Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lazulita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lazulita
Fórmula química(Mg,Fe)Al2(OH2(PO)4)2
Clase8.BB.40 (Strunz)
CorAzul ceo, branco azulado
Dureza5,5 a 6 (escala de Mohs)
FracturaIrregular
RaiaBranca a azul pálida
Densidade3 a 3,1

Alazulita é unmineral do grupo dosfosfatos. É un hidroxifosfato dealuminio,ferro emagnesio. Os seus cristais son dunha cor azul intensa, característica pola que se lle puxo ese nome, que deriva da palabra árabelazurd, que significa "ceo",[1] e do gregolitos, pedra. Sinónimos pouco usados son:berkeyita,gersbyita,mollita,tetragophosphita evoraulita.

É facilmente recoñecible polo hábito dos seus cristais claramente bipiramidais. Non debe confundirse co silicatolazurita, nin co carbonatoazurita, cos que non ten nada que ver, só se parecen os nomes etimoloxicamente por ter os tres cor azul.

Descuberta en 1795 enSalzburgo (Austria).

A lazulita é unha serie desolución sólida, nun extremo estaría a "lazulita pura" rica en magnesio mentres que no outro extremo estaría aescorzalita, rica en ferro.

Ambiente de formación

[editar |editar a fonte]

Xorde enrochas metamórficas de tipocuarcita, onde pode aparecer asociado a minerais tales comosillimanita,cuarzo,pirofilita,moscovita,cianita, grupo dosgranates,dumortierita oucorindón.

Tamén pode aparecer enrochas ígneas, nos bordos de complexos degranito epegmatitas, así como enfilóns de cuarzo, onde aparece asociada a outros minerais como orutilo e aandalucita.

Pola súa dureza é tamén común encontrala en depósitos aluviais.

Localización e extracción

[editar |editar a fonte]

Encontráronse cristais de até 5 cm de tamaño en Xeorxia (EUA),Suíza,Suecia eAustria. A variedade escorzalita é moi abundante en pegmatitas doBrasil.

Empregouse comopedra preciosa ornamental, aínda que de pouco valor.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. María Moliner, "Diccionario de uso del español". Ed. Gredos (1992).ISBN 84-249-1344-2

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lazulita&oldid=6560290»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp