Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Laboratorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laboratorio de bioquímica.

Unlaboratorio é un lugar equipado con diversosinstrumentos de medida ou equipos nos cales se realizanexperimentos ouinvestigacións diversas, segundo a rama daciencia á que se dedique.

A súa importancia, ben sexa en investigacións ou a escalaindustria,l e en calquera das súas especialidades (química, dimensional,electricidade,bioloxía etc.), radica no feito de que as condicións ambientais estáncontroladas enormalizadas, de modo que:

  1. Pódese asegurar que non se producen influencias estrañas (ás coñecidas ou previstas) que alteren o resultado do experimento ou medición:Control.
  2. Garántese que o experimento ou medición é repetible, é dicir, calquera outro laboratorio podería repetir o proceso e obter o mesmo resultado:Normalización.

Condicións de laboratorio normalizadas

[editar |editar a fonte]

Temperatura

[editar |editar a fonte]

Atemperatura ambiente normal é de 20°C, variando astolerancias en función do tipo de medición ou experimento a realizar. Amais, as variacións da temperatura (dentro do intervalo de tolerancia) han de ser suaves, por exemplo en laboratorios de metroloxía dimensional, limítase a 2 °C/h (sendo o intervalo de tolerancia de 4 °C).

Humidade

[editar |editar a fonte]

Usualmente convén que ahumidade sexa a menor posible porque acelera a oxidación dos instrumentos (comunmente de aceiro); así a todo, para lograr a habitabilidade do laboratorio non pode ser menor do 50%.

Presión atmosférica

[editar |editar a fonte]

Apresión atmosférica normalizada acostuma a ser, en laboratorios industriais, lixeiramentesuperior á externa (25Pa) para evitar a entrada de aire sucio das zonas de produción ó abrir as portas de acceso. No caso de laboratorios con risco biolóxico (manipulación deaxentes infecciosos) a situación é a contraria, xa que debe evitarse a saída de aire do laboratorio que pode estar contaminado, polo que a presión será lixeiramenteinferior á externa.

Alimentación eléctrica

[editar |editar a fonte]

As variacións datensión da rede deben limitarse cando se realizan medidas eléctricas que poden verse alteradas pola variación da tensión de entrada nos aparatos.

Po

[editar |editar a fonte]

Contrólase, por exemplo, en laboratorios deinterferometría xa que a presenza de po modifica o comportamento da luz ó atravesar o aire.

Vibración e Ruído

[editar |editar a fonte]

Á marxe da incomodidade que supón a súa presenza para investigadores e técnicos de laboratorio, poden falsear medicións realizadas por procedementos mecánicos. É o caso, por exemplo, dasMáquinas de medir por coordenadas.

Tipos de Laboratorios

[editar |editar a fonte]

Laboratorio de metroloxía

[editar |editar a fonte]

Os laboratorios demetroloxía clasifícanse xerarquicamente de acordo á calidade dos seuspatróns. Inda que as estruturas poden variar en cada país, por regra xeral existen tres niveis:

  1. Laboratorionacional: É o que posúe o patrón nacional primario e os nacionais de transferencia (os empregados realmente para evitar o desgaste do primario).
  2. Laboratoriointermedio: Tipicamente son laboratorios de Universidades, Centros de Investigación e similares.
  3. Laboratorioindustrial: Nas propias instalacións da empresa, para a realización do control de calidade ou o ensaio de prototipos.

As condicións serán tanto máis estritas canto máis alto o nivel do laboratorio.

En calquera dos niveis, os laboratorios poden ser clasificados en función da natureza das medicións realizadas:metroloxía dimensional,metroloxía eléctrica,ensaio de materiais etc.

Cadro dun laboratorio de Pietro Longhi.

Laboratorio químico

[editar |editar a fonte]

....

Laboratorio biolóxico

[editar |editar a fonte]

Evolución histórica do laboratorio

[editar |editar a fonte]

A historia do laboratorio está influída pola historia da medicina xa que o home, ó profundar sobre como é o seu organismo, require cada vez laboratorios máis sofisticados.

Técnicas analíticas

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  LaboratorioModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Laboratorio&oldid=5709804»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp