Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

La Rochelle

Coord.:46°09′34″N1°09′05″O / 46.1594,-1.1514
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLa Rochelle
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 46°09′34″N1°09′05″O / 46.1594,-1.1514
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAquitania-Lemosín-Poitou-Charentes
DepartamentoCharente Marítimo
DistritoArrondissement of La Rochelle(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación79.961(2022)Editar o valor en Wikidata (2.812,56hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921521Traducir
Q3551036TraducirEditar o valor en Wikidata
Superficie28,43 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude4 m-0 m-28 m-9 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Laleu(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Evento clave
15 de xullo de 1224Siege of La Rochelle(en)Traducir
22 de xuño de 1372Siege of La Rochelle(en)Traducir
6 de novembro de 1572Siege of La Rochelle(en)Traducir
xuño de 1621Blockade of La Rochelle(en)Traducir
abril de 1622Blockade of La Rochelle(en)Traducir
setembro de 1627Cerco de La Rochelle (1627-1628)(pt)Traducir
setembro de 1944Allied Siege of La Rochelle(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of La Rochelle(en)TraducirEditar o valor en WikidataMaxime Bono(pt)Traducir(1999–2014)
Jean-François Fountaine(2014–2025)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17000Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico546Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio weblarochelle.frEditar o valor en Wikidata
Facebook: LaRochelleEnsembleInstagram: larochelleensembleLinkedIn: mairie-de-la-rochelleYoutube: UCuIM48oRgMKos98w8UlvjfQBNE: XX459876Editar o valor en Wikidata

La Rochelle é unha cidade francesa de 76.584 habitantes; capital do departamento deCharente Marítimo. É un porto da costa atlántica deFrancia aproximadamente equidistante da punta daBretaña e doPaís Vasco francés. Ten arredor de 75.000 habitantes, 100.000 coas súas proximidades. Alberga un aeroporto compartido coaIlla de Ré.

Interese turístico

[editar |editar a fonte]

A zona vella da cidade ten hoteis do século XII, as torres (da Chaîne, San Nicolás, no vello porto, a do Gran Reloxo e a da Lanterne) son do século XIV e XV, o Concello é de estilo renacentista, e a cidade alberga moitos museos, entre eles o museo acuático «L'Aquarium» (O acuario). O segundoporto de lecer de Francia, "Lles Minimes", atópase ao sur da cidade.

Historia

[editar |editar a fonte]
Torres do vello porto de La Rochelle.

É citada por primeira vezLa Rochelle no século X. Era entón unha pequena aldea de pescadores chamada Rochella (un diminutivo de Roche, rocha), porque estaba construído sobre unha plataforma rochosa. Empeza a desenvolverse e obtén a fins do século XI o seu estatuto de cidade libre (pola carta «charte de commune»), desfacéndose así da tutela feudal.

Pola súa excelente localización xeográfica (nas proximidades daIlla de Ré), crece o comercio e a prosperidade do porto. Os seus socios comerciais predilectos son aGran Bretaña e o Norte de Europa.

Durante aGuerra dos Cen Anos a cidade permaneceu baixo mans inglesas ata que en1372 a armada de Castela (aliada de Francia) derrota nas súas augas á inglesa na chamadaBatalla de La Rochelle, facilitando así a posterior conquista franco-castelá da praza.

O cosmopolitismo, o relativo afastamento deParís e as influencias nórdicas fan que as ideas laicas e logo reformistas impóñanse con facilidade. La Rochelle vólvese a capital gala do protestantismo. Nela asínase en1571 as Confesións de Fe dasIgrexas Reformadas de Francia. Os grandes xefes protestantes, como La Rochefoucauld e Henrique de Navarra, futuroHenrique IV de Francia, instálanse alá, seguidos doshugonotes (protestantes expulsos de Francia) que obteñen privilexios económicos e desenvolven o comercio con África, Suramérica eTerra Nova (na actualCanadá).

A cidade aprovéitase dos conflitos entre Inglaterra e Francia para distanciarse de París. O rei, celoso do poderío do porto, decide retomar o mando enviando un gobernador para dirixir La Rochelle no interese do reino (e captar algo da súa riqueza). Os nobres da cidade refugan, o que provoca o asedio do porto polas tropas reais en1572. Coa axuda por mar dos ingleses, a cidade resiste e obtén unha paz negociada.

A principios do século XVIII, os protestantes son o 90% da poboación. A prosperidade está asegurada polo comercio tradicional do viño e o sal, a pesca do bacallau e o novo comercio das peles chegadas do Canadá.

Con todo, a monarquía gala convértese ao absolutismo cocardeal Richelieu eLois XIII, e non tolera xa a autoxestión dunha cidade do reino, rica, protestante e de dubidosa fidelidade á coroa. En1628 as tropas reais asedian a cidade por terra e mar para non repetir o erro de medio século antes. Os ingleses non logran compensar a inferioridade dos asediados e a cidade é vencida. Perde todos os seus privilexios menos a liberdade de culto (por pouco tempo) e morren un de cada cinco habitantes. O comercio derrúbase, o cambio de política relixiosa leva ás conversións forzosas ao catolicismo, relixión de Estado, e familias enteiras foxen áNova Rochelle en América.

No transcurso do século XVIII culmina o comercio triangular entre África, América e Europa (escravos deCabo Verde eNova Guinea son levados ás plantacións deSanto Domingo, de onde se trae o azucre, o café e o colorante índigo). La Rochelle é naquela época o segundo porto negreiro de Francia logo deNantes.

Esta prosperidade non resiste ás revoltas negreiras de Santo Domingo, que conducen á prohibición datrata de negros.

Ao final do século XIX construíuse un porto con capacidade para achegar grandes bous, e a economía recupérase.

Durante asegunda guerra mundial, a mariña alemá creou unha das maiores bases desubmarinos do Atlántico, a cal aínda pode ser visitada.

Educación

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  La RochelleModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Comunas do departamento deCharente Marítimo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=La_Rochelle&oldid=6617659»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp