Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Liña Betanzos - Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aestación de Pontedeume, no punto quilométrico 23,3 da liña.

Aliña Betanzos Infesta-Ferrol, tamén coñecida como O Ramalillo,[1] é unhaliña de ferrocarril de 42,7 km de lonxitude que pertence árede ferroviaria española. É un trazado curto que busca conectar a cidade deFerrol e toda a súaárea portuaria á rede na estación deBetanzos-Infesta. Segundo a catalogación doAdif é a liña 804.[2][3]

Entrou en funcionamento o 5 de maio de1913.[4] Foi construída polo propio Estado ao quedar desertas as diferentes subhastas que se celebraron para outorgar a concesión.

Historia

[editar |editar a fonte]

Antecedentes e construción

[editar |editar a fonte]

Coa chegada do ferrocarril áCoruña desdeLugo en1875 abriuse a posibilidade de xerar un ramal ataFerrol. Este acceso tería un alto valor estratéxico polas instalacións militares e os estaleiros situados noporto da cidade. En1877 realizouse unha primeira poxa para outorgar a concesión da liña que non atopou adxudicatario.[5] Non correu mellor unha sorte unha segunda poxa celebrada en1880 ao quedar tamén deserta.[5] As empresas ferroviarias privadas non atopaban alicientes ante unha liña que a pesar do seu curto percorrido esixía notables obras de enxeñeira para a época como túneles e pontes sobre aría. Ante tal situación, e dado que ao cabo eles eran os máis interesados no trazado foi o propio goberno con fondo públicos o que decidiu correr coa obra, non sen tentar novas poxas que tamén resultaron erradas.

A construción da liña correu a cargo da Primeira división de Ferrocarrís a cuxo mando estaba o enxeñeiro de camiños Felipe Gutiérrez e prolongouse durante máis dunha década, mostrando as enormes dificultades que tiña o Estado para acabar coa obra. O custo final superou os dez millóns de pesetas.[4]​ Finalmente, o 5 de maio de1913, operativa pero inacabada foi aberta ao tráfico en vésperas da botura doacoirazadoAfonso XIII debido á presión popular.[5]

Explotación e evolución

[editar |editar a fonte]
Ponte sobre aría de Ferrol, unha das obras singulares do ferrocarril Betanzos-Ferrol.

Se a construción do trazado xerou dificultades, non o foi menos a súa explotación xa que o goberno tampouco logrou ceder a mans privadas unha liña cuxo custo fora moi elevado. Si se lograron algúns acordos puntuais cos pechados con Norte que puxo as primeiras locomotoras que percorreron a liña, mesmo esta chegou a negociar unha oferta de compra pero as partes non chegaron a ningún acordo. Desta forma, a liña foi explotada principalmente desde a Primeira División Técnica e Administrativa de Ferrocarrís que tivo que incorrer en novos desembolsos para dotarse do material necesario.[5]

Finalmente, en1928 e previo paso porMZOV, a liña integrouse enCompañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste, compañía estatal que se creou para vir en auxilio ás diferentes empresas privadas que xestionaba trazados nesta zona do país sen que iso mellorase sensiblemente a situación. En1941, tanto Oeste, como o resto de compañías privadas españolas integráronse enRenfe que xestionou a liña ata a súa división entreRenfe Operadora eAdif a finais de2004.

Características

[editar |editar a fonte]

A liña entreBetanzos-Infesta eFerrol é un trazado de 42,8 quilómetros enancho ibérico (1.668 mm), sen electrificar e de vía única. Enlaza na estación deBetanzos-Infesta coaliña León - A Coruña.

Conta con Bloqueo de Liberación Automática en vía única, con CTC (Control de Tráfico Centralizado).[3] A velocidade máxima permitida nesta liña convencional non supera os 90 km/h.[3]

Estacións

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. La Opinión de A Coruña."El Ramalillo cumple cien años". Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  2. Red ferroviaria españolaArquivado 03 de marzo de 2016 enWayback Machine.Ministerio de Fomento
  3. 3,03,13,2"Declaración sobre la red (2018)". Adif. Arquivado dendeo orixinal o 30 de setembro de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  4. 4,04,1Diario el País."El Ramalillo vuelve a rodar". Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  5. 5,05,15,25,3Juan Peris Torner."De Betanzos a Ferrol". Arquivado dendeo orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2014. 
Sistema ferroviario galego
Empresas
En activo
Históricas
Liñas
e
paradas
Largo ibérico
(1668 mm)
06-800
León - A Coruña
(1875 - actualidade)
Chapela (c)  · Redondela  · Vigo-Urzaiz (c)
06-804
Betanzos-Infesta - Ferrol
(1913 - actualidade)
Barallobre  · Betanzos-Cidade  · Betanzos-Infesta  · Cabanas-Areal  · Ferrol  · Franza (c)  · Miño  · Miño-Castro (c)  · Neda  · Paderne (c)  · Perbes  · Perlío  · Pontedeume
06-822
Zamora - A Coruña
(1943 - actualidade)
Alberguería-Prado  · A Bandeira  · Baños de Molgas  · Boborás  · Bregua (c)  · O Carballiño  · Castrelo do Val-Verín  · Cerceda (c)  · Cerceda-Meirama  · A Coruña  · Ourense-Empalme  · A Friela-Maside  · Garga-Trasmonte (c) · Gorgullos-Tordoia (c)  · A Gudiña  · O Irixo  · Lalín  · Laza-Cerdedelo  · Maside  · Meirama  · Mezquita-Vilavella  · Ordes  · Ordes-Pontraga (c)  · Oroso-Vilacide (c)  · Paderne-Cantoña  · Ponte Ambía  · Ponte Taboada  · Queixas-Londoño (c)  · Ourense-San Francisco  · Santa Cruz de Arrabaldo  · Santiago de Compostela  · Sela  · Silleda  · A Sionlla (c)  · A Susana  · Taboadela  · Uxes  · Vedra-Ribadulla  · Verdía (c)  · Vila da Igrexa (c)  · Vilar de Barrio  · Vilariño de Conso-A Capela
06-830
BifurcaciónUxes - BifurcaciónSan Cristovo
Só mercadorías (conexión daliña Zamora - A Coruña coaliña León - A Coruña)
06-832
Agulla km 545,4 - BifurcaciónSan Diego
Só mercadorías (conexión daCoruña-San Diego coaliña Zamora - A Coruña)
06-834
Estación da Coruña-San Diego - Bifurcación do Burgo
Só mercadorías (conexión daCoruña-San Diego coaliña León - A Coruña)
Só mercadorías
Cerceda-Meirama  · Meirama (só mercadorías)
06-816
Guillarei Ag. km 141,6 -Guillarei Ag. km 0,9
06-842
Bif. Río Sar - Bif. da Grandeira Ag. km 0,729
(2015 - actualidade)
Conexión da liña Redondela - Santiago coaliña Zamora - A Coruña
Largo estándar
internacional
(1435 mm)
16-XXX
LAV Olmedo-Zamora-Galicia
(en construción)
(en proxecto)
(en proxecto)
Largo métrico
(1000 mm)
Areas  · Baiona  · Bouza  · Canido  · Coruxo  · Ermida  · Florida  · Muíños  · Nigrán  · Panxón  · Patos  · Prado  · Ramallosa  · Sabarís  · Samil  · San Miguel de Oia  · Siáns  · Teixeiras  · Verdial  · Vigo-Areal  · Xuncal
08-740
Ferrol - Pravia
(1968 - actualidade)
Alto do Castiñeiro  · Apalla  · O Barqueiro  · Barreiros  · Bidueiros  · Burela  · Cangas de Foz  · Os Castros  · Cerdido  · Covas  · A Cuqueira  · Entrambasrrías  · Espasante  · Esteiro  · Fazouro  · Ferreiras  · Ferrol  · Folgueiro  · Labacengos  · Lago  · Lamas  · Loiba  · Madeiro  · Marzán  · Moeche  · Mosende  · Nois  · Ortigueira  · Pedroso  · Piñeiros  · Ponte Mera  · Ponto  · Reinante  · Ribadeo  · Rinlo  · San Cibrao  · San Clodio  · San Sadurniño  · San Xoán  · Santa Icía  · Santa María de Mera  · Sedes  · Senra  · O Vicedo  · Virxe do Mar  · Viveiro  · Viveiro-Apeadoiro  · Xove  · Xove-P.  · Xuances  · Xuvia
Servizos
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Liña_Betanzos_-_Ferrol&oldid=5954543»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp