Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lacertilios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lacertilia»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Lagarto (homónimos).
Lacertilios
Lacertilia
Lagartos e especies afíns

Rango fósil:xurásicoactualidade

Timon lepidus (lagarto arnal) enFisterra
Clasificación científica
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Subfilo:Vertebrata
Superclase:Tetrapoda
Clase:Sauropsida
Subclase:Diapsida
Orde:Squamata
Suborde:Lacertilia
Günter,1867
Área de distribución mundial
Área de distribución mundial

Infraordes
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A doslacertilios (Lacertilia) é unhasuborde deréptilesescamosos que inclúe a maioría dos réptiles actuais, comovaranos,iguanas,lagartos,lagartas,camaleóns execos, así como algunhas formasfósiles moi notábleis, como osmosasauros doCretáceo superior.

Xunto coas subordes dasserpentes (Serpentes) e das cobras cegas (Amphisbaenia), forma aorde dosescamosos (Squamata), que comprende case 5 000especies.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Descrición

[editar |editar a fonte]

A suborde foi descrita en1867 polozoólogobritánico de orixealemáAlbert Günther.[1]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

Onome científicoLacertilia está formado pola adición á raíz do nome do seuxénero tipo,Lacerta, o sufixo dolatín científico-ilia, indicando plural.

Sinónimo

[editar |editar a fonte]
  • SauriaMacartney, 1802

Variacións taxonómicas

[editar |editar a fonte]

Antes denominábasesaurios (Sauria) á suborde formada polos lacertilios e as serpentes, pero dado que este resultou serparafilético, o nomeSauria aplícase agora a unclado maior de réptiles que inclúe a maioría dasubclase dosdiápsidos.

Clasificación

[editar |editar a fonte]

A suborde comprende as infraordes seguintes:

Características

[editar |editar a fonte]

Normalmente tenen catropatas,oído con apertura externa epálpebras móbiles. O rango de lonxitudes vai duns poucos centímetros dalgúnsxecos doCaribe até os cerca de tres metros dodragón de Komodo.

Algunhas especies de lacertilios, as chamadascobras cegas (comoBlanus cinereus),[2] non teñen patas funcionais, a pesar de teren vestixios doesqueleto das patas. Distínguense das verdadeiras serpentes pola presenza de aberturastimpánicas e pálpebras. O seucorpo é alongado e teñen unhacola ben desenvolvida.

Os lacertilios da infraorde dosScincomorpha a miúdo presentan cores brillantes e iridiscentes que parecen húmidos. Pero como o resto dos lagartos, teñen apel seca, prefirindo xeralmente evitar a auga (aínda que todos os lagartos poden nadar se é necesario).

Todos os lacertilios poden cambiar de cor en resposta á súa contorna ou en momentos de perigo. O exemplo máis típico é o doscamaleóns, pero tamén poden suceder cambios de cor máis sutís noutras especies de lacertilios.

Algunhas especies son capaces de romper e desprender a súa cola cando se ven en perigo ou son capturados por undepredador; esta capacidade, denominadaautotomía, débese á presenza de planos especiais de ruptura nasvértebras caudais. Tras a autotomía, a cola rexenérase, pero a nova cola non é idéntica á perdida; en efecto, as vértebras non poden rexenerarse e son substituídas por un tubocartilaxinoso non segmentado.[3]

Bioloxía e ecoloxía

[editar |editar a fonte]

Os lacertilios aliméntanse xeralmente deinvertebrados, comoinsectos ouarácnidos e, en ocasións (e dependendo da especie), de pequenosvertebrados, incluíndo a outras especies de lacertilios. Unhas poucas especies sonomnívoras e poden comerplantas. Soamente unxénero évelenoso,Heloderma, que inclúe asespeciesHeloderma suspectum (monstro de Gila) eHeloderma horridum. Estas especies habitan no oeste deMéxico e o sur deTexas, e posúen dúasglándulas velenosas namandíbula. Porén, en2009 descubriuse que odragón de Komodo posibelmente tamén sexa velenoso, tras o achado dun par de glándulas de veleno no seumaxilar inferior.[4] De todos os xeitos está en discusión o efecto real que poida ter tras unha trabada.[5][6]

A maioría dos lacertilios poñenovos, aínda que as femias dunhas poucas especies retéñenos no seu interior e paren directamente as crías vivas (ovovivíparos).

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Lacertilia Günther 1867Arquivado 23 de abril de 2020 enWayback Machine. enfossilworks.
  2. Conde Teira, M. A. (1996):"Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos"Arquivado 27 de agosto de 2016 enWayback Machine. enCadernos de Lingua, 13, páx. 82.Real Academia Galega.
  3. Young, J. Z. (1977):La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega.ISBN 84-282-0206-0.
  4. Bryan G. Fry, Stephen Wroec, Wouter Teeuwissed; et al. (2009). "A central role for venom in predation byVaranus komodoensis (Komodo Dragon) and the extinct giantVaranus (Megalania)priscus''".Proceedings of the National Academy of Sciences106 (22): 8969–8974.doi:10.1073/pnas.0810883106. 
  5. Carl Zimmer (25 de maio de 2009)."Venom Might Boost Dragons Bite". San Diego Tribune. Arquivado dendeo orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 3 de outubro de 2019. 
  6. Anthony Bartkewicz (19 de maio de 2009)."Study: Komodo Dragons Kill With Venom". Fox News Service. Consultado o 3 de outubro de 2019. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  LacertiliosModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Lacertilios

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lacertilios&oldid=6925603»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp