Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lara Croft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lara Croft
Imaxe
(2008)
Obra
 Creador/a
Biografía
 Lugar de nacemento
 Data de nacemento
14 de febreiro de 1968Editar o valor en Wikidata
 Sexo
 Linguas faladas
 Cor do pelo
 Cor dos ollos
Actividade
 Inimigo/a
Familia
 Pai
Localización
 Lugar de nacemento
Identificadores
VIAF221631701Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01tbrkEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Musicbrainz: f5a0a468-a2ee-4aaa-88ed-39b5c795e6d6Discogs: 1948077Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Lara Croft é un personaxe ficticio protagonista da saga devideoxogos do xénero de aventuras,Tomb Raider, desenvolvido inicialmente porCore Design, para máis tarde rematar sendoCrystal Dynamics (Square Enix na actualidade) a súa desenvolvedora. O personaxe creado porToby Gard apareceu tamén en historietas, novelas e unha serie de curtos animados, e foi personificada pola actrizestadounidenseAngelina Jolie en dúas adaptacións cinematográficas e pola actrizsuecaAlicia Vikander noutra.

Lara Croft foi recoñecida como "A heroína humana máis exitosa na historia dos videoxogos" poloLibro Guinness dos Récords.

Lara é xeralmente presentada como unha arqueóloga de oficio e aventureira inglesa inxenua, atlética e temeraria, que frecuentemente se aventura en antigas tumbas e ruínas. Ademais de trampas e crebacabezas, Lara atopa nas súas viaxes a rivais e inimigos como gángsters, asasinos, animais salvaxes (mesmo dinosauros), animais mitolóxicos e criaturas sobrenaturais. A fantástica natureza das súas historias arqueolóxicas é comparada coas de Indiana Jones.

Biografía

[editar |editar a fonte]

Segundo a nova biografía, a historia de Lara sufriu modificacións. Lara Croft naceu en 1968 naInglaterra (Gran Bretaña,Reino Unido) filla de Richard e Amelia Croft. En 1976, cando ela tiña tan só nove anos, sobreviviu a un accidente de aviación noHimalaia. Neste episodio da súa vida perdeu á súa nai e tivo que camiñar durante 10 días ata chegar a un bar de Katmandú onde telefonou ó seu pai para lle pedir que a recollese. Durante seis anos tralos feitos ocorridos, Lara foi de continuas viaxes co seu pai dunsitio arqueolóxico a outro e aínda así recibía unha educación por parte de profesores particulares, aínda que practicamente o seu pai era titor a xornada completa de Lara. Con todo, ós quince anos de idade, o pai de Lara desaparece enCamboxa en estrañas circunstancias e ningún dos seus restos foron atopados. Ó non haber cadáver, Lara non puido herdar o título de Croft, e tivo serios problemas co seu tío polo control do patrimonio do seu defunto pai. Lara gaña legalmente os dereitos de todas as posesións do seu pai pero isto causou que Lara non volvese ter comunicación algunha cos seus parentes vivos restantes.

Creación

[editar |editar a fonte]

Inicialmente, o deseñadorToby Gard tiña planeado facer do protagonista de Tomb Raider unha copia do arqueólogo Indiana Jones. Cando esa idea foi rexeitada como inaceptable, Gard concentrouse en crear outro personaxe. Outro factor que axudou a que usase un personaxe feminino é que notou que os seus compañeiros de traballo preferían elixir personaxes femininos no vídeo xogoVirtua Fighter. De aí saíu unha muller chamada "Laura Cruz". Co paso do tempo, os seus creadores interpretaron que Laura Cruz non soaba moi "de muller inglesa" e o seu nome cambiou a "Lara Croft", máis doado de pronunciar en "inglés americano". O apelido Croft tomouno dun directorio telefónico para que "soase máis amigable con respecto a Inglaterra".

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Lara Croft
Videoxogos
Xogos Principais
Primeira era
Segunda era
Terceira era
Spin-offs
Expansións
Filmes
Outros
Personaxes
Artigos relacionados
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lara_Croft&oldid=7040490»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp