Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Leonid Kuchma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeonid Kuchma

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1938Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Chaikyne, Ucraína(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Presidente de Ucraína
19 de xullo de 1994 – 23 de xaneiro de 2005
← Leonid Kravtchuk(pt)TraducirViktor Yushchenko →
Deputado de Ucraína
11 de maio de 1994 – 15 de xullo de 1994 –Vasyl Yevtukhov(en)Traducir →
Lexislatura:2nd Supreme Council(en)Traducir
Primeiro ministro de Ucraína
13 de outubro de 1992 – 22 de setembro de 1993
← Valentyn SymonenkoYukhym Zvyahilsky(pt)Traducir →
Deputado de Ucraína
15 de maio de 1990 – 11 de maio de 1994
Lexislatura:1st Supreme Council(en)Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDniproEditar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxaEditar o valor en Wikidata
EducaciónOles Honchar Dnipro National University(en)Traducir
State University "Kyiv Aviation Institute"
Luhansk State University of Internal Affairs(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enxeñeiroEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética(–1991)
sen valorEditar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
2 de xullo de 199028th Congress of the Communist Party of the Soviet Union(en)Traducir
25 de febreiro de 198627th Congress of the Communist Party of the Soviet Union(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLyudmyla KuchmaEditar o valor en Wikidata
FillosOlena PinchukEditar o valor en Wikidata
ParentesVictor Pinchuk,xenroEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2524995Editar o valor en Wikidata

Leonid Danylovych Kuchma (ucraíno:Леоні́д Дани́лович Ку́чма), nado enChaikine (Chernihiv) o9 de agosto de1938 é un políticoucraíno que foi o presidente deUcraína entre o 19 de xullo de 1994 e o 23 de xaneiro de 2005. Kucham asumiu o posto tras gañar as eleccións presidenciais de 1994 contra o seu rival,Leonid Kravchuk. Kuchma foi reelixido para outro mandato de cinco anos en 1999.

A súa presidencia foi rodeada por numerosos escándalos decorrupción e a redución da liberdade dos medios. A corrupción aumentou trala elección de Kuchma en 1994, mais en 2000–2001, o seu poder comezou a debilitarse a pesar da publicidade dos medios.[1]

Coa súa vixilancia, a economía de Ucraína continuou a declinar ata 1999, mentres que creceu dende 2000, levando unha certa prosperidade a algúns segmentos dos residentes nas cidades. Durante a súa presidencia, as relacións entre Rusia e Ucraína comezaron a mellorar.[2]

Tras unha carreira de éxito na industria da construción de máquinas naUnión Soviética, Kuchma iniciou a súa carreira política en 1999, cando foi elixido para aRada Suprema (parlamento ucraíno). Foi reelixido en 1994.[3] Actuou como primeiro ministro de Ucraína entre outubro de 1992 e setembro de 1993.[3]

Entre xullo de 2014 e outubro de 2018 foi representante presidencial especial de Ucraína nas conversas de paz semioficiais sobre aguerra de Donbass.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Kuchma estudou na Universidade de Dnipropetrovsk, licenciándose enenxeñaría de foguetes. Foi enxeñeiro noCosmódromo de Baikonur, así como membro doPartido Comunista da Unión Soviética. Tivo un importante papel nos programas de mísiles estratéxicos e foguetes espaciais como executivo da compañía industrial "Yuzmash" deDnipropetrovsk. Dende 1990 a 1992 foi membro daRada Suprema deKíiv e pertenceu ao Comité de Defensa e Seguridade do Estado. Foi nomeadoPrimeiro Ministro de Ucraína en 1992.

Deixou o seu posto en setembro de 1993 para presentarse como candidato á presidencia do país en 1994, sendo reelixido en 1999.

A oposición acusouno de estar relacionado co asasinato en 2000 do xornalistaGeorgiy Gongadze e houbo protestas nos anos 2000-2001 baixo o lema "Ucraína sen Kuchma".[4][5][6]

Tamén foi criticado polas súas restricións á liberdade de prensa, aplicando acensura a toda crítica.[7][8] A campaña de Kuchma contra a prensa foi tal que en 2001 oComité para a Protección dos Xornalistas (CPX) considerou a Kuchma un dos dez peores inimigos da prensa ese ano, xunto a outros líderes comoFidel Castro,Vladimir Putin e o aiatoláAli Khamenei.[9]

O seu primeiro ministro trala destitución deAnatoli Kinaj en 2002 foiViktor Yanukovich.

BaixoConstitución de Ucraína, Kuchma deixou a presidencia en outubro de 2004, por non poder ser reelixido.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Adrian Karatnycky, "Ukraine's Orange Revolution,"Foreign Affairs, Vol. 84, No. 2 (Mar. – Apr., 2005), pp. 35–52in JSTOR
  2. Robert S. Kravchuk, "Kuchma as Economic Reformer,"Problems of Post-Communism Vol. 52#5 September–October 2005, pp 48–58
  3. 3,03,1"Profile: Leonid Kuchma". BBC. 26 de setembro de 2002. 
  4. "El asesinato que estremeció a una nación". Arquivado dendeo orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008. 
  5. ¿El fin de Ucrania?(encastelán)
  6. Leonid KuchmaArquivado 28 de febreiro de 2015 enWayback Machine.(encastelán)
  7. "Leonid Kuchma. Deterioro de la calidad democrática del régimen y auge de los clanes político-empresariales". Arquivado dendeo orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  8. "Opinión y Análisis - Grave crisis política en Ucrania"(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 05 de abril de 2008. Consultado o 3 de febreiro de 2008. 
  9. CPJ nombra a 10 enemigos de la prensa en el Día Mundial de la Libertad de Prensa(encastelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Leonid KuchmaModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Ucraína

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
Valentyn Symonenko
Primeiro ministro de Ucraína

1992-1993
Sucesor:
Yukhym Zvyahilsky
(interino)
Predecesor:
Leonid Kravchuk
Presidente de Ucraína

2010-2014
Sucesor:
Viktor Yushchenko
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Leonid_Kuchma&oldid=7186897»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp