Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Leopoldina»)
Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina
Tipoacademia de ciencias,sociedade científica e academia nacional
Campo de traballociencia
Data de fundación1 de xaneiro de1652
Fundador(es)Johann Lorenz Bausch, Johann Michael Fehr, Georg Balthasar Metzger e Georg Balthasar Wohlfahrt
Nomeado en referencia aEmperador Leopoldo I
Presidente/aGerald Haug(pt)Traducir (2020-)Editar o valor en Wikidata
SedeHalle (Saale)
PaísAlemaña
51°29′15″N11°57′48″L / 51.487453,11.963394
Na rede
https://www.leopoldina.org/
Facebook: NationaleAkademiederWissenschaftenLeopoldinaTwitter: LeopoldinaYoutube: UCTRtGeJT-mFjZ81-3JAfUKgEditar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Edificio da sede actual daLeopoldina enHalle.

ADeutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina (Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina, tamén coñecida simplemente comoLeopoldina) é unhasociedade científica alemá, a máis antiga do mundo. Fundouse en1652 enSchweinfurt (Baviera).Hoxe está situada na cidade deHalle, noestado alemán deSaxonia-Anhalt.[1]

Biblioteca

[editar |editar a fonte]
Miscellanea Curiosa (1692).

A biblioteca da Leopoldina foi fundada en1731, enNürnberg. Hoxe e inclúe máis de 260 000 volumes, monografías e revistas daciencia e amedicina, xa que está centrada sobre todo nas publicacións dahistoria da ciencia, en particular dasciencias naturais e da medicina, así como escritos de numerosassociedades científicas.

A colección debeuse principalmente a intercambios de publicacións da Academia con socios de todo o mundo, e a través de doazóns dos membros da Academia.[2]

Membros

[editar |editar a fonte]

A Leopoldina é unha asociación supranacional de científicos e académicos. Máis dunha cuarta parte dos seus membros son de países distintos deAlemaña.

Os novos membros da Leopoldina son elixidos poloPresidium sobre a base dos nomeados polos membros existentes e despois dun proceso de selección en varias etapas. Actualmente conta con máis de 1 500 membros de 30 países.

Desde a súa fundación en 1652 pertenceron á Academia uns 7 500 académicos. Entre eles máis de 170Premios Nobel.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Werner E. Gerabek: Enzyklopädie Medizingeschichte, p. 23; onlineGoogle Books.
  2. Jörg Hacker (ed.)Ein Rundgang durch die Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina. Nationale Akademie der Wissenschaften.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Deutsche_Akademie_der_Naturforscher_Leopoldina&oldid=6319145»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp