Landelino Lavilla Alsina, nado enLleida o6 de agosto de1934[1] e finado en Madrid[2] o13 de abril de2020, foi un xurista e políticocatalán que chegou a ser ministro e presidente doCongreso dos Deputados deEspaña.
Despois de botar a súa infancia e mocidade en Lleida, comezou a estudardereito enZaragoza e licenciouse finalmente naUniversidade Central de Madrid. Alí entrou en contacto cocardealÁngel Herrera Oria, fundador daEditorial Católica.
Ingresou no Corpo de Letrados doTribunal de Contas en1958, con só 24 anos, e no corpo de Letrados doConsello de Estado en1959. Aos 27 anos foi nomeado secretario xeral deBanco Español de Crédito e posteriormente foi vicepresidente e logo presidente daEditorial Católica[3]
Iniciou a carreira política nofranquismo sendo nomeado subsecretario doMinisterio de Industria en 1974.[1]
Durante atransición, foi membro daUnión de Centro Democrático e, en 1976, foi elixidoministro de Xustiza no primeiro goberno deAdolfo Suárez. En1977 foidesignado senador polo reiXoán Carlos I, e integrouse no Grupo da UCD. Mantivo a carteira de Xustiza ata aconvocatoria electoral de 1979, cando saíu elixido deputado polacircunscrición de Xaén. Coa constitución dasCortes, converteuse enpresidente do Congreso dos Deputados, posto no que viviu momentos históricos como ogolpe de estado do 23F e a elección deLeopoldo Calvo-Sotelo Bustelo comopresidente en substitución de Suárez.
En1982, foi elixido presidente de UCD, e encabezou a lista electoral da coalición centrista nasEleccións Xerais de 1982 polacircunscrición de Madrid. Neses comicios a UCD sufriu unha severa derrota e disólvese como partido. Nese momento, Lavilla renunciou ao escano e pasou a formar parte doConsello de Estado.[4]
En1996 aspirou á presidencia doConsello Xeral do Poder Xudicial, pero o seu nomeamento non se consumou. En2006 ingresou naReal Academia de Ciencias Morais e Políticas. Foi tamén membro daReal Academia de Xurisprudencia e Lexislación, da que foi reelixido Presidente en xaneiro de2008.
Debe destacarse tamén a súa condición de Conselleiro Permanente do Consello de Estado.[5]
Predecesor: Antonio Garrigues | Ministro de Xustiza 1977-1979 | Sucesor: Íñigo Cavero |
Predecesor: Fernando Álvarez de Miranda | Presidente do Congreso dos Deputados 1979-1982 | Sucesor: Gregorio Peces-Barba |
Predecesor: Leopoldo Calvo-Sotelo | Presidente de Unión de Centro Democrático 1982-1983 | Sucesor: Disolución do partido |