Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lapa olímpica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A pira olímpica deLondres 2012, conformada por 204 «pétalos» —cuncas de cobre—, foi acesa por sete mozos atletas entre as 00:24 e as 00:38BST do28 de xullo de2012.[1][2]

Alapa olímpica, tamén chamada de flama olímpica ou chama olímpica (eninglés:Olympic flame; en francés:Flamme olympique) é unsímbolo dosXogos Olímpicos.[3] Conmemora o roubo dolume dos deuses por parte dePrometeo e a súa posterior entrega á humanidade. As súas orixes remóntanse áantiga Grecia, onde se mantiña un lume a arder nas sedes de celebración dosXogos Olímpicos. O lume foi reintroducido nosXogos Olímpicos de Ámsterdam 1928 e desde entón foi parte fundamental dos Xogos Olímpicos Modernos.

A Carta Olímpica define a lapa olímpica como «a lapa que se acende enOlimpia baixo a autoridade doComité Olímpico internacional (COI)», e o facho olímpico como «un facho portábel aprobado polo COI e destinado á combustión da lapa olímpica».[4]

EnBerlín 1936 introduciuse por primeira vez unha viaxe de remudas para levar a lapa desde Olimpia á sede dos Xogos. O percorrido do facho olímpico inicia nas ruínas doTemplo de Hera, enOlimpia, onde a lapa é acesa cos raios do sol, e culmina co acendemento da pira olímpica durante a cerimonia de apertura na cidade sede. Ao contrario da lapa, o percorrido non ten un precedente antigo.[5]

Acendemento da pira olímpica enSeúl 1988.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "O home trás da increíbel pira de Londres 2012".BBC Mundo. 
  2. "Heatherwick Olympic cauldron lit by young hopefuls".BBC. 
  3. Museo Olímpico."The Olympic Symbols"(pdf).Comité Olímpico Internacional. 
  4. (Comité Olímpico Internacional & 9 de setembro de 2013, p. 24)
  5. "Nazi olympics, Berlin 1936: Inauguration of the olympic torch relay". United States Holocaust Memorial Museum. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Lapa olímpicaModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Xogos Olímpicos


Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lapa_olímpica&oldid=6808815»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp