Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lauraceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lauráceas

oaguacate (Persea americana)
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Laurales
Familia:Lauraceae
Juss., 1789
Xéneros
  • 55 xéneros, véxase no texto.

Ilustración doloureiro común (Laurus nobilis), arboriña común e autóctona de Galiza

Lauraceae, aslauráceas, é unhafamilia botánica co distribución tropical e subtropical, presentes nasforestas pluviais de Eurasia e as Américas, que inclúe máis de 2 500 especies agrupadas en 50xéneros. A gran maioría sonárbores earbustos, agás asrubideiras parasitas do xéneroCassytha. Teñen un cheiro característico nas follas cando se esmagan, por mor da presenza deóleos esenciais.

A esta familia pertencen plantas tan importantes para o ser humano coma acaneleira, oalcanforeiro, ou oabacateiro. EnGaliza só se atopa unha especie autóctona, oloureiro común (Laurus nobilis), común en todo o territorio, e formando bosquetes en cavorcos termófilos do sur do país, con condicións semellantes áslaurisilvas macaronésicas.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Follas

[editar |editar a fonte]

Simples, xeralmente alternas, ou menos frecuentemente opostas ou verticiladas, coriáceas e aromáticas.

Flores

[editar |editar a fonte]

Bisexuadas (hermafroditas), monoicas ou dioicas, monoclamídeas, concáliz infundibuliforme ouurceolado, averdado, amarelado ou avermellado, con 6 segmentos imbricados, desiguais ou iguais entre si, dispostos en 1-2 verticilos.Androceo polistémone, con ou sen estaminodios e dispostos en 3-4 verticilos, conanteras valvulares de 2-4 tecas.Ovario súpero, unilocular e uniovulado. Presentandoinflorescencia paniculada.

Froito

[editar |editar a fonte]

Tipobaga oudrupa monospermática, normalmente concáliz cupuliforme persistente.Semente sen endosperma e embrión desenvolvido.

Xéneros

[editar |editar a fonte]

Importancia económica

[editar |editar a fonte]

Malia seren as lauráceas importantes compoñentes forestais en moitas partes do mundo, relativamente só unhas poucas especies teñen importancia local. O principal produto da familia é oaguacate, o froito dePersea americana, que, alén de ser consumido cru, enensaladas, ou doces, del tamén se extraen graxan, usadas principalmente en cosmética, que tamén se extraen doloureiro común (Laurus nobilis) (cuxas follas se usan en gastronomía coma adubo) e deLitsea sebifera.

Por séculos o principal produto económico da familia foi acanela, a casca dacaneleira (Cinnamomum zeylanicum) e doutras especies deCinnamomum —unha das famosasespecias, que motivaron mesmo ás grandes expedicións marítimas para procuralas no Oriente. Outra especia desta familia é oalcanfor, substancia de cheiro penetrante característico, que se obtén da destilación da madeira doalcanforeiro (Cinnamomum camphora)[1].

Moitas outras especies aromáticas úsanse comocondimentos, en escala local, como opau cravo (Dicypellium caryophyllatum) que está ameazada de extinción no Brasil, pois non se cultiva; ou enperfumaría coma opau rosa da Amazonia (Aniba rosaeodora).

Amadeira das especies das Lauraceae é de excelente calidade, como aMezilaurus itauba, coñecida noBrasil comoitaúba, e aimbuia (Ocotea porosa).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. A partir do Portal das Palabras daRAG -http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=alcanfor&sinom=0&homonimo=Arquivado 11 de marzo de 2014 enWayback Machine.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Lauraceae
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Lauraceae

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lauraceae&oldid=5954258»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp