Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Lúcia dos Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLúcia dos Santos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1907Editar o valor en Wikidata
Povoação de Aljustrel, Portugal(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Morte13 de febreiro de 2005Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Coímbra, PortugalEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Nosa Señora do Rosario(2006–)
Carmelo de Santa Teresa(pt)Traducir(2005–2006)Editar o valor en Wikidata
Outros nomesIrmã Lúcia
Maria Lúcia de Jesus e do Coração ImaculadoEditar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa católicaEditar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santa María do Monte CarmeloEditar o valor en Wikidata
Enaltecemento

Sitio weblucia.ptEditar o valor en Wikidata
BNE: XX985727WikiTree: Jesus_Rosa_Santos-1Find a Grave: 10468533Editar o valor en Wikidata


Lúcia dos Santos, coñecida comoSor Lucía, nada en Aljustrel,Fátima,Portugal, o22 de marzo de1907[1] e finada enCoímbra o13 de febreiro de2005, foi unha relixiosacatólica.

Jacinta Marto e Lucia dos Santos.

Sor Lucía, de nome relixioso Irmã Lúcia do Coração Imaculado, naceu nunha pequena poboación preto deFátima. Foi unha das tres videntes (xunto cos seus curmánsFrancisco eJacinta Marto) dos sucesos de Fátima do 13 de maio de 1917. Dixeron ver áVirxe María na chamadaCova da Iria, onde hoxe se ergue o importante santuario mariano. Morreu enCoímbra e recibiu sepultura no camposanto do Convento Carmelita de Santa Teresa de Coímbra, onde pasara enclaustrada os seus últimos 46 anos, se ben o 19 de febreiro de 2006, seguindo a súa vontade, os seus restos foron trasladados á igrexa do complexo mariano de Fátima, para descansar alí xunto ós dos seus curmáns.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

A infancia e o milagre

[editar |editar a fonte]
Xornal informando dos Milagres de Fátima.

Nacida no seo dunha familia moi humilde, desde moi pequena tivo encargada a función do pastoreo de ovellas, o que adoitaba facer acompaña da por outros nenos e, habitualmente, polos seus curmáns Francisco e Jacinta.

O 13 de maio de 1917 dixeron ver á Virxe na chamada Cova da Iria, e nos días posteriores, ata o 13 de outubro, reuníronse no lugar miles de persoas para ser testemuñas de ditas aparicións. Estas aparicións estiveran precedidas, segundo se conta, da aparición dun anxo durante 1916 na cova Loca de Cabeco. No transcurso de ditos actos afírmase que a Virxe María revelou tres mensaxes, coñecidas comoos tres misterios de Fátima.

Lucía foi a única dos tres nenos que asegurou escoitar as mensaxes da Virxe, que lle recomendou rezar o rosario, e depositou nela os tres misterios mencionados.

Ingreso no convento

[editar |editar a fonte]
Convento das Irmás Doroteas enPontevedra, onde residiu Sor Lucía.

En 1921, con 14 anos, ingresou no colexio das Irmás Doroteas enVilar, preto dePorto. En 1925 e1926 residía na residencia das Doroteas dePontevedra, onde tiveron lugar asaparicións de Pontevedra, naCapela da Aparición situada na rúa de nomeSor Lucía. En1928 ingresou no convento das Doroteas deTui. En 1946 volveu a Portugal e en 1948 decidiu ingresar no Convento Carmelita de Santa Teresa de Coímbra en réxime de clausura. Adoptou os votos temporais o 3 de outubro de 1928, en 1934 os perpetuos, e o 31 de maio de 1949 os solemnes.

Morreu no Convento de Coímbra en 2005, con 98 anos, sendo moi contadas as súas saídas ó exterior. Durante a súa estancia no convento afirmou ver aparicións da Virxe e mesmo de Xesús, onde recibiu a Promesa dos Primeiros Sábados, a Visión da Trindade, e a petición da consagración de Rusia.

Obra

[editar |editar a fonte]

Unha das contadas veces en que saíu do convento foi para entrevistarse co PapaXoán Paulo II e comunicarlle o terceiro misterio, que consistía no xa pasado atentado contra esta personalidade relixiosa.

Sor Lucía escribiu dúas obras:Memórias e osApelos da Mensagem de Fátima.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. dos Santos, Lucía (1988). Alonso, Joaquín M., ed.Memorias de la Hermana Lucía(encastelán). p. 8. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lúcia_dos_Santos&oldid=6340713»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp