En épocas antigas Leinster foi ocupado por cinco tribos importantes do Fir-Bolg, das cales a tribo deLaigin levantouse, dándolle o nome actual á provincia. Cómpre destacar que a parte final do actual nome deriva do irlandéstír ou doantigo nórdicostaðr, que ambos poden traducir como "terra" ou "territorio".
As tribos de Leinster foron unidas por Úgaine Mor HugonyO Grande, que construíu a fortaleza de Ailinne Knochawlin, preto de Kilcullen no actualcondado de Kildare. Este home foi probablemente ademais, aínda que non se sabe con certeza, o primeiro rei histórico da provincia no século VII a. C.
Nosséculos IV eV d.C, despois de que Magnus Maximus saíse de Gran Bretaña coas súas lexións, os colonos do Leinster viaxaron até oPaís de Gales, concretamente a Anglesey, Carnarvonshire e a Denbighshire, deixando o seu nome á península de Lleyn, que efectivamente deriva de Laigin.
Xa noséculo VIII o Leinster ficou dividido en dúas dinastías: a dinastía do Norte de Leinster conMurchad mac Brain (dende o727), rei de Uí Dúnlainge e a Dinastía do Sur de Leinster con Áed mac Colggen (dende738), rei de Uí Cheinnselaig. Desta última dinastía foron os últimos reis de Leinster.
Hoxe en día, a provincia está composta por doce condados, que abarcan a antiga provincia de Mide, ademais doCondado de Longford e as parroquias de Annally e Lusmagh docondado de Offaly, antes deConnacht, e oCondado de Louth, antes doUlster. As fronteiras vólvese a debuxar por Cromwell para a administración por razóns militares. Os últimos cambios nas fronteiras máis importantes tiveron lugar coa formación doCondado de Wicklow (1603-1606).
Máis tarde, foron feitos cambios de menor importancia refería ás "illas" dun condado noutro.
A única cidade oficial, e a máis grande, éDublín, capital deIrlanda. Cunha poboación de 1 661 185 habitantes (2006) contando a súa máxima extensión: a Greater Dublin Area. Dentro desta área metropolitana destacan as cidades de Tallaght, Blanchardstown, Clondalkin e Lucan.
A cidade deKilkenny e arredores ten tamén unha poboación destacable, con 21.886 habitantes (2006), mais usualmente non é considerada unha cidade, a pesar de ter o título durante os últimos 400 anos.