Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Leninismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vladimir Ilich Lenin.

Coñécese comoleninismo o conxunto de teorías políticas, económicas e filosóficas desenvolvidas polo líderbolxeviqueVladimir Ilich Lenin dentro domarxismo.[1]

Historia e características

[editar |editar a fonte]

O leninismo baséase na continuación do marxismo. O marxismo afirma que a clase obreira debe actuar contra a burguesía e o capital para instaurar o socialismo. O leninismo di como facelo, a través dunha "asociación" dos traballadores máis conscientes sobre a situación do proletariado, que sería un Partido Comunista que organizaría a loita.

Unha das achegas máis importantes de Lenin foi na cuestión da organización comunista. Dicía que a loita económica doproletariado só levaría a adquirir unha ideoloxía sindicalista e que a conciencia marxista e revolucionaria debían ser introducidas dende fóra. Ademais, propoñía que a clase obreira debería contar cunhavangarda revolucionaria que dirixise a loita, oPartido Comunista, co obxecto de levar a cabo a súa actividade revolucionaria. Os obxectivos do partido só poderían ser alcanzados cunha organización disciplinada coñecida comocentralismo democrático.

O leninismo mantén que oimperialismo é o estado máis alto docapitalismo, e que o capitalismo só se pode vencer a través dos medios revolucionarios, pois calquera intento de reformar o capitalismo está destinado ao fracaso. Lenin cría na destrución doEstado capitalista a través darevolución proletaria, e en substituír ese Estado pola chamadaditadura do proletariado, un sistema de democracia en que os traballadores terían o poder a través de consellos chamadossoviets.

A teoría de Lenin sobre o imperialismo, que tiña como obxectivo mellorar a obra deKarl Marx, explicaba un fenómeno que este non predicira: o Capitalismo que se converte nun sistema global, Marx describírao como un sistema nacional. No medio da teoría do imperialismo está a idea de que as nacións capitalistas avanzadas intentan evitar a revolución forzando que a súa sobreprodución entre nos mercados das colonias e explote os recursos destas. Isto permitía ás nacións capitalistas industrialmente avanzadas satisfacer os seus traballadores, en parte tamén a través dunha "aristocracia obreira". Como resultado, o capitalismo sería dirixido por ese sector privilexiado, representado polos partidossocialdemócratas, ata o punto de que a revolución non ocorrería nas nacións máis avanzadas, como Marx previra, senón no Estado imperialista máis débil,Rusia.

Se a revolución só se pode levar a cabo nun país subdesenvolvido, este non será capaz de desenvolver un sistema socialista. Na teoría marxista, osocialismo é o estadio que sucede ao capitalismo antes de chegar aocomunismo. Daquela, o capitalismo nese país subdesenvolvido aínda non seguiu o seu curso completo, e os poderes estranxeiros intentarán acabar coa revolución a calquera custo. Para solucionar este problema Lenin propón dúas posibles solucións:

  • Se a revolución sucede nun país subdesenvolvido, desata unha revolución nun país capitalista desenvolvido. Por exemplo, Lenin esperaba que a Revolución Rusa provocara unha revolución enAlemaña. O país desenvolvido establece o socialismo e axuda ao subdesenvolvido a facer o mesmo.
  • A revolución ten lugar en numerosos países subdesenvolvidos ao mesmo tempo ou nunha sucesión rápida. Estes países xúntanse nun estadofederal capaz de intimidar as potencias capitalistas e establecer o socialismo. Esta era a idea orixinal durante a fundación daUnión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.

O socialismo non pode sobrevivir só nun país pobre e subdesenvolvido. Por iso, o leninismo avoga pola revolución mundial nunha forma ou outra.

Correntes leninistas

[editar |editar a fonte]

O termo leninismo (ou marxismo-leninismo) foi empregado por ideoloxías distintas para autodefinirse, cada unha das cales recoñece as súas raíces históricas no leninismo: estalinismo,maoísmo etrotskismo.

As teorías de Lenin foron unha fonte de controversia dende a súa implantación. Tivo críticas tanto naesquerda política (socialdemocracia,anarquismo, e mesmo noutrosmarxismos como oluxemburguismo ou oconsellismo) como nadereita (liberalismo,conservadorismo,fascismo ouanticomunismo).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Conceptos básicos
Aspectos
Variantes
Internacionais
Líderes individuais
Temas relacionados
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Leninismo&oldid=6236439»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp