Lagartera é unconcello deCastela-A Mancha , ao oeste daprovincia de Toledo , agrícola e gandeiro, situado ao norte dorío Texo , que pertence ácomarca daCampana de Oropesa . O seu xentilicio élagarterana oulagarterano .
Situado a 115 km da capital toledana, moi próximo ao límite daprovincia de Cáceres e limítrofe coaprovincia de Ávila , «á la falda N. de un cerrito o berrocal bastante pendiente, escabroso, muy extendido y desigual. »,[ 1] limita ónorte co concello deCandeleda , ósur conTorrico eOropesa , óleste conOropesa , e óoeste conHerreruela de Oropesa ,La Calzada de Oropesa eOropesa , e está bañado polorío Tiétar .
Segundo oInstituto Nacional de Estadística , no ano2017 tiña 1 422 habitantes (1 595 no2010 e 1 839 no2000 ) o que supón un continuo descenso dende o ano 2008.[ 2]
Gráfica de evolución demográfica de Lagartera entre 1996 e 2017 Fonte: INE.
Serie de poboación(Fonte/s: INE) Ano 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 Poboación 1891 1870 1839 1813 1762 1701 1652 1621 1556 1591 1601 1596 1595 1564 1558 1522 1505 1503 1468 1422
A orixe estivo nobarrio de "Toledillo" que se une co resto do casarío por unhaponte . Pertenceu ao condado de Oropesa ata que en1620 se declarou vila, co que tivoadministración propia.[ 3]
Novia lagarterana (1912),Sorolla ,Museo Sorolla .Ermida dos Santos Mártires.[ 4] Igrexa parroquial de El Salvador, gótica do século XVI, con elementos barrocos dos s. XVII e XVIII, de tres naves con cruceiro, ábsida plana e coro.[ 5] Museo Municipal Marcial Moreno Pascual, que alberga valiosas pezas bordadas e obras pictóricas do autor que dá nome ao espazo, nado en Lagartera en 1911 e finado en 1983.[ 6] Corpus Christi , en xuño. Móntanse altares nas rúas e prazas para recibir áeucaristía coas mellores e máis antigas pezas dedeshilados lagarteranos .El Salvador, festa patronal, a primeira fin de semana de agosto. El Rosario, o primeiro domingo de outubro. A comercialización dos seusbordados artesanais empezou a comezos doséculo XX . A maior parte daeconomía da vila baséase nesa actividade.
O alcalde é, dende o ano2011 , opopular José Vicente Amor Jiménez.