UnLED,acrónimo delight-emitting diode (engalego,díodo emisor de luz), é un tipo dedíodo que ao serpolarizado en directa (é dicir, copolonegativo conectado á zonadopada tipo n) emite unharadiaciónluminosa. Este tipo de luces son ecolóxicas, cunha duración entre 30000 e 100000 horas.
O funcionamento dun LED baséase nofenómenocuántico deemisión espontánea de luz que se dá en determinados materiaissemicondutores baixo certas condicións. Estefenómeno consiste na perda de enerxía instantánea dunelectrón nun semicondutor, pasando o electrón a un nivel enerxético menor, e resultando na emisión dunfotón, cunhaenerxía (e as correspondentesfrecuencia elongura de onda) igual á enerxía de excitación do electrón. Así, nos LED's máis típicos, formados por materiais cun únicoestado excitado colaborando na emisión de fotóns, a luz emitida é monocromática. Por outra banda, segundo omaterial co que estean fabricados, terán unhacor ou outra, entendendo por corfísica a longura de onda que incluiría ademais dasvisíbeis asinfravermellas.
O LED é un dispositivo moi duradeiro en comparanza con outras fontes luminosas coma alámpada incadescente ou otubo fluorescente, ademais de presentar un formato moito máis sólido e compacto.
Presentaperdas térmicas moi pequenas en comparanza coalámpada. O seu principio de funcionamento faino moito máis eficiente na conversión de potencia eléctrica a potencia luminosa.
Presenta un diagrama de emisión lambertiano, isto é, proporcional ao coseno do ángulo coa perpendicular á superficie de emisión. Isto dálle unha direccionalidade da luz emitida só superada pololáser, que facilita enormemente as operacións de enfoque da luz.
E por suposto, como se adiantou, ofrece a posibilidade de emisión monocromática, sen necesidade de filtros nin a perda de enerxía asociada a eles.