Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Long Duration Exposure Facility

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «LDEF»)
Long Duration Exposure Facility / LDEF
LDEF xusto despois de ser soltado desde o transbordador Challenger.
TipoExperimental
OrganizaciónNASA
Destino actualRegresado a terra.
Data de lanzamento6 de abril de 1984, 13:58GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial Challenger[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Duración da misión5 anos e 9 meses[2]
Obxectivo da misiónExperimental, demostrador tecnolóxico.[2][6]
Regreso11 de xaneiro de 1990[2][5]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea[2][5]
NSSDC ID1984-034B
Masa9710,0 kg[2]
Dimensións4,3 m dediámetro e 9,1 m de lonxitude[2][5]

LDEF (acrónimo deLong Duration Exposure Facility) foi unsatélite artificialestadounidense lanzado o 6 de abril de 1984 mediante otransbordador espacial Challenger durante a misiónSTS-41-C desde oCentro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características

[editar |editar a fonte]

LDEF foi un satélite artificial pasivo desenvolvido polaNASA para ser lanzado polostransbordadores espaciais e ser deixado libremente en órbita durante un tempo, levando a bordo gran cantidade de experimentos científicos e tecnolóxicos. LDEF foi pensado para ser recuperado nun voo posterior por outro transbordador espacial para ser devolto a terra, os seus experimentos analizados por científicos e técnicos en laboratorios terrestres e, dado o caso, volver ó espazo con outros experimentos.[2][5][6]

A estrutura de LDEF consistía nuncilindro dealuminio de 4,3 metros dediámetro e 9,1 metros de lonxitude cunha serie de bandexas e armarios internos nos que acomodar diversos experimentos, algúns expostos directamente ó baleiro e outros pechados. A estrutura en si non dispoñía de enerxía, comunicacións nin capacidade de manobra. Cada experimento debía ser capaz de subministrar autonomamente a enerxía necesaria e as súas propias comunicacións, se as necesitaba.[2][5][6]

LDEF estabilizábase mediantegradente gravitatorio[2][5][6]

Historia

[editar |editar a fonte]

A única unidade LDEF construída foi lanzada ao espazo a bordo do transbordador espacial Challenger o 6 de abril de 1984 e deixado nunha órbita case circular duns 500 km de altura ao día seguinte. Levaba a bordo 57 experimentos en 86 aloxamentos, implicando a 200 investigadores principais de 33 compañías privadas, 21universidades, sete centros da NASA, nove laboratorios doDepartamento de Defensa e oito países ademais dos Estados Unidos.[2][5][6]

A recollida de LDEF estaba prevista para o ano seguinte, pero foi posposta por razóns loxísticas. Oaccidente do transbordador Challenger en 1986 produciu un parón no programa de lanzamentos que fixo que LDEF permanecese en órbita 5,7 anos, máis de catro anos máis do previsto, ata a súa recollida polotransbordador espacial Columbia o 11 de xaneiro de 1990 durante a misiónSTS-32. Ao seu regreso a terra, os experimentos de LDEF foron enviados ós seus respectivos laboratorios. Algúns dos experimentos beneficiáronse dunha estancia máis prolongada do previsto no espazo.[2][5][6]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed."LDEF"(en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  2. 2,002,012,022,032,042,052,062,072,082,092,102,112,122,132,14NASA (27 de marzo de 2013)."LDEF 1"(en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  3. "Information Furnished in Conformity with the Convention on Registration of Objects Launched into Outer Space"(PDF) (84-17200). 13 de xullo de 1984: 2. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010)."LDEF"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  5. 5,005,015,025,035,045,055,065,075,085,09Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed."LDEF"(en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  6. 6,06,16,26,36,46,56,66,7Mark Wade (2011)."LDEF"(en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2013. 
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Long_Duration_Exposure_Facility&oldid=5573046»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp