![]() | Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementosmellore este artigo. Vexa napáxina de discusión que aspectos son os que precisan revisión.(Desde xuño de 2015.) |
![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo. |
Olesbianismo ousafismo[1] é o termo aplicado para definir ahomosexualidade feminina. O termolesbiana emprégase para designar a unha muller que se sente atraída sexualmente por outra muller, que ademais ten unha unión de amor, afecto, agarimo e ademais se sente atraída sexualmente cara a ela.[2]
N´A Ilíada aparece por primeira vez o termomulleres deLesbos e fai referencia ás féminas que mellor practicaban a felación, xa que o verbo gregolesbiázein significa "felar". De feito, naGrecia clásica a illa de Lesbos era famosa pola destreza e tendencia dos seus habitantes a realizar esta práctica. A desviación do significado deste termo debeuse ao uso que lle deron posteriormente os cristiáns e á procedencia da poetisaSafo. Con todo, o vocábulo que se empregaba na antigaGrecia para referirse ás lesbianas eratríbada, do gregotribo (frotar).[3][4][5][6][7]
A terminación-ismo en lesbianismo implicaba (o sufixo -ismo indica «partidario de») a idea de que a organización comunitaria dos homosexuais tendía á promoción das súas condutas; ao irse apartando a sociedade da crenza de que a homosexualidade é voluntaria, foise impoñendo «homosexualidade» sobre «homosexualismo».
A maioría das culturas antigas considerou ás lesbianas como inexistentes, a diferenza da homosexualidade masculina, considerada ata fai poucas décadas como enfermidade ademais de seres perseguidos e castigados duramente por iso. As mulleres perseguíronse por ser adúlteras eprostitutas, pero non pola súaorientación sexual. Neste aspecto poderíase considerar que as lesbianas foron marxinadas por omisión ao non se recoñecer a súa propia existencia. O auxe das últimas décadas dos sectores denominados representantes dofeminismo loitaron por moito tempo polo recoñecemento do lesbianismo. Historicamente, as lesbianas estiveron involucradas na loita polos dereitos das mulleres.
Nosanos 1970 coa urxencia do feminismo moderno, oseparatismo lésbico fíxose popular enOccidente, onde grupos de mulleres vivían xuntas en sociedades comunais. Algunhas mulleres atopaban este tipo de sociedade liberadora. Outras, como Kathy Rudy, remarcou que os estereotipos que se desenvolvían na colectividade separatista lésbica foron o que a fixo deixar o grupo.
En 1949,Simone de Beauvoir afirmou: «Unha non nace muller, senón que se fai muller». A súa reflexión abriu todo un novo campo de indagación intelectual sobre a interpretación da igualdade e a diferenza dos sexos, que hoxe é tema de revistas, libros, debates políticos, políticas de diversidade empresarial e seminarios académicos e movementos sociais en todo o mundo.
Os estudos sobre «Comportamento sexual» non só estudan a desigualdade cara ás mulleres, senón que abriron novos campos de investigación relacionados coa diversidade sexual.
AUnión Europea, que comprende 27 Estados, non ten unha política común que afecte aos dereitos do colectivoLGTB, pero si traballa para a non-discriminación. LGTB é unacrónimo empregado como termo colectivo para referirse ás persoasLesbianas,Gays,Bisexuais eTransexuais. É unha adaptación do acrónimo LGB. Considérase un termo menos controvertido cós termosqueer oulesbigay, e máis amplo quehomosexual ou sinxelamentegai.
Desde o2008, o día26 de abril celébrase en España oDía da Visibilidade Lésbica, co obxectivo de reclamar a igualdade de dereitos e oportunidades para as lesbianas[8].
A cultura lesbiana medrou tradicionalmente incluída dentro da tradición feminina, e máis especificamente na cultura das mulleres. Durante moitos anos, e en épocas máis difíciles cás actuais, a cultura das mulleres desenvolveuse en diferentes eidos; deste xeito houbo músicas, poetas, escritoras e artistas etc. Todas elas agocháronse dentro da cultura das mulleres.
Dado que as lesbianas son consideradas un grupo social minoritario, fálase moi a miúdo de subcultura lesbiana, o cal non significa unha situación de inferioridade presuposta, senón algo que é parte da propia especificidade das lesbianas, respecto ao mundo heterosexual maioritario.
A comezos do século XX tanto enLondres como enParís, nunha atmosfera e un clima intelectual e artístico resplandecente, creáronse as primeiras comunidades de mulleres poetas, escritoras e artistas. Algunhas das mulleres parisienses máis coñecidas foron:Marguerite Yourcenar (primeira muller elixida para integrar aAcademia francesa),Natalie Clifford Barney,Gertrude Stein,Tamara de Lempicka,Colette e as súas amigasNatalie Clifford Barney eLiane de Pougy; algunhas das mulleres lesbianas londinienses máis coñecidas nese entón foronVirginia Woolf,Katherine Mansfield eJeanette Winterson.
As escritoras da primeira metade de 1900 adoitaron empregarmensaxes cifradas como unha forma de enmascarar a temática lesbiana; personaxes que cambian de sexo como noOrlando de Virginia Woolf, moitas novelas con historias entre homesgais, comoMarguerite Yourcenar; historias abertamente lésbicas, pero algunhas delas escritas baixo un seudónimo, como o caso dePatricia Highsmith e o seu libroCarol dan conta desta situación.
En décadas recentes proliferaron as escritoras que tocan temas lésbicos comoJeanette Winterson, o mundo fantástico proxectado nos libros deMarion Zimmer Bradley.
A primeira película que tratou o tema lésbico foi aalemáMädchen in Uniform (Mulleres en uniforme) de 1931 baseada na novela deChrista Winsloe e dirixida porLeontine Sagan. Conta a historia dunha colexiala chamada Manuela von Meinhardi e a súa paixón pola súa profesora Fräulein von Bernburg. Foi escrita e posteriormente dirixida por mulleres. Foi impactante en todas as contornas lésbicas alemás.
Entre as cineastas lesbianas máis recoñecidas da actualidade atópanseJamie Babbit (But I'm a Cheerleader),Léa Pool (Lost and Delirious),Rose Troche (The L Word) eBarbara Hammer. A películaThe Hours (2002) enfoca o lesbianismo e o seu impacto social en tres épocas diferentes da historia.
Actrices:Marlene Dietrich,Mercedes de Acosta,Portia de Rossi,Ellen DeGeneres,Leisha Hailey
Cantantes:Sandra Mihanovich,K.D. Lang,Maria Bethânia,Mayte Martín,Joan Baez,Chavela Vargas,Simone,Melissa Etheridge,Tracy Chapman,Sinéad O'Connor,Samantha Fox,Indigo Girls,Ani DiFranco,Cássia Eller,Celeste Carballo,Zélia Duncan.
Dende hai anos, a loita polo recoñecemento e a entrada ao mundo dodeporte e a perseveranza e o triunfo en eventos deportivos foi parte esencial da historia da cultura lésbica. Os resultados de moitos anos de esforzo, que agora son practicamente gozados por mulleres homosexuais e heterosexuais, de igual forma débense en gran parte a atletas como as tenistasBillie Jean King eMartina Navrátilová, quen se atreveron a «saír do armario» e a loitares abertamente contra a homofobia.
![]() | A Galipedia ten unportal sobre:Diversidade sexual |
![]() | Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lesbianismo |
![]() | Vexa a entrada doGalizionario acerca de lesbiana |