Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Letonia

Coord.:57°N25°L / 57,25
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLetonia
Latvija (lv)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoDievs, svētī LatvijuEditar o valor en Wikidata

Lema«Tēvzemei un Brīvībai»
«Per la Pàtria i la llibertat»
«I'w fwynhau'n araf!»Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 57°N25°L / 57,25
CapitalRigaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.856.932(2025)Editar o valor en Wikidata (28,75hab./km²)
Lingua oficiallingua letoaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie64.593,76 km²Editar o valor en Wikidata
Auga1,5 %Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar BálticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoGaiziņkalns(pt)Traducir (311,94 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Báltico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación18 de novembro de 1918Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria
repúblicaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataEdgars Rinkēvičs(pt)Traducir(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de LetoniaEditar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro da Letónia(pt)TraducirEditar o valor en WikidataEvika Siliņa(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoSaeimaCircunscrición: 5,(Escano: 100)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialConstitutional Court of the Republic of Latvia(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal39.725.383.601 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalLV-1919Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.lvEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+371Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112,110 e113Editar o valor en Wikidata
Código de paísLVEditar o valor en Wikidata
Código NUTSLVEditar o valor en Wikidata

Sitio webpresident.lvEditar o valor en Wikidata
BNE: XX452762

Letonia (Gl-Letonia.oggpronunciación (axuda · info)) (enletón:LatvijaEn-us-Latvia.ogg /ˈlætviə/ (axuda · info)), oficialmente aRepública de Letonia (Gl-República de Letonia.oggpronunciación (axuda · info)) (enletón:Latvijas Republika) é un país daEuropa do norte localizado na rexiónbáltica. Letonia fai fronteira polo norte conEstonia (343 km), polo sur conLituania (588 km), e polo leste conBelarús (141 km) e aFederación rusa (276 km).[1] Na outra beira domar Báltico fai fronteira conSuecia. O territorio de Letonia ten unha superficie de 64,589 km² e unha poboación de 2 306 306 (2004).

Osletóns son unpobo báltico estreitamente vencellado coslituanos, cos que comparten moitas semellanzas lingüísticas. Hoxe en día o letón e lituano son as únicas linguas superviventes pertencentes áslinguas bálticas da familiaindoeuropea.

Letonia é unharepública parlamentariademocrática dividida en 26distritos. A capital e principal cidade en poboación éRiga (722.485 habitantes no ano2005). Letonia é membro dasNacións Unidas dende o17 de setembro de1991, daUnión Europea dende o1 de maio de2004 e daOTAN dende o29 de marzo de2004.

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia de Letonia.

O territorio de Letonia foi poboado xa dende o 9.000 adC. co establecemento das tribos protobálticas (devanceiros dos letóns) na costa leste domar Báltico ao redor do terceiro milenio adC..[2] Ao redor do 900 dC., desenvolvéranse catro tribos bálticas diferentes: oscuronios,latgalianos,selonianos,semigalianos (en Letón:kurši,latgaļi,sēļi ezemgaļi), xunto coslivonios (lībieši) que falaban unha lingua de orixeugrofinesa.

Prehistoria

[editar |editar a fonte]

Ao longo deEuropa, o territorio de Letonia foi coñecido pola súa riqueza enámbar. Ospobos bálticos comerciaron co ámbar coaGrecia antiga e coImperio Romano. Incluso hoxe en día, oámbar do Báltico segue a ser exportado para moitos puntos do mundo. No final doséculo XII, comerciantes da Europa occidental comezaron a visitar a miúdo Letonia, establecento rutas de comercio ao redor dorío Daugava ataRusia.

O período da Idade Media

[editar |editar a fonte]
Confederación de Livonia,1260
Letonia baixo aRepública das Dúas Nacións

Osmisioneiroscristiáns chegaron a Letonia en1180. Ante a negativa das tribos bálticas a seren cristianizadas, foron enviadoscruzados alemáns a fin de cristianizar as tribos pagás.[3] Xa en1211, o cristianismo xa tiña un control efectivo coa construción da catedral deRiga.

Durante oséculo XIII, desenvolveuse baixo o dominio alemán unha confederación de feudos chamadaLivonia. Livonia incluía a actual Letonia e o sur deEstonia. En1282, Riga e máis as cidades deCēsis,Limbaži,Koknese eValmiera foron incluídas naLiga Hanseática. A partir deste intre, Riga converteuse nun importante porto entre o comercio do leste co oeste. Riga constituíuse como unha ponte entre os países do báltico e aEuropa Occidental.

O período reformista

[editar |editar a fonte]

Oséculo XVI foi un século de grandes cambios para os habitantes de Letonia, entre os cales destacan a reforma e o colapso do estado Livonio. TralaGuerra Livona (1558–1583) o territorio actual de Letonia quedou baixo o reino daRepública das Dúas Nacións.

Os séculosXVII eXVIII viron as continúas loitas dePolonia,Suecia eRusia pola supremacía do Báltico. A meirande parte daLivonia polaca, incluíndoVidzeme, pasou ás mans dossuecos traloTratado de Altmark en1629. Baixo o goberno sueco, aservidume foi suavizada e foi creada unha rede de escolas para a servidume.

Letonia no Imperio Ruso

[editar |editar a fonte]

OTratado de Nystad de1721 puxo fin áGran Guerra do Norte, quedando Rusia coas terras deVidzeme (formando parte doGobernorato de Riga). A rexión de Latgale seguiu trala guerra ficando baixo o dominio dePolonia como oDucado de Livonia ata1772, cando foi anexionada por Rusia. ODucado de Curlandia converteuse nunha provincia rusa (oGobernorato de Curlandia) en1795, sendo anexionados aoImperio Ruso a totalidade dos territorios que hoxe forman Letonia.

Historia de Letonia

As promesas quePedro o Grande fixera á nobreza alemá do Báltico trala caída deRiga en1710, oficializadas co Tratado de Nystad e coñecidas como "as capitulacións," reverteron en gran parte as reformas dossuecos. A emancipación dos servos tivo lugar en Curlandia no ano1817 e enVidzeme en1819. Na práctica, a emancipación foi realmente vantaxosa para a nobreza xa que desposuía os campesiños das súas terras sen compensación ningunha. A estrutura social mudou radicalmente, estableceuse unha clase de campesiños independentes despois de que as reformas permitisen os campesiños readquirir as súas terras, os campesiños sen terra roldaban os 591.000 en1897, unha puxante claseproletaria e unha influente claseburguesa letoa. O movemento da mocidade letoa (enletón:Jaunlatvieši) sentou as bases donacionalismo a mediados de século, mirando moitos dos seus líderes ao movemento eslavófilo á busca de apoio contra a prevalecente orde social alemá. Arusificación comezou na rexión de Latgale tralaRevolta de xaneiro de1863 espallándose ao resto da actual Letonia durante a década de1880. O movemento da mocidade letoa foi eclipsado por unha nova corrente política de esquerdas xurdida na década de1890. O descontento popular chegou ao seu cumio coaRevolución de 1905, revolución de carácter nacionalista nas provincias do Báltico.

Declaración de independencia

[editar |editar a fonte]
Bandeira da Letonia independente
Ducado do báltico unido (marrón claro)
Mapa de Letonia 1920-1940

Aprimeira guerra mundial devastou o país. As reivindicacións de autodeterminación foron primeiramente limitadas á autonomía, sendo despois dirixidas cara a independencia do país, declarada enRiga o18 de novembro de1918 poloConsello do pobo letón, converténdoseKārlis Ulmanis no xefe do goberno provisional. Trala independencia dopaís báltico, sucedeuse aGuerra de independencia, un dos períodos máis caóticos sufridos na historia do país. Na primavera de1919 coexistían á vez tres gobernos diferentes— o goberno de Ulmanis; ogoberno da Letonia Soviética encabezado porPēteris Stučka, cuxas forzas, apoiadas poloExército Vermello, ocuparon o país en case a súa totalidade; e o "Ducado do Báltico" encabezado porAndrievs Niedra e apoiado poloBaltische Landeswehr e máis asFreikorps alemás. As forzasestonianas e letoas venceron aos alemáns naBatalla de Cēsis no mes de xuño de1919, e aos ataques Ruso-alemáns encabezados porPavel Bermondt-Avalov en novembro. O leste de Letonia foi limpado das tropas doExército vermello polos forzaspolacas, letoas, e alemás a comezos de1920.O1 de maio de1920 foi convocada unha asemblea constituínte que aceptou unhaconstituciónliberal, aSatversme, no mes de febreiro de1922. Esta constitución foi parcialmente bloqueada polo golpe de Ulmanis de1934, sendo restablecida completamente en1990. Dende a súa creación a constitución sufriu algúns cambios e segue a ser vixente no país na actualidade.

Coa evacuación a Rusia da base industrial de Letonia en1915, a reforma da terra foi a principal tarefa do xove país. En1897, o 61,2% da poboación rural carecía de terra de seu; cara a década de1930 aquela porcentaxe minguara ata o 23,2%. A extensión de terra cultivada xa superaba a da preguerra en1923. A innovación e o crecemento da produtividade fixo que a economía letoa medrase axiña, aínda que tivo que sufrir aGran Depresión. Malia presentar sinais de recuperación da economía, Ulmanis levou a cabo un sanguentogolpe de estado o15 de maio de1934, establecendo unha ditadura nacionalista, que durou ata a década de1940.

Letonia na segunda guerra mundial

[editar |editar a fonte]

A maioría dos alemáns bálticos que vivían en Letonia deixaron o país tralo acordo entre o goberno de Ulmanis e aAlemaña Nazi trala conclusión doPacto Ribbentrop-Molotov. O5 de outubro de1939, foi forzada a aceptar un pacto de "asistencia mutua" coaUnión Soviética, garantindo aos soviéticos o dereito a destinar 25.000 tropas en territorio letón. O16 de xuño de1940,Vyacheslav Molotov presentou a un representante letón enMoscova cun ultimato acusando a Letonia de violar as condicións do pacto, producíndose o17 de xuño aocupación do país polas tropas soviéticas. Trala ocupación tiveron lugar as eleccións no "Saeima do pobo", tomando o poder o goberno monicreque deAugusts Kirhenšteins que levou a Letonia á URSS. A anexión foi formalizada o5 de agosto de1940, data na que se estableceu aRepública Socialista Soviética de Letonia.

Gueto de Riga en 1942

Os soviéticos loitaron ferozmente contra os seus opoñentes — antes de sucederse ainvasión alemá, en menos dun ano, polo menos 27.586 persoas foron arrestadas; a maioría deportadas, sendo asasinadas 945. Durante a ocupación alemá, Letonia foi administrada como parte daReichskommissariat Ostland. Os paramilitares letóns e aPolicia auxiliar establecidos polas forzas da ocupación, participaron activamente noHolocausto. Máis de 200.000 cidadáns letóns morreron durante asegunda guerra mundial, entre os que se atopaban aproximadamente 70.000xudeus letóns. Os soldados letóns loitaron en ambos os dous frontes, incluíndo aLexión letoa daWaffen-SS, a maioría recrutados polas autoridades soviéticas e nazis. O rexeitamento ao recrutamento tiña como consecuencia a pena de cárcere, o maltrato a familiares e incluso a morte.

Ocupación soviética

[editar |editar a fonte]

Os soviéticos reocuparon o país de novo entre19441945, sucedéndose deportacións masivas ao mesmo tempo en que se levaba a cabo acolectivización esovietización do país. No ano 42.975 persoas foron deportadas. Trala ocupación do país produciuse a migración a Letonia de obreiros, administrativos, militares e os seus descendentes provenientes deRusia e doutras repúblicas soviéticas, caendo a poboación letoa ata o 62% no ano1959. Durante o mandato deNikita Khrushchev, os intentos de conseguir un grao de autonomía e protección para a deteriorada lingua letoa encabezados porEduards Berklavs foron suprimidos.

Restauración da independencia

[editar |editar a fonte]

En1989 oSoviet Supremo daURSS adoptou unha resolución sobre a "Ocupación dos estados bálticos", na que declarou que a ocupación "non tiña concordanza coa lei," e que "non era a vontade dos soviéticos". O movemento nacional coligado naFronte Popular de Letonia tomou vantaxe dasreformas da glasnot do réxime baixo o mandanto deMikhail Gorbachev, oposto áInterfront. O4 de maio de1990, oSoviet Supremo da RSS de Letonia adoptou aDeclaración da restauración da independencia da República de Letonia, suxeito a un período de transición que rematou coa independencia de Letonia o21 de agosto de1991, tralo fracaso doPutsch de Agosto. OSaeima, o parlamento letón, foi de novo elixido en1993, rematando Rusia a súa retirada militar en1994.

Os principais fitos acadados por Letonia ao longo da década dos anos90, foron a entrada naOTAN e naUnión Europea, ambos os dous conseguidos no ano2004. As novas leis lingüísticas e de cidadanía foron rexeitadas por unha gran maioría da comunidaderusa residente no país, aínda que a maioría dos rusos obtiveron a cidadanía. (Acidadanía non foi outorgada aos cidadáns soviéticos establecidos no país durante a ocupación soviética e aos seus descendentes. Os fillos nados a partir da independencia do país, si poden obter a cidadanía.) O goberno desnacionalizou as propiedades privadas que foran confiscadas durante a era soviética, devolvendo ou compensando os seus donos,privatizou a maioría das industrias nacionalizadas, e reitroduciu oLats letón. Despois de sufrir unha dura transición cara a unha economía liberal e a reorientación do país cara aEuropa occidental, actualmente o país posúe un ritmo de crecemento da economía superior á maioría dos membros daUE.

Política

[editar |editar a fonte]
Saeima, o parlamento letón

Os 100 asentos do parlamento unicameral Letón, oSaeima, elíxense por voto directo, popular cada catro anos. Opresidente elíxeo o Saeima nunha elección separada tamén cada catro anos. O presidente nomea unprimeiro ministro que, xunto co seu gabinete, forma o poder executivo, o cal ten que recibir un voto de confianza do Saeima. O20 de setembro do2003, nun referendo nacional o 66.9% dos participantes votaron a favor do ingreso naUnión Europea. Letonia é membro da Unión Europea dende o1 de maio do2004 e daOTAN dende o29 de marzo do mesmo ano.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Distritos de Letonia.
Artigo principal:Rexións de Letonia.

Letonia subdivídese en 26 condados (chamadosrajoni enletón) e sete cidades cun status separado (lielpilsētas).

Mapa dos distritos de Letonia
1.Aizkraukles
2.Alūksnes.
3.Balvi.
4.Bauskas.
5.Cēsis.
6.Daugavpils.
7.Daugavpils (cidade).
8.Dobeles.
9.Gulbenes.
10.Jēkabpils.
11.Jelgava.
12.Jelgava (cidade).
13.Jūrmala (cidade).
14.Krāslava.
15.Kuldīga.
16.Liepāja.
17.Liepāja (cidade).
18.Limbažu.
19.Ludza.
20.Madonas.
21.Ogre.
22.Preiļi.
23.Rēzekne.
24.Rēzekne (cidade).
25.Distrito de Riga.
26.Riga (cidade).
27.Saldus.
28.Talsi.
29.Tukuma.
30.Valkas.
31.Valmieras.
32.Ventspils.
33.Ventspils (cidade).

Ademais existen 4 rexións históricas e culturais de Letonia que recoñece a propia Constitución letoa;Curlandia,Zemgale,Vidzeme eLatgale. Sobre esas 4 e cos engadidos da propiaRiga e do Distrito Patrimonial de Riga,Pierīga, o Estado letón definiu as 6 rexións estatísticas de Letonia.

Mapa representando as rexións estatísticas e os seus concellos.

Estas rexións foron establecidas de acordo coa Regulación (EC) No 1059/2003 do Parlamento Europeo o 26 de maio de2003. Non exercen funcións de goberno, foron exclusivamente creadas con fins estatísticos para medir o número da poboación de forma regular e recompilar datos xenéricos para os estudos do Ministerio de Traballo, Interior, Cultura e Saúde e Tecnoloxías Médicas.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía de Letonia.

Letonia ten unha extensión de 64.610 km², comparte fronteira con catro países: ao norteEstonia, ao lesteRusia, ao surBelarús eLituania. A fronteira noroeste ocúpaa omar Báltico.

A fisionomía da paisaxe letoa é bastante uniforme, predominando as chairas cubertas por depósitos de terra e lama con grandes zonas ocupadas por bosques de coníferas, páramos e pantanos ao longo de todo o territorio. A chaira de Zemgale, ó sur, ata o límite conLituania, contén as terras máis fértiles, polo que se considera o celeiro do país.

Paisaxe costeira da vila deLiepāja
Paisaxe forestal co río Daugava

Xeograficamente Letonia caracterízase pola suavidade das súas elevacións montañosas. As maiores alturas atópanse ao leste e ao nordeste do país, onde o punto máis alto atópase no cumio de Gaizinkalns de 311 metros. O punto máis baixo atópase no lago Dridzis, a 65,1 metros baixo onivel do mar.

Letonia posúe 531 km de costa.[4] As costas letoas son suaves e pouco recurtadas, e nelas abondan aspraias de area fina e aszonas dunares.

Ademais de polas súas chairas, Letonia caracterízase polos seuslagos,bosques e zonas pantanosas. En Letonia atópasen máis de 2.256 lagos de orixe glacial.[5] Os bosques cobren o 44% da superficie do país.[6] As especies máis comúns son obidueiro, oabeto, opiñeiro e oálamo branco. Os pantanos e zonas húmidas ocupan o 4,9% do territorio letón.[7]

O río máis importante do país e orío Daugava, río que nace en Rusia e desemboca no golfo de Riga. Ao seu paso por terras letoas construíronse tres grandes centrais hidroeléctricas. Ademais do Daugava, son importantes os ríosVenta,Lielupe eGauja.

Clima

[editar |editar a fonte]

O clima do país é de transición entre o continental e o oceánico, influído de xeito importante polas masas marítimo, sobre todo no oeste de Letonia, onde os veráns son frescos e os invernos suaves. O interior do país ten un clima máis extremo, sobre todo no longo e frío inverno, onde se poden chegar a temperaturas de -30º. As precipitacións son abondosas no país, estas teñen lugar en forma deneve entre os meses de decembro e marzo.

Ecosistemas

[editar |editar a fonte]

Espazos protexidos

[editar |editar a fonte]
Letonia posúe unha das maiores poboacións delondra do continente europeo

Letonia posúe ecosistemas de grande importancia ambiental como son os bosques, os lagos, os pantanos e as chairas. A maioría das xoias ambientais de Letonia atópanse baixo diferentes graos de protección. O país báltico ten tresparques nacionais: Parque Nacional Gauja (1973), Parque Nacional Kemeri (1997) e o Parque Nacional Slitere (1999). Ademais o país posúe unhareserva da biosfera e 43parques naturais, distribuídos ao longo de todo o territorio nacional.[8]

Acegoña negra é un símbolo nacional de Letonia

Flora

[editar |editar a fonte]

Nos bosques de Letonia rexistráronse 1.304 especies de plantas diferentes, moitas delas de orixe endémica.

Fauna

[editar |editar a fonte]

En canto á fauna no país existen 69 tipos de mamíferos que habitan os bosques (63%) e zonas agrícolas (24%). Ademais existen outros 19 que poden visitar o país de xeito ocasional.[9] Entre os mamíferos máis comúns atópanse ocorzo, oporco bravo, ocastor, oraposo, ocervo, alebre, olobo e alondra[10] (cunha das maiores poboacións europeas).[11] Ooso pardo, noutrora abondoso atópase actualmente reducido a unha poboación estable de 10 individuos.[12]

A fauna avícola letoa é moi rica. No país aniñan 223 especies, algunhas delas moi raras coma aaguia de cola branca, aaguia albela ou acegoña negra, un dos símbolos nacionais.[9]

En canto aos invertebrados, no país están catalogados 17.500 especies, aínda que podería haber 12.000 máis por descubrir.[9]

Economía

[editar |editar a fonte]
Desactualizado
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Artigo principal:Economía de Letonia.
Exportacións a[cando?]Importacións de[cando?]
PaísPorcentaxePaísPorcentaxe
AlemañaAlemaña17 %AlemañaAlemaña17 %
Reino UnidoReino Unido16 %RusiaRusia9 %
SueciaSuecia10 %LituaniaLituania8 %
LituaniaLituania8 %FinlandiaFinlandia8 %
RusiaRusia6 %SueciaSuecia7 %
Outros43 %Outros51 %

Aeconomía letoa baséase principalmente na agricultura e na industria téxtil e sidometalúrxica. Actualmente, o turismo perfílase como unha importante fonte de ingresos grazas ao patrimonio histórico do país. A súa transición a unhaeconomía de mercado está provocando certas perturbacións (10% de desemprego e déficit orzamentario) e sacrificios nas políticas sociais.

A moeda nacional foi até o31 de decembro de2013 olats letón (100 santami), substituído poloEuro no2014, cando Letonia se una áEurozona.[13]

A economía letoa é unha das máis dinámicas dos novos socios daUnión Europea. Nos últimos anos o país báltico liderou o crecemento daUE con incrementos do 11,9%[14] no2006 e do 8% no2007.[15] Para o2008 agárdase un crecemento do 8,5%.[16]

Demografía

[editar |editar a fonte]
Composición étnica de Letonia
letóns
62.1%
rusos
26.9%
belarusos
3.3%
ucraínos
2.2%
outros
5.5%

Letonia é un país onde conviven á vez diversas etnias de linguas e relixións diferentes. Ao longo doséculo XX o país sufriu importantes cambios demográficos acontecidos debido ás guerras mundiais, a emigración dosalemáns do báltico, oHolocausto, e a ocupación daUnión Soviética.

Osletóns elivonios, os grupos étnicos nativos de Letonia, forman na actualidade ao redor do 62% da poboación, mentres que o 27% dos habitantes do país sonrusos.[17] Aproximadamente o 56% dos rusos que viven en Letonia posúe a nacionalidade letoa. As persoas que viñeron ao país mentres estaba ocupado polaURSS, e os seus descendentes nados antes de1991, deben sernaturalizados para recibir a nacionalidade letoa.

Nalgunhas cidades comoDaugavpils eRēzekne, os rusos e outras minorías como osbelarusos,ucraínos,polacos,lituanos superan os letóns. A porcentaxe de letóns diminuíu do 77% (1 467 035) en1935 ao 52% (1 387 757) en1989.[18] No ano2005 había incluso menos letóns ca no ano1989, aínda que a súa porcentaxe é maior — 1 357 099 (58,8%).

A lingua oficial de Letonia é oletón, lingua que pertence ao grupo daslinguas bálticas do grupo daslinguas indoeuropeas. Ademais do letón, a extintalingua livonia e a outra lingua nativa de Letonia. O livonio, protexido pola lei letoa, pertence ao ramo finés daslinguas fino-úgricas. Trátase dunha lingua extinta no ano 2013 coa morte de Grizelda Kristiņa.[19] Dentro dalingua letoa destaca odialecto latgalián, variante da lingua protexida pola lei. Alingua rusa, oficial durante a ocupación daUnión Soviética, é a lingua minoritaria máis espallada ao longo do país. De feito, o coñecemento do ruso é maior có do letón, sendo o ruso coñecido polo 81% dos habitantes, mentres có letón é coñecido polo 79%.[20]

Relixión

[editar |editar a fonte]

Ocristianismo é a relixión principal no país, maioritariamente pertencentes áIgrexa Luterana con 450.000 fieis en 293 congregacións , á Igrexa Católica con 400.000 fieis en tres dioceses e áIgrexa Ortodoxa letoa (igrexa semiautónoma baixo a xurisdición doPatriarcado de Moscova) maoritaria entre a minoría rusa. Da numerosa poboación de relixión xudía que había no país antes dasegunda guerra mundial tan só quedan 9.743. Outra relixión é a Dievturi (Os gardas de Deus), a cal ten a súa base histórica na era mitolóxica precristiá, pero que ten escasos membros, uns 600. A maioría da poboación non pertence a ningunha confesión relixiosa.

Cultura

[editar |editar a fonte]
Ópera Nacional de Letonia
Exemplo de edificio Art Nouveau/Jugenstil
Neno letón coabandeira do país

País europeo do leste, Letonia é máis coñecida, no campocultural, polos intérpretes e compositores demúsica erudita, como é o caso deGidon Kremer e varios cantantes deópera, para alén dos seusCoros, premiados internacionalmente. AsLatvju Dainas, cancións populares, copiladas porBaróns eSmits xa noséculo XX, son tamén motivo de orgullo nacional.

A produción poética é extensa.

Aepopea "O Matador de Osos" (Lacplesis) deAndrejs Pumpurs é un símbolo nacional.

A cultura letoa está moi marcada pola relación coanatureza. Marca diso mesmo é o feito dun dos seus eventos máis coñecidos, oLigo (pronúnciese ligua), celebrado na noite máis curta do ano, ó igual cá noite de San Xoán. Celébrase en grupo, entre bailes e cancións, practicando algún deporte curioso (como guindar un facho a unha especie de caldeiro posto enriba dun mastro) ata o momento do solpor (no que os participantes entoan cancións tradicionais) e cando é o mencer, no que cantan o "Riita Saaule) ata que o sol está enteiro sobre o horizonte. O respecto polo ambiente é visíbel no cariño con que ascegoñas son tratadas neste país.

Riga, a capital de Letonia, é considerada a capital cultural do país. Nela atópase "a mellor mostra de edificiosArt Nouveau de Europa", de feito, un terzo dos inmobles do centro da cidade están construídos neste estilo.[21] O seu centro histórico foi declaradoPatrimonio da Humanidade polaUNESCO o4 de decembro de1997 grazas á "calidade e cantidade de edificios Art Nouveau/Jugedstil.[22] No centro histórico de Riga mestúranse edificios deestilo gótico,ecléctico,racionalista ademais da xa citadaArt Nouveau. Dentro deste estilo destaca a contribución do arquitectoMikhail Eisenstein, autor dalgúns dos mellores exemplos deste estilo da capital báltica.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Letonia nos Xogos Olímpicos.
OArena Riga durante un partido doDinamo Riga

Ohóckey sobre xeo é un dos deportes máis populares en Letonia, con moitos xogadores famosos comoHelmut Balderis,Artūrs Irbe,Kārlis Skrastiņš rSandis Ozoliņš entre outros. ODinamo Riga é o principal equipo do país, xoga naKontinental Hockey League. Os Campionatos Mundiais de 2006 celebránose en Riga. Outro deporte con gran popularidade é obaloncesto, cunha longa tradición no deporte, o equipo nacional gañou o primeiroEuroBasket en1935 e levou a prata en1939. o xogador letón máis coñecido éAndris Biedriņš que xoga naNBA, salientando tamén outros comoJānis Krūmiņš,Maigonis Valdmanis,Valdis Muižnieks,Valdis Valters,Igors Miglinieks ouGundars Vētra. O desaparecido equipoASK Riga gañou tres veces aEuroleague. Na actualidade oVEF Rīga, que compite noEuroCup é o principal equipo letón, seguido doBK Ventspils, que participa naEuroChallenge, e que gañou a Liga de Baloncesto de Letonia oito veces e aBBL en 2013.

Outros deportes populares son obalonvolea,floorball,fútbol,tenis,ciclismo ebobsleigh. Aselección de fútbol de Letonia participou por primeira vez nunha eurocopa por primeira vez en2004.

Ao longo da súa historia Letonia logrou 19 medallas nos Xogos Olímpicos de verán e 7 nos de inverno. O atleta con máis éxito da historia de Letonia como estado independente foiMāris Štrombergs, dúas veces campión olímpico, 2008 e 2012, enBMX masculino.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "CIA Factbook: Latvia". Arquivado dendeo orixinal o 09 de setembro de 2008. Consultado o 06 de setembro de 2008. 
  2. "Data: 3000 BC to 1500 BC".The European Ethnohistory Database. The Ethnohistory Project. Arquivado dendeo orixinal o 22 de xuño de 2006. Consultado o2006-08-06. 
  3. "The Crusaders". City Paper. 2006-03-22. Arquivado dendeo orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o2007-07-28. 
  4. http://www.riga-hotel-guide.com/en/latvia-tourist-information/basic-facts.phpArquivado 19 de novembro de 2008 enWayback Machine. Latvia hotel guide
  5. "Lakes and Rivers". Arquivado dendeo orixinal o 18 de agosto de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2008. 
  6. Facts about Latvia lkb.lv
  7. "Letonia: Un país europeo cun impresionante atractivo natural". Arquivado dendeo orixinal o 23 de xullo de 2008. Consultado o 06 de setembro de 2008. 
  8. Parks, Reserves, and Other Protected Areas in Latvia
  9. 9,09,19,2"Enviromental indicators in Latvia 2002". Arquivado dendeo orixinal o 19 de xullo de 2006. Consultado o 06 de setembro de 2008. 
  10. "Mammals of Latvia". Arquivado dendeo orixinal o 07 de xullo de 2007. Consultado o 11 de setembro de 2008. 
  11. [1]
  12. "Status of Brown Bear in Latvia"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 11 de decembro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2008. 
  13. "Letonia se convierte en el decimoctavo país de la eurozona" artigo enLa Vanguardia, 1 de xaneiro de 2014(encastelán).
  14. O PIB de Letonia medrou en 2006 un 11,9 por cento
  15. UE-25: o maior crecemento económico corresponderá aos novos países membros en 2007
  16. "España crecerá un 2,6% en 2008, por riba da media europea, pero lonxe dos países punteiros da UE". Arquivado dendeo orixinal o 15 de xuño de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2008. 
  17. "Census 2011". Arquivado dendeo orixinal o 10 de xuño de 2012. Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 
  18. http://www.lka.edu.lv/modules.php?op=modload&name=News&file=index&topic=68Arquivado 29 de xuño de 2007 enWayback Machine. About Latvia Latvian Academy of Culture
  19. David Charter (5 de xuño de 2013). The Times, ed."Death of a language: last ever speaker of Livonian passes away aged 103". Consultado o 8 de setembro de 2014. 
  20. Ministry of Foreign Affairs of LatviaArquivado 26 de maio de 2008 enWayback Machine. "A lingua rusa posúe unha saúde robusta en Letonia, xa que os rusos constitúen a maioría ou unha importante porcentaxe da poboación en moitas cidades e vilas. Practicamente a maioría dos letóns falan ruso, ademais, hai que engadir a forte presenza da cultura rusa na sociedade letoa. En efecto, o legado da política de rusificación soviética segue a ser evidente en Letonia, como amosa o censo do 2000 no país, o cal mostra co ruso e máis coñecido no país có letón: o 81% dos habitantes pode falar ruso, mentres un 79% pódeo facer en letón."
  21. Riga, una ciudad de detalles
  22. http://whc.unesco.org/en/list/852

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Letonia

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Cidades
Condados
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Letonia&oldid=6988631»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp