O lago Michigan é o único dos Grandes Lagos completamente dentro dasfronteiras dosEUA; os outros catro están compartidos coCanadá.
Cunha superficie de 57.750 km2, é o maior lago de auga doce nos EUA, e o quinto no mundo. O seu punto máis profundo alcanza os 281 m e contén un volume de cerca de 4.918 km3 de auga. A súa superficie fica a 580 pés sobre o nivel do mar, o mesmo que olago Hurón, co que está unido a través dosestreitos de Mackinac. Xeoloxicamente, o Michigan e o Hurón forman unha única masa de auga.
Cerca de 12 millóns de persoas viven ao redor do lago Michigan, cuxo extremo sur está densamente industrializado.
As praias do lago Michigan, especialmente as praias do oeste do estado de Michigan e do norte de Indiana, son famosas pola súa beleza. Aarea é suave e branca, e é frecuente encontrar altas dunas de area cobertas con herba e [rambling sand cherries] e a auga é fresca e sorprendentemente límpida. Desde a maioría das praias de Michigan non é posíbel distinguir o estado de Winsconsin, do outro lado do lago.
As augas do Lago Michigan desembocan no Lago Huron, polo estreito de Mackinac, e é parte da Hidrovía dos Grandes Lagos.
Quen viaxe con coche e desexe atravesar o lago Michigan, pode facelo a través do servizo de ferries que opera entreLudington, Michigan eManitowoc, Wisconsin.