente en investigación como un modelo simple para o estudo dos sistemas biolóxicos, moito máis complexos.[2] A principal vantaxe de utilizar unha liña celular inmortal para a investigación, é precisamente a súa inmortalidade; as células pódense manter durante moito tempo en cultivo. Iso simplifica en gran maneira a investigación, xa que de forma natural as células teñen unha vida útil en cultivo tan curta que iso limita o seu estudo. As liñas celulares inmortalizadas tamén se poden clonar dando lugar a unha poboación clonal que, á súa vez, se pode propagar indefinidamente. Iso permite que unha análise se repita moitas veces en células xeneticamente idénticas, cousa que é desexable para os experimentos científicos repetibles. As liñas celulares inmortalizadas son amplamente empregadas en biotecnoloxía, e son unha forma rendible de producir células, similares ás que se encontran nun organismo pluricelular, in vitro. As células utilízanse para unha gran variedade de propósitos, desde probar atoxicidade de compostos oufármacos para a produción de proteínas eucariotas, como unha fabrica desíntese proteica.

Inconvenientes

[editar |editar a fonte]

Os principais inconvenientes relacionados co uso de liñas celulares están relacionados coas consecuencias dunha posible contaminación por outros tipos celulares, do uso errado dunha liña celular en lugar doutra pola súa incorrecta identificación nun momento dado do seu subcultivo, e da súa deterioración ao longo do seu subcultivo. Calcúlase que actualmente entre o 18% e o 36% das liñas celulares poden estar contaminadas ou identificades erradamente. A isto hai que sumar os problemas asociados ao subcultivo excesivo da liña celular. O uso de liñas celulares non autenticadas ou excesivamente subcultivadas pode ter un custo elevado en termos económicos mais sobre todo en termos científicos.[3] Teñen a desvantaxe de posuír características de células mutadas e cancerosas, que xa non se comportan totalmente igual que as normais, o que limita a interpretación dos resultados obtidos nos experimentos con elas.

Contaminación por outras células

[editar |editar a fonte]

A contaminación das liñas celulares por outras liñas foi recoñecida e documentada desde a década de 1950.[3] Moitas liñas celulares que se utilizan amplamente en investigación biomédica foron contaminadas por outras células máis agresivas que foron substituíndo o cultivo orixinal. Por exemplo, supostas liñas dotiroide viuse que en realidade eran células demelanoma[4] ou, supostos tecidos depróstata eran en realidade de cancro devexiga urinaria ou cultivos uterinos que eran en realidade decancro de mama.[5] Cada vez hai máis probas que demostran que a contaminación creada en liñas celulares, a identificación errada e o uso de cultivos con gran número de pases de recultivo ten un grande impacto na xeración de resultados errados e enganosos, e supón un malgasto de fondos das investigacións. Dado que non hai unha lexislación ou normativa referente aos cultivos celulares que marque as directrices a seguir, nin os requirimentos á hora de publicar resultados científicos, é responsabilidade da comunidade científica asegurar a integridade dos cultivo celulares utilizados en investigación.[3]

Cambios desde a súa orixe non inmortal

[editar |editar a fonte]

Aínda que as liñas celulares inmortalizadas a miúdo se orixinan a partir dun tipo de tecido coñecido, estes padeceron mutacións importantes para converterse en inmortais. Estas mutacións poden alterar a bioloxía da célula é debe terse en conta en calquera estudo que se realice.[6] As liñas celulares tamén poden cambiar xeneticamente ao longo do seu subcultivo, nos diversos pasos, dando lugar a diferenzasfenotípicas e resultados experimentais potencialmente diferentes segundo cando e con que liñaxe se realizase o experimento.[6] Como resultado de presiónsselectivas e daderiva xenética, as liñas celulares que se manteñen en cultivo moito tempo, presentan funcións clave diminuídas ou alteradas e con frecuencia xa non representan modelos fiables do material fonte orixinal.[3]

Métodos de xeración

[editar |editar a fonte]

Hai diversos métodos de xerar liñas celulares inmortalizadas:[7]

  1. Illamento dun cancro natural. Este é o método orixinal para xerar unha liña celular inmortalizada. Entre os exemplos principais atópanse as células humanasHeLa obtidas a partir dun cancro decolo uterino.[8]
  2. Transformación espontánea en cultivo. É o caso das células HaCaT, unha liña celular que se orixinou pola transformación espontánea dequeratinocitos adultos humanos cultivados in vitro. Unha transformación asociada a alteracións cromosómicas secuenciais, non ligadas a defectos maiores de diferenciación.[9]
  3. Introdución dun xene viral que desregula parcialmente o ciclo celular (por exemplo, o xene adenovirus tipo 5 E1 utilízase para inmortalizar a liña celular HEK 293; ovirus Epstein-Barr pode inmortalizar oslinfocitos B por infección.[10]
  4. Expresión artificial de proteínas clave necesarias para a inmortalidade celular, como por exemplo atelomerasa, que impide a degradación dos extremos docromosoma durante areplicación do ADN en eucariotas.
  5. Tecnoloxía doshibridomas, utilizada especificamente para a xeración de liñas inmortalizadas de células B produtoras deanticorpos, onde unha célula B produtora de anticorpos se fusiona cunha célula demieloma (cancro de célula B) para xerar a liña estable de células B.[11]

Exemplos

[editar |editar a fonte]

Hai diversos exemplos de liñas celulares inmortalizadas, cada unha con propiedades diferentes. En xeral, clasifícanse polo tipo de célula da cal proveñen ou coa cal son máis semellantes bioloxicamente.

  • Células 3T3: liña celular defibroblastos de rato derivada dun tecido de embrión de rato cultivado cunha mutación espontánea. A liña estableceuse en 1962 no Departamento de Patoloxía da Universidade de Nova York.[12]
  • Células Caco-2: liña celular heteroxénea de adenocarcinoma colorrectal epitelial humano, desenvolvida polo Instituto Sloan-Kettering para a Investigación do Cancro en investigacións realizadas polo doutor Jorgen Fogh.[13]
  • Células CHO: liña celular derivada do ovario dehámster chinés obtida en 1957 na Universidade de Colorado, moi empregades na produción industrial de proteínas recombinantes para uso terapéutico.[14]
  • Células COS: liña celular de tipo fibroblasto derivada de tecido renal de mono. As células COS obtivéronse inmortalizando células CV-1 cunha versión dovirusSV40 que pode producir o antíxeno T grande pero ten un defecto na replicación xenómica.[15] As células desta liña celular utilízanse a miúdo para a expresión transitoria e produción de proteínas recombinantes para experimentos en bioloxía molecular, bioquímica e bioloxía celular.[16]
  • Células HaCaT: liña celular dequeratinocitos humanos transformados e inmortalizados espontaneamente.[9] É unha liña amplamente utilizada en investigación.[17]
  • Células HEK 293: liña celular xerada en 1976 portransfección de células embrionarias de ril humanas cunadenovirus 5 humano nun laboratorio dos Países Baixos.[18]
  • Células HeLa: liña celular procedente de células humanas illadas dunha paciente con cancro de colo uterino, que morreu de cancro en 1951.[8]
  • Células HepG2: liña celular que derivou do tecido hepático dunha adolescente norteamericana de ascendencia europea cun carcinoma hepatocelular ben diferenciado.[19] As células HepG2 son un bo modelo in vitro para o estudo de hepatocitos humanos polarizados.[20]
  • Células Jurkat: liña celular delinfocitos T humanos illados na década de 1970 a partir desangue periférico dun paciente conleucemia de células T.[21]
  • Células MDCK: liña celular illada en 1958 por S. H. Madin e N. B. Darbya a partir de células epiteliais de túbulo renal decan adulto (Cocker spaniel). Diso proceden as siglas do seu nome, do inglésMadin-Darby Canine Kidney (MDCK).[22] Foron empregadas inicialmente en investigación como modelo de infección vírica en células de mamífero, pero tamén en estudos de polaridade celular, adhesión celular etc.
  • Células Vero: liña celular de ril de mono que apareceu por inmortalización espontánea.[23]
  • Células A549: derivadas dun paciente con cancro de pulmón..[24]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Matthew D. Ringel «“Thyroid Cancer” Cell Line Misidentification: A Time for Proactive Change». J Clin Endocrinol Metab., 93, 11, 2008, páx. 4226–4227.[1]
  2. Kaur, G; Dufour, J. M «"Cell lines: Valuable tools or useless artifacts"». Spermatogenesis., 2, 1, 2012, páx. 1-5.[2]
  3. 3,03,13,23,3Hughes P, Marshall D, Reid Y, Parkes H, Gelber C. «The costs of using unauthenticated, over-passaged cell lines: how much more data do we need?». Biotechniques, 43, 5, 2007, páx. 575-582. [Hughes P, Marshall D, Reid Y, Parkes H, Gelber C. «The costs of using unauthenticated, over-passaged cell lines: how much more data do we need?». Biotechniques, 43, 5, 2007]
  4. Rebecca E. Schweppe, Joshua P. Klopper, Christopher Korch, Umarani Pugazhenthi, Miriam Benezra, Jeffrey A. Knauf, James A. Fagin, Laura A. Marlow, John A. Copland, Robert C. Smallridge, and Bryan R. Haugen «Deoxyribonucleic Acid Profiling Analysis of 40 Human Thyroid Cancer Cell Lines Reveals Cross-Contamination Resulting in Cell Line Redundancy and Misidentification». J Clin Endocrinol Metab., 93, 11, 2008, páx. 4331–4341.[3]
  5. Jill Neimark «"Line of attack"». Science., 347, 6225, 2015, páx. 938-940.[4]
  6. 6,06,1Vivien Marx «"Cell-line authentication demystified"». Nature Methods, 11, 5, 2014, páx. 483-488.[5]
  7. Irfan Maqsood, M.; Matin, M. M.; Bahrami, A. R.; Ghasroldasht, M. M. «"Immortality of cell lines: Challenges and advantages of establishment"». Science., 37, 10, 2013, páx. 1038-45.[6]
  8. 8,08,1Batts DW «"Cancer cells killed Henrietta Lacks – then made her immortal"». The Virginian-Pilot., 1, 1977, páx. 12-14.
  9. 9,09,1Boukamp, Petra; Petrussevska, Rule T.; Breitkreutz, Dirk; Hornung, Jiirgen; Markham, Alex; Fusenig, Norbert E. «Normal Keratinization in a Spontaneously Immortalized Aneuploid Human Keratinocyte Cell Line». The Journal of Cell Biology, 106, 3, 1988, páx. 761–771.[7]
  10. Henle W, Henle G «"Epidemiologic aspects of Epstein–Barr virus (EBV)-associated diseases"». Annals of the New York Academy of Sciences., 354, 1980, pàg. 326-331.[8]
  11. Milstein C. «The hybridoma revolution: an offshoot of basic research». Bioessays., 21, 11, 1999, páx. 966-973.[9]
  12. Todaro, GJ; Green, H «"Quantitative studies of the growth of mouse embryo cells in culture and their development into established lines"». J. Cell Biol., 17, 1963, páx. 299–313.[10]
  13. Fogh J i Trempe G «"Human Tumor Cells In Vitro"». J. Fogh, ed., 1975, páx. 115-141.[11]
  14. Wurm FM «"Production of recombinant protein therapeutics in cultivated mammalian cells"». Nature Biotechnology, 22, 11, 2004, páx. 1393–1398.[12]
  15. Jensen FC, Girardi AJ, Gilden RV, Koprowski H «"Infection of human and simian tissue cultures with rous sarcoma virus"». Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A., 52, 1, 1964, páx. 53–59.[13]
  16. Aruffo, A «"Transient expression of proteins using COS cells"». Curr Protoc Mol Biol., 6, 16.12, 2002.[14]
  17. Schoop, Veronika M.; Mirancea, Nicolae; Fusenig, Norbert E. «Epidermal Organization and Differentiation of HaCaT Keratinocytes in Organotypic Coculture with Human Dermal Fibroblasts». Journal of Investigative Dermatology, 112, 3, 1999, páx. 343–353.[15]
  18. Graham FL, Smiley J, Russell WC, Nairn R J. Gen. Virol., 36, 1, 1977, páx. 59-74.[16]
  19. «Hep G2 [HEPG2] (ATCC® HB-8065™)». ATCC.[17]Arquivado 01 de xuño de 2020 enWayback Machine.
  20. Moscato S, Ronca F, Campani D, Danti S. «Poly(vinyl alcohol)/gelatin Hydrogels Cultured with HepG2 Cells as a 3D Model of Hepatocellular Carcinoma: A Morphological Study». J Funct Biomater., 13, 6, 2015.[18]
  21. Schneider U, Schwenk H, Bornkamm G «"Characterization of EBV-genome negative "null" and "T" cell lines derived from children with acute lymphoblastic leukemia and leukemic transformed non-Hodgkin lymphoma"». Int J Cancer., 19, 5, 1977, páx. 621-626.[19]
  22. Leighton J, Estes LW, Mansukhani S, Brada Z. «"A cell line derived from normal dog kidney (MDCK) exhibiting qualities of papillary adenocarcinoma and of renal tubular epithelium"». Cancer, 26, 5, 1970, páx. 1022-1008.[20]
  23. History and Characterization of the Vero Cell Line -- A Report prepared by CDR Rebecca Sheets, Ph.D., USPHS CBER/OVRR/DVRPA/VVB for the Vaccines and Related Biological Products Advisory Committee Meeting to be held on May 12, 2000 OPEN SESSIONwww.fda.gov pdfArquivado 06 de febreiro de 2017 enWayback Machine.
  24. "A549 Cell Line: Human alveolar adenocarcinoma cell line -General Information". Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Liña_celular_inmortalizada&oldid=7214733»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp