Ten unha extensión de 207,31km² (sendo o maior dos municipiostinerfeños) e unha poboación de 40.644 habitantes (INE, 2007). A altitude do principal centro de poboación é de 390metros, aínda que a do municipio vai desde o nivel do mar ata os 3718metros da cima do Teide, situada dentro do territorio do municipio que, xa que logo, é o máis alto de España (aínda que o núcleo de poboación máis alto é o deValdelinares, naprovincia de Teruel). Gran parte doParque nacional do Teide pertence a este municipio.
O principal núcleo de poboación é La Orotava ou "La Villa". Con todo a poboación está moi repartida entre numerosos núcleos comoLa Perdoma, San Antonio, Benijos, Barroso, La Florida, Pinolere ou Aguamansa.