Escoada Aa avanzando sobre lava pahoehoe, no volcánKīlauea noHawai.
Alava érocha enfusión que unvolcán expulsa durante unhaerupción. Mentres aínda baixo a superficie daterra, a rocha en fusión é denominadamagma. A lava solidificada é coñecida comorocha ígnea, aínda que o termoescoada lávica se refira á formación rochosa endurecida. Debido á a súa elevadatemperatura, normalmente entre os 600°C e os 1.250°C, o magma pode ser bastante fluído. Cando é expulsado dacheminea volcánica solidifica debido á diminución da súa temperatura, tórnase unharocha magmática. Mentres, a lava pode fluír por moitos quilómetros antes de se solidificar formando unhaescoada lávica. Unhaescoada lávica activa refírese a unha escoada lávica que posúe aínda rochafundida.
A palabra 'Lava' deriva doitaliano, e consecuentemente deriva da palabralatinalabes, que significacaída,declive, oupenetrar. O termo foi por primeira vez utilizado referíndose á expulsión de magma porFrancesco Serao nunha pequena nota sobre unha erupción doVesuvio que ocorreu entre o14 de maio e4 de xuño de1737.
Aa (dohawaianoa'á, que significa "pedregosa" ou tamén "queimar" ) ou ‘‘‘escoriácea’‘‘ é un dos tres tipos básicos de escoadas lávicas. As lavas Aa están caracterizadas pola súa superficie irregular, resultante da perda rápida de gases. Está composta por bloques de lava fragmentados designados declinker. É un tipo de lavabasáltica que ten unha superficie de bloques ásperos e desiguais, e rugosidades. As coladas de lava aa avanzan lentamente a unha velocidade de 5 a 50 metros por hora. A súa superficie fría é fragmentada pola saída de gases que producen numerosos ocos.
A superficie dunha escoada lávica Aa é solta, fragmentada e rugosa e con forma de serra, o que torna difícil camiñar sobre ela. A superficie declinker cobre un núcleo macizo da escoada que foi a zona máis activa desta durante o movemento da escoada. A medida que a lava viscosa do núcleo se move pola costa, oclinker é arrastrado á superficie da escoada. Na fronte das escoadas do tipo Aa os fragmentos arrefecidos caen en dirección á base e son cubertos pola escoada que avanza. Isto leva á formación de dúas capas de fragmentos arrefecidos: unha na base e outra no cumio da escoada lávica. As lavas do tipo Aa son xeralmente máis viscosas do que as do tipo pahoehoe e estas últimas poden formar escoadas Aa se o fluxo de lava se tornar turbulento debido á presenza de obstáculos no terreo.
Escoada lávica pahoehoe avanzando por unha estrada enKalapana.
Pahoehoe (do Havaianopahoehoe, que significa "macío") ouencordoada son xeralmente escoadas de lavasbasálticas. Como o seu nome indica, ten unha superficie ondulada a lisa. Ten unhas rugosidades semellantes a cordas. A súa superficie é macía e encordoada. As escoadas deste tipo avanzan como unha serie de pequenos lóbulos e dedos que rompen continuamente a superficie arrefecida. A textura da superficie das escoadas lávicas do tipo pahoehoe é moi variábel presentando varias formas referidas por veces como esculturas de lava.
Pillow lava (doinglés, que significa "lava en almofada") é lava basáltica solidificada nun ambiente subacuático. Ten unha aparencia que asemella un conxunto de almofadas apiladas. Esta denominación débese á a súa sección aproximadamente esférica, semellante aalmofadas. As lavas en almofada fórmanse non só enmar profundo, mais tamén cando as lavassubaéreas corren polas vertentes entrando en contacto co mar,ríos oulagos. As superficiesvítreas destas lavas non son lisas, presentan gretas, pregamentos e estrías lineares, moitas das cales se intersectan en ángulos rectos. As lavas en almofada poden encontrarse nunha enorme variedade de formas incluíndo bolbosas, esféricas, achatadas, alongadas e tubulares, e varían en diámetro de varias decenas de centímetros a varias decenas de metros, con todo, o seu tamaño típico varía entre 0,5 e 1metro. O interior das lavas en almofada arrefece máis lentamente que a cobertura exterior vítrea e consecuentemente é máis cristalino. A cristalización a taxas de arrefriamento progresivamente máis lentas en dirección ao interior produce unha considerábel variedade de texturas nasrochas.
A lava, sendo un material bastante máisviscoso do que é aauga, non flúe tan rapidamente e facilmente como esta. Cando odeclive do terreo en que se despraza é moi acentuado, a lava pode fluír avelocidades considerábeis. Mesmo cando a lava se encontra ástemperaturas máis altas que pode atinxir (preto de 1250°C), esta continúa a ter un grao de viscosidade elevado que diminúe coa diminución da temperatura á que se encontra. En zonas planas e a unha distancia considerábel da súa fonte, os "ríos" de lava avanzan lentamente, o que torna o arrefriamento superficial moi rápido formándose unha codia sólida cunha espesura tal que permite que unha persoa poida camiñar sobre ela, funcionando como unhaponte sobre a lava que aínda continúa a fluír no interior da escoada.
Existen poucas cousas que poden resistir ao avance dunha escoada lávica. As árbores incéndianse axiña coa calor emitida da lava a altas temperaturas e ao seren atinxidas por ela mergullan no seu interior desaparecendo rapidamente. Mesmo o mar non se consegue opor ao fluxo dunha corrente de lava e recúa coa súa chegada. Promontorios que se estenden a distancias considerábeis da costa son formados desta forma.
As erupcións volcánicas van por veces acompañadas por fenómenos que aumentan a súa magnitude. Por veces acontece que a escoada lávica se encontra cun precipicio de altura significativa producindo unhafervenza con chamas.
Cidades total ou parcialmente destruídas pola lava