León III, nado enRoma e finado na mesma cidade o12 de xuño de816, foipapa daIgrexa católica de795 ao816.
Escolleito papa o26 de decembro do795, cando era cardeal deSanta Susana e responsábel do tesouro pontificio, foi consagrado o día seguinte. Inmediatamente comunicou a súa elección aCarlomagno e mandoulle unha carta coas chaves da tumba deSan Pedro e a bandeira deRoma, acción coa cal recoñecía ao rei dos francos como protector daSanta Sé.
León pertencía a unha familia modesta e como novo papa non contou co apoio da nobreza romana; unha parte dos seus membros, emparentados co anterior pontífice, organizaron unha emboscada durante unha procesión celebrada o25 de abril do799 na cal León resultou ferido, foi formalmente deposto e enviado aomosteiro de Santo Erasmo, de onde conseguiu escapar e reunirse con Carlomagno enPaderborn, onde lle solicitou axuda. O rei dos francos, logo de recibir unha embaixada romana que acusou a León deadulterio e de falso xuramento, prestou o seu apoio a León non recoñecendo a súa deposición e escoltándoo ataRoma.
O ano seguinte, o24 de novembro do800,Carlomagno entrou aRoma onde convocou e presidiu unsínodo para escoitar os argumentos do Papa deposto e dos seus opositores. Durante este sínodo, León, o23 de decembro, prestou xuramento afirmando que era totalmente inocente dos cargos que se presentaran contra el. Dous días despois, o25 de decembro do800, o Papa coroou a Carlomagno como emperador naBasílica de San Pedro. Así, León III colocou a coroa sobre a cabeza do Emperador mentres o pobo o aclamaba coas seguintes palabras:[1]
A Carlos Augusto, coroado por Deus, grande e pacífico emperador dos romanos, vida e vitoria!
Nun concilio celebrado enAquisgrán o ano809, prohibiu o uso dacláusulafilioque e ordenou que ocredo, sen esta cláusula, fose gravado sobre dúas mesas deprata e exposto naBasílica de San Pedro.
Con este acto, León III iniciou unha tradición que continuou ata o ano1452 coa coroación deFederico III, de coexistencia dunemperador de Oriente e unemperador de Occidente, e supuxo paraRoma unha afirmación da súa primacía, pero tamén un recoñecemento da existencia dun poder temporal, diferente do pontificio, que nas seguintes centurias provocou importantes conflitos cos emperadores xermánicos.
O papa León III foi importante para Galicia xa que unha vez descuberto o sepulcro do apóstolo Santiago, outorgou aprobación e veracidade ó achado mediante aepístolaNoscat fraternitas vostra.[2]
León III morreu o12 de xuño do816 e foi enterrado naBasílica de San Pedro. Foicanonizado polo papaClemente X, quen no ano1673, fixo que entrase noMartiroloxio Romano.[3]
- ↑Del Hoyo, Javier (1997).Anales del Imperio Carolingio. Clásicos Latinos Medievales 5. Ed. Akal. p. 63.ISBN 84-460-0450-X.
- ↑Udías Iglesias, Juan Carlos (2016). "EL CAMINO DE SANTIAGO POR TIERRAS DE CASTILLA Y CAMPOS: UNA VIA DE INTERCAMBIO EN LA ESPAÑA MEDIEVAL (SIGLOS X-XIV)".Facultad de Filosofía y Letras. Universidad de Cantabria: 18.
- ↑Baring-Gould, Sabine (1874), p. 156