Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

León IX, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «León IX»)
Este artigo contén variasligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto.
Por favor,mellora o artigo introducindonotas ao pé,citando as fontes.
Podes ver exemplos de como se fainestes artigos.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2017.)
Modelo:BiografíaLeón IX, papa

(década de 1000)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)Bruno d'Egisheim-DadsburgEditar o valor en Wikidata
21 de xuño de 1002Editar o valor en Wikidata
Eguisheim, FranciaEditar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1054Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Roma (Estados Pontificios)Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemalariaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San PedroEditar o valor en Wikidata
152ºPapa
18 de febreiro de 1049 – 19 de abril de 1054
← Dámaso IIVítor II →
Roman Catholic Bishop of Toul(en)Traducir
maio de 1026 – 1051
← Hermann of Toul(en)TraducirOdo of Scarpone(en)Traducir →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma
Estados PontificiosEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritorEditar o valor en Wikidata
Consagración9 de setembro de 1027,Poppo(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa19 de abril
19 de abrilEditar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaEtichonids(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
PaisHugh IV, count of NordgauEditar o valor en Wikidata  e Heilwig of DaboEditar o valor en Wikidata
IrmánsHugh VII of Egisheim
Mathilde of Eguisheim
Gertrud die Ältere von Braunschweig
Gerhard, count of Egisheim
Adelheid of EguisheimEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie
The Nuttall Encyclopædia >>>:Leo IX., St., Leo IX.Editar o valor en Wikidata
BNE: XX844802WikiTree: Egisheim-16Find a Grave: 8200562Editar o valor en Wikidata
León IX

León IX, nado co nome deBruno de Egisheim-Dadsburg enEguisheim (Alsacia) o21 de xuño de1002 e finado enRoma o18 de abril de1054, foi oPapa nº 152 daIgrexa católica de1049 a1054.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Bruno naceu enEguisheim (Alsacia, actualFrancia), se ben hai teorías que defenden que naceu enDabo ou enWalscheid (Mosela). Pertencía a unha importante familia: fillo do conde deAlsacia,Hugo de Egisheim, e polo tanto parente do emperadorHenrique III, estando ligado por parte de nai aos carolinxios deFrancia occidental e por parte de pai aos reis xermanos.

Con cinco anos foi confiado ao bispoBerthold de Toul para ser educado na escola dacatedral, onde se mostrou especialmente dotado. Trala morte do seu titor, foi chamado á corte do emperadorConrado II.

En1026 conduciu as tropas levantadas aToul para unha campaña naLombardía. Trala morte do bispoHermann de Toul, foi proposto poloclero coma sucesor, malia contar só con 24 anos. Conrado deulle permiso para ser bispo de Toul, pero Bruno negouse a facer o xuramento de fidelidade ao bispo metropolita deTreveris, e este negouse a ordenalo. Trala intervención do propio Conrado, o9 de setembro de1027 foi consagrado polo arcebispoPoppo de Treveris.

En novembro de1048 foi designado por Henrique III, nun congreso de príncipes e bispos celebrado enWorms para suceder no pontificado ao efémeroDámaso II.

Castelo en Egisheim, Alsacia, lugar de nacemento do Papa León IX.

Con esta elección o emperador pretendía que o pontificado se incorporase á igrexa imperial que Henrique dirixía tal e como lograra con anterioridade o emperadorConstantino I. Non obstante, León IX condicionou a aceptación do cargo á celebración posterior dunha elección canónica, o que dá unha primeira idea do seu rexeitamento ao sometemento imperial, o que motivou que o atraso da súa consagración até o 12 de febreiro de 1049, tras ser aceptado polo pobo e o clero romano.

No mesmo ano en que se converteu en papa prohibiu o matrimonio deGuillerme o Bastardo (despois alcumadoo Conquistador), Duque de Normandía, conMatilde de Flandres, dado o seu grao de parentesco. Malia todo, o matrimonio tivo lugar.

Decidido a encabezar o movemento de reforma eclesiástico, que até entón liderara o emperador, rodeouse de figuras comaPedro Damiano,Hildebrando ou o cardealHumberto de Silva Candida. Tamén deu entrada no colexio cardinalicio a eclesiásticos non romanos, facéndoo máis internacional e partidario das ideascluniacenses. Pódeselle considerar un predecesor daReforma gregoriana.

As súas reformas centráronse no obxectivo de erradicar da Igrexa asimonía e o matrimonio dos sacerdotes, para o cal celebrou docesínodos, destacando os deLetrán,Pavia,Reims eMaguncia.

Intentou frear o avance dosnormandos que, instalados no sur daPenínsula Itálica, ameazaban os territorios pontificios. En1053 armou un exército que resultou derrotado nabatalla de Civitate, onde caeu prisioneiro, non recobrando a liberdade até pouco antes da súa morte.

O cisma da Igrexa Oriental

[editar |editar a fonte]

O feito máis significativo do seu pontificado foi a consumación docisma da Igrexa Oriental, que se ben xa arrastraba malentendidos e enfrontamentos anteriores, estoupou en1054 cando León IX, co obxecto de lograr unha alianza conBizancio contra os normandos, mandou unha embaixada a Constantinopla encabezada polo cardeal Humberto de Silva Candida e formada polos arcebisposFederico de Lorena e Pedro de Amalfi.

Con todo, a situación en Constantinopla non era a máis propicia, pois a súa Igrexa estaba encabezada polo patriarcaMiguel Cerulario, quen, pouco antes, ameazara con pechar as igrexas latinas en Constantinopla que non adoptasen o rito grego.

Humberto de Silva Candida, á súa chegada, negou o título de patriarca ecuménico, o segundo posto na xerarquía eclesiástica de Constantinopla, e ademais dubidou da lexitimidade da elevación de Cerulario ao patriarcado. O Patriarca reaccionou negándose a recibir a legación pontificia.

Humberto respondeu coa publicación doDiálogo entre un romano e un constantinopolitano (tratado no que critica os costumes gregos) e redactando unhabula de excomuñón contra Cerulario, tralo cal abandonou inmediatamente a cidade.

A reacción inmediata, o 24 de xullo de 1054, foi a contraexcomuñón do cardeal e o seu séquito. Comezou así a ruptura, e a partir dese instante non se volveu mencionar o nome do papa na liturxia bizantina, e as igrexas en Constantinopla permaneceron pechadas para os latinos.

Pola súa parte a Igrexa de Occidente pasou a non recoñecer oVI Concilio de Constantinopla, co que o Credo niceno-constantinopolitano pasou a incluír ofilioque.

León IX finou o 18 de abril de 1054, e o seu corpo reposa na Basílica de San Pedro.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  León IX

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • PERTUCCI, E.:Ecclesiologia e politica di Leone IX, Editrice Elia, Roma, 1977.
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Fiz II  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrePapas é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=León_IX,_papa&oldid=6759004»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp