Leeds é unha cidade británica do condado deYorkshire Occidental, no norte deInglaterra, sita sobre orío Aire. Forma parte da área metropolitana denominadaCity of Leeds.
Segundo o censo de2001 a zona urbana da cidade ten 429.242 habitantes e a aglomeración total 716.513. Aárea urbana de Leeds ten 1 880 000 habitantes (estimación de 2005).
Un habitante chámase localmente unloiner, aínda que é termo pouco usado. Os clubs deportivos empregan leodensian ouleodiensian, de inspiración latina imaxinaria.
Leeds foi, orixinariamente, un mercado agrícola na Idade Media. En1207 asinou a súa primeira carta de franquías. Sobre osTudors foi sobre todo un mercado de la, coa que se negociaba para toda Europa, utilizando o estuario dorío Humber, chegando o seu comercio a representar en determinados momentos a metade das exportacións inglesas do produto. No paso da Idade Moderna á Contemporánea a súa poboación medrou espectacularmente: pasou de 10.000 habitantes en1751, ata atinxir 172.000 en1851, á par que se convertía nunha cidade industrial. O seu crecemento industrial viuse favorecido pola apertura do canal deLiverpool a Leeds en1816 e da vía de tren en1848.
A cidade está situada no cruzamento das autoestrada M1 e M62, e un aeroporto internacional a serve. Estas circunstancias tornárona nun centro magno da distribución de mercancías, da banca e das finanzas. Como o resto do norte de Inglaterra, Leeds sufriu os efectos da recesión da décadas de1970 e1980: as minas da rexión pecharon pouco a pouco, pese a que a industria mineira fora un dos sectores económicos máis importantes desde había séculos. Nos anos 90 atraeu moitos dos centros de chamada para telecomunicacións, en particular grazas á "fiabilidade" do acento doYorkshire, aínda que ese factor deveceu coa deslocación dos empregos nese campo paraBangalore, naIndia. Actualmente, a súa economía vese forte e con visos de medrar aínda, mentres o comercio tornouse nun dos sectores máis importantes da economía da cidade.
Aínda que menos prolífica que as cidades veciñas comoManchester,Liverpool ou mesmoSheffield, Leeds veu xurdir algún dos grupos de música pop de máis sona: TheKaiser Chiefs, The Mekons,Gang of Four,Sisters of Mercy,Soft Cell,New Order, The wedding Present,Chumbawamba e Cud. TaménCorinne Bailey Rae naceu en Leeds.
Leeds recentemente foi elixida como "cidade favorita doReino Unido" pola revista 'Condé Nast Traveller.' A cidade salienta pola súa oferta cultural, os seus centros comerciais (magasins), a súa vida nocturna e a arquitectura do século XIX. O seu aeroporto[1] liga con varios destinos europeos e doutros continentes regularmente.
Hoxe en día Leeds é, quizais, coñecida ante todo como destino para ir de compras. O centro urbano é unha grande zona peonal na que se poden encontrar máis de mil tendas nun barrio bastante compacto. Briggate é a maior rúa no centro urbano, na que teñen sede todos os grandesmagasins británicos. O Corn Exchange ten varios, e as fermosas galerías vitorianas acollen moitos dos magacíns máis interesantes.The Victoria Quarter é o barrio máis exclusivo para iren de compras; contén vellos edificios e dúas grandespassages espectaculares con máis de 70 tendas, como Louis Vuitton, Vivienne Westwood, Nicholas Deakin, Space NK, Diesel etc.
Leeds ten dúas universidades: aUniversidade de Leeds con 31.500 estudantes (52.000 se se contan matriculados en cursos temporais) e máis aLeeds Metropolitan University, con arredor de 26.000 estudantes, dos que un 17% son estranxeiros.