Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Kvant-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O módulo Kvant fotografiado durante a misiónSTS-63.

Kvant-1 foi un dos módulos que formaban a estación espacialMir.[1][2]

Características

[editar |editar a fonte]

O módulo Kvant-1 foi o primeiro módulo do tipo37KE e estaba destinado a facer observaciónsastrofísicas e experimentación en ciencia de materiais. Con 18.500 kg de masa, 13 m de longo e 4,2 dediámetro, foi lanzado o 31 de marzo de 1987 a bordo dun fogueteProton K e usaba a mesma computadora de voo deseñada para a estación Saliut 5B e o sistema devolante de inercia desenvolvido para as estaciónsAlmaz. O módulo atracou coa estación o 12 de abril e permaneceu unido a ela ata a súa reentrada atmosférica, o 23 de marzo de 2001. En 1992 se lle agregaron propulsores de control de actitude para reducir o consumo de propelente durante as manobras de apuntado. Un dospaneis solares do móduloKristall foi montado no módulo Kvant 1 en 1992 e substituído en 1995 por dous paneis cunhapotencia de 12kW. A mediados dos anos 1990 a maior parte da instrumentación do módulo xa non funcionaba e nos últimos días o módulo usábase como almacén de lixo.[1][2]

O módulo estaba dividido nun compartimento presurizado cun volume de 40 m3 e un compartimento non presurizado. A parte presurizada á súa vez dividíase nunha zona de laboratorio e nunha zona de habitación. A parte non presurizada contiña estabilizadores de potencia e no seu exterior do módulo saían dous mastros para experimentos científicos.[1][2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2Mark Wade (2020)."Kvant"(en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  2. 2,02,12,2Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed."Kvant 1 (37KE, 11F37)"(en inglés). Consultado o 19 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Kvant-1Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kvant-1&oldid=6188300»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp