Alactase é unencima que se utiliza para dixerir oazucrelactosa contido noleite, que se produce noaparato dixestivo dos nenos e de parte dos adultos humanos e outros mamíferos. A lactase é esencial para uha completa dixestión do leite, xa que rompe odisacárido lactosa nos seus compoñentes osmonosacáridosgalactosa eglicosa. A falta do encima lactase pode orixinar a aparición dun cadro de síntomas ao consumir produtos lácteos que se denominaintolerancia á lactosa.[1] A lactase utilízase tamén como un suplemento alimenticio e é engadida ao leite para producir produtos lácteos "libres de lactosa".
A temperatura óptima para o funcionamento da lactase é duns 25 °C.[5] e ten unpH óptimo de 6.[2]
Nometabolismo, oenlaceβ-glicosídico da D-lactosa éhidrolizado para formar D-galactosa e D-glicosa, que poden ser absorbidas no sangue a través das paredes intestinais. A reacción global que cataliza a lactase é:
O mecanismocatalítico da hidrólise da D-lactosa mantén a configuraciónanomérica dos seus produtos.[6] Aínda que os detalles do mecanismo non se coñecen ben, a retención estereoquímica conséguese por medio dunha dobre reacción de desprazamento. Os estudos feitos coa lactase deE. coli indican que a hidrólise se inicia cando unnucleófiloglutamato do encima ataca desde o lado axial do carbono galactosilo no enlaceβ-glicosídico.[7] A separación da D-glicosa saínte pode ser facilitada por unha catálise ácida dependente de Mg.[7] O encima libera o residuoα-galactosil porataque nucleofílico ecuatorial con auga, que produce a D-galactosa.[6]
Estudos sobre a modificación do substrato demostraron que os grupos 3’-OH e 2’-OH do anel degalactopiranosa son esenciais para o recoñecemento encimático e a hidrólise.[8] O grupo 3’-OH está implicado na unión inicial do substrato mentres que o grupo 2’-OH non é necesario para o recoñecemento pero si para os seguintes pasos. Isto demóstrase polo feito de que un análogo 2-desoxi é uninhibidor competitivo efectivo (con Ki = 10mM).[8] A eliminación de grupos hidroxilo específicos no residuo de glicopiranosa non elimina completamente a catálise.[8]
Mecanismo proposto para a hidrólise da lactosa catalizada pola lactase.
A pre-pro-lactase é o primeiro produtotraducional do encima lactase (ou LPH) e é un polipéptido simple longo de 1927aminoácidos.[3] Pode dividirse en cinco dominios: (i) unha secuencia sinal de clivaxe de 19 aminoácidos; (ii) un grande dominio prosecuencia que non está presente na lactase madura; (iii) o segmento da lactase madura; (iv) unha áncorahidrofóbica que abrangue o grosor da membrana; e (v) un curto extremo carboxilo terminalhidrofílico.[3] A secuencia sinal é clivada noretículo endoplasmático, e a resultante pro-LPH de 215kDa é enviada aoaparato de Golgi, onde será fortementeglicosilada e procesadaproteoliticamente para dar a forma madura.[9] O prodominio actúa como unhachaperona intramolecular no retículo endoplasmático, impedindo a clivaxe polatripsina e permitindo que a LPH adopte a estrutura tridimensional necesaria para ser transportada ao aparato de Golgi.[10]
Esquema do procesamento e localización do produto traducional da lactase humana.
A lactase humana madura é unha cadea polipeptídica de 160 kDa que se localiza na membrana do bordo en cepillo das células epiteliais intestinais. Está orientada co extremoN-terminal fóra da célula e oC-terminal nocitosol.[3] A LPH contén dous sitios catralíticos deácido glutámico. No encima humano a actividade de lactase está asociada co Glu-1749, mentres que o Glu-1273 é o sitio para a súa función de floricina hidrolase.[11]
A lactase está codificada nunlocus xenético docromosoma 2 humano.[12]Exprésase exclusivamente nosenterocitos do intestino delgado de mamíferos e, ademais, en niveis moi baixos nocolon durante o desenvolvemnto fetal.[12] Os seres humanos nacen con niveis altos de expresión da lactase. Na maioría da poboación mundial, atranscrición é regulada á baixa despois da desteta, polo que a expresión da lactase diminúe no intestino delgado.[12] En certas persoas a diminución da produción de lactase pode orixinar os síntomas da hipolactasia de tipo adulto ou intolerancia á lactosa.
Algúns segmentos da poboación presentan unha persistencia na expresión da lactase de adultos, o que se cre se debe a unha mutación que ocorreu hai 5.000-10.000 anos e que se estendeu pola poboación, coincidindo co aumento da domesticación dogando vacún.[13] Esta mutación permite que case a metade da poboación mundial poida metabolizar a lactosa sen que se presenten síntomas indesexados. Os estudos ligan a aparición da persistencia da produción de lactase a douspolimorfismos dun só nucleótido de arredor de 14 e 22kb situadosaugas arriba doextremo 5' do xene LPH.[14] Ambas asmutacións, consistentes nun cambio C→T na posición -13910 e outro T→ A na posición -22018, foron asociados independentemente á presistencia da lactase.[15]
Opromotor da lactase ten unha lonxitude de 150 pares de bases e está localizadoaugas arriba preto do sitio de iniciación da transcrición.[15] Asecuencia está moiconservada nos mamíferos, o que suxire que están situados pretoreguladores transcricionais en cis fundamentais.[15] Identificáronse comofactores de transcrición os seguintes: Cdx-2, HNF-1α, e GATA.[15] Os estudos sobre o comezo da hipolactasia demostraron que a pesar deses polimorfismos hai pouca diferenza na expresión de lactase nos nenos pequenos, o que indica que esas mutacións se fan cada vez máis relevantes durante o crecemento.[16] Hipotetízase que proteínas de unión ao ADN reguladas polo desenvolvemento regulan á baixa a transcrición ou desestabilizan os transcritos de ARNm, causando un descenso da expresión do encima despois da desteta.[16]
↑2,02,1Skovbjerg H, Sjöström H, Norén O (1981). "Purification and characterisation of amphiphilic lactase/phlorizin hydrolase from human small intestine".Eur. J. Biochem.114 (3): 653–61.PMID6786877.doi:10.1111/j.1432-1033.1981.tb05193.x.
↑Harvey CB, Fox MF, Jeggo PA, Mantei N, Povey S, Swallow DM (1993). "Regional localization of the lactase-phlorizin hydrolase gene, LCT, to chromosome 2q21".Ann. Hum. Genet.57 (Pt 3): 179–85.PMID8257087.doi:10.1111/j.1469-1809.1993.tb01593.x.
↑Hermida C, Corrales G, Cañada FJ, Aragón JJ, Fernández-Mayoralas A (2007). "Optimizing the enzymatic synthesis of beta-D-galactopyranosyl-D-xyloses for their use in the evaluation of lactase activity in vivo".Bioorg. Med. Chem.15 (14): 4836–40.PMID17512743.doi:10.1016/j.bmc.2007.04.067.
↑6,06,1Sinnott M (1990). "Catalytic mechanisms of enzymic glycosyl transfer".Chem. Rev.90 (7): 1171–1202.doi:10.1021/cr00105a006.
↑7,07,1Juers D, Heightman T, Vasella A, McCarter J, Mackenzie L, Withers S, Matthews B (2001). "A structural view of the action ofEscherichia coli (lacZ)β-galactosidase".Biochemistry40 (49): 14781–94.PMID11732897.doi:10.1021/bi011727i.
↑Zecca L, Mesonero J, Stutz A, Poirée J, Guidicelli J, Cursio R, Gloor S, Semenza G (1998). "Intestinal lactase-phlorizin hydrolase (LPH): the two catalytic sites; the role of the pancreas in pro-LPH maturation".FEBS Lett.435 (2–3): 225–8.PMID9762914.doi:10.1016/S0014-5793(98)01076-X.