Leontios (Λεόντιος), engalegoLeoncio,[1] nado en660 e finado en705, foi un emperadorbizantino que reinou durante uns poucos anos a finais doséculo VII. Durante o seu breve reinado (695-698) os bizantinos perderon a súa provincia do norte de África (Cartago), que caeu en mans dos árabes.
Leoncio fora un xeneral que servira aos emperadoresConstantino IV eXustiniano II. Xustiniano II mandouno encarcerar tras ser derrotado polos árabes enSebastopolis. Foi liberado en695 e inmediatamente organizou un golpe de estado que depuxo a Xustiniano II; un emperador que era odiado pola poboación debido á súa dura política fiscal. Leoncio ordenou amputar o nariz a Xustiniano II e desterralo á colonia deQuerson situada enCrimea.
O reinado de Leoncio durou escasamente tres anos e foi bastante impopular. O acontecemento máis importante do seu reinado foi a perda do Norte de África que foi conquistada polos árabes entre697 e698. Unha frota bizantina enviada a defender a provincia e que foi derrotada, proclamou como emperador ao seu comandanteApsimar. Ao seu regreso a frota depuxo a un Leoncio, que fora incapaz de asentar o seu poder e Apsimar, que tomou o nome de Tiberio III substituíuno como emperador.
Leoncio foi mutilado e encerrado nun convento polo seu sucesor, onde viviu ata705, cando Xustiniano II recuperou o trono e como vinganza polos sucesos de695 mandou executalo.
- ↑Nalgunhas listas de emperadores bizantinos, o emperador Leoncio é nomeado comoLeoncio II, debido a que noséculo V, durante o reinado deZenón I houbo un usurpador ao trono que se chamou tamén Leoncio.