OLago Titicaca, con cerca de 8300 km², é o maiorlago deAmérica do Sur. Situandose a 3821m por enriba do nivel do mar, é o máis alto lago comercialmente navegábel do mundo.
Localizado no altiplano dosAndes, na fronteira doPerú eBolivia, ten unha profundidade media de 140 a 180 m, e unha profundidade máxima de 280 m. A súa orixe débese á recesión dos glaciares e á formación noPlistoceno Inferior dunha fosa tectónica que ocupou o actual Titicaca.[1]
Máis de 25ríos desaugan no lago Titicaca, e o lago ten 41illas, algunhas densamente poboadas.
O Titicaca é interesante pola poboación que viven nosUros, un conxunto de nove illas artificiais, que se converteron nunha grande atracción turística no Perú, traendo excursións desde a cidade dePuno, no Perú. Outra illa,Taquile, é outra grande atracción turística, presentando unha comunidade indíxena. Os habitantes de Taquile son coñecidos polos seus produtos téxtiles feitos á man, considerados entre as manufacturas de mellor cualidade doPerú.
O lago Titicaca é alimentado pola auga das chuvias e polo desxeo dos glaciares que rodean o altiplano. É fonte do ríoDesaguadero, que corre para o sur a través deBolivia até oLago Poopó; no entanto, este afluente é responsábel polo menos do cinco por cento da perda de auga, o restoevapórase debido aos ventos intensos e á exposición extrema á luz doSol nesta altitude.
A orixe do nomeTiticaca é descoñecida; foi traducido como "Pedra do Puma", combinando palabras doquechua e doaimará. Localmente, o lago é coñecido con diversos nomes.
Como a parte sueste do lago está separada do resto do lago poloestreito de Tiquina, os bolivianos chaman esa pequena parteLago Huinaymarca, e a parte maiorLago Chucuito. No Perú, esas partes pequena e grande coñécense comoLago Pequeño eLago Grande, respectivamente.
- ↑Claude Dejoux e André Iltis (1991).El Lago Titicaca: síntesis del conocimiento limnológico actual. IRD Editions, páxina 26.