Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Thomas Kuhn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kuhn»)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2021.)
Modelo:BiografíaThomas Kuhn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1922Editar o valor en Wikidata
Cincinnati, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Morte17 de xuño de 1996Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Cambridge, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmónEditar o valor en Wikidata
ResidenciaCambridge(–1996)
Berkeley
Cincinnati
PrincetonEditar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo xudeuEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard-historia da ciencia (–1949)
Universidade Harvard-física,Mestrado en ciencias (–1946)
Universidade Harvard-física (–1943)
Taft School(en)Traducir (–1940)
Hessian Hills School(en)Traducir (–1937)
Universidade HarvardEditar o valor en Wikidata
Director de teseJohn Hasbrouck van VleckEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía da ciencia,filosofía analítica ehistoria da cienciaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, filósofo da ciencia, historiador da ciencia, profesor universitarioEditar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporáneaEditar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade Harvard
Universidade de California, BerkeleyEditar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoFilosofía occidentalEditar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoJohn L. Heilbron(pt)Traducir eMichael Sean Mahoney(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeJehane Barton Burns
Kathryn MuhsEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteThomas s. Kuhn: revolutionary theorist of science(en)Traducir
Thomas S. Kuhn as Sociologist of Knowledge(en)Traducir
Thomas S. Kuhn(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
BNE: XX943335Bitraga: 1013WikiTree: Kuhn-4395

Thomas Samuel Kuhn, nado o18 de xullo de1922 e finado o17 de xuño de1996, foi unfísico e filósofo natural dosEstados Unidos de América cuxo traballo incidiu sobre ahistoria efilosofía da ciencia, tornándose un marco importante no estudo do proceso que leva ao desenvolvemento científico.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Thomas Kuhn naceu enCincinnati, Ohio, o 18 de xullo de 1922. Estudou a carreira defísica naUniversidade Harvard, e obtivo o doutoramento en1949. Ata entón, tivera pouco contacto coa filosofía, xa que a súa carreira era a física e, segundo el, asegunda guerra mundial exercía unha enorme presión para iniciar carreiras científicas, e un gran desprezo en relación ás materias humanísticas. Pero a partir do seu doutoramento o seu interese orientouse cara ao estudo da Historia da Ciencia, ao que se dedicou por completo.

Permaneceu en Harvard coma profesor axudante de Historia da Ciencia, e foi aquí onde preparou un curso de ciencias para non científicos, no que por primeira vez, utilizou exemplos históricos de progresos científicos. Desa experiencia, Kuhn puido percibir que a ciencia, nunha perspectiva histórica, era moi diferente da presentada nos textos de física ou mesmo de filosofía da ciencia.

En1956, aceptou unha oferta daUniversidade de Berkeley,California, onde pasou a ocupar a Cátedra de Historia da Ciencia a partir de1961. En Berkeley, escribiu e publicou o libroEstrutura das Revolucións Científicas, e aínda que xa publicara un primeiro libro en1957,A Revolución Copernicana, e un segundo en 1961,A función da medida na física moderna, foi o terceiro libro o que o tornou recoñecido, máis coma un intelectual volvendo cara a Historia e Filosofía da Ciencia, ca coma o físico que era.

En1964 ocupou a Cátedra de Historia da Ciencia naUniversidade de Princeton ata1979, ano no que pasou a se instalar enBoston, ocupando a Cátedra de Filosofía e Historia da Ciencia doInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) ata1991. Tres anos despois, en1994, foille diagnosticado un cáncer bronquial do cal morreu o 17 de xuño de 1996 na súa casa deCambridge, Massachusetts.

O pensamento de Kuhn

[editar |editar a fonte]

Thomas S. Kuhn ocupouse principalmente do estudo da historia da ciencia, no que mostra un contraste entre dúas concepcións da ciencia:

  • Por un lado, a ciencia entendida coma unha actividade completamente racional e controlada. (Enfoque formalista).
  • Por outro lado, a ciencia entendida coma unha actividade concreta que se veu dando ao longo do tempo e que en cada época histórica presenta peculiaridades e características propias. (Enfoque historicista).

Este contraste plásmase na obraA Estrutura das Revolucións Científicas,que ocasionou o chamadoxiro histórico-sociolóxico da ciencia, unharevolución na reflexión acerca da ciencia ao considerar propios desta os aspectoshistóricos esociolóxicos que rodean aactividade científica, e non só oslóxicos eempíricos, como defendía o modelo formalista.

Enfoque historicista

[editar |editar a fonte]

Segundo o enfoque historicista deKuhn, a ciencia desenvólvese seguindo determinadasfases:

  1. Establecemento dunparadigma.
  2. Ciencia normal.
  3. Crise.
  4. Revolución científica.
  5. Establecemento dun novo paradigma.
  1. A noción deparadigma resulta fundamental neste enfoque historicista e non é máis ca unhamacroteoría, unmarco ouperspectiva que se acepta de forma xeral por toda acomunidade científica e a partir do cal se realiza a actividade científica, que ten como obxectivo aclarar os posibles fallos do paradigma ou extraer todas as súas consecuencias.
  2. Aciencia normal é o período durante o cal se desenvolve unha actividade científica baseada nun paradigma. Esta fase ocupa a maior parte do tempo da comunidade científica porque adoitan traballar para mostrar ou poñer a proba a solidez do paradigma no que se basean.
  3. Pero, en ocasións, o paradigma non é capaz de resolver todos os problemas, os cales poden persistir ao longo de anos ou incluso séculos. Nese caso, o paradigma ponse en cuestión e comézase a considerar se é o marco máis adecuado para a resolución de problemas ou se debe ser abandonado. Entón é cando se entra nunhacrise, que ademais supón a proliferación de novos paradigmas que compiten entre si tratando de impoñerse coma o enfoque máis adecuado.
  4. Finalmente prodúcese unharevolución científica cando un dos novos paradigmas substitúe ao paradigma tradicional. Trala revolución, ociclo empeza de novo e o paradigma que foi instaurado dá pé a un novoproceso de ciencia normal.

Desta maneira, o enfoque historicista dá importancia afactoressubxectivos que anteriormente foran pasados por alto á hora de explicar o proceso deinvestigación científica.Kuhn mostra que a ciencia non é só un contraste entreteorías erealidade, senón que haidiálogo,debate, tensións e ata loitas entre os defensores de distintos paradigmas. E é precisamente nese debate ou loita onde se demostra queos científicos non son absolutamenteracionais, non poden serobxectivos, pois non lles é posible afastarse de todos os paradigmas e comparalos de forma obxectiva, senón que sempre están inmersos nun e interpretan o mundo conforme ao mesmo paradigma. Isto demostra quena actividade científica inflúen tanto intereses científicos (ex: a aplicación práctica dunha teoría),coma subxectivos, como por exemplo, a existencia de colectividades ou grupos sociais a favor ou en contra dunha teoría concreta, ou a existencia deproblemas éticos, de tal maneira que a actividade científica vese influenciada polo contexto histórico-sociolóxico no que se desenvolve. Así, os historicistas, ao contrario que os formalistas, dan máis importancia tanto aosuxeito que leva a cabo a investigación, coma ao contexto histórico e sociolóxico no que está inmerso.

Inconmensurabilidade

[editar |editar a fonte]

Na súa obraA Estrutura das Revolucións científicas, Kuhn introduce ademais a noción deinconmensurabilidade dos paradigmas que se refire á incapacidade de comparar as teorías entre si. SegundoKuhn, os paradigmas poden ter diferenzas de tres tipos:

Estas diferenzas entre paradigmas marcan que son incomparables, pois non existe unha linguaxe común e neutral que adapte unha teoría a outra. Neste momento non se pode dicir que un paradigma é mellor ou peor ca outro, pero o avance da ciencia irá determinando a incompatibilidade entre eles ata que un acabe dominando sobre o outro, dando lugar a unha nova revolución científica.

Obra

[editar |editar a fonte]
  • A revolución copernicana: a astronomía planetaria no desenvolvemento do pensamento occidental, 1957.
  • A función da medida na física moderna, 1961.
  • A estrutura das revolucións científicas,1962. Traducida ao galego no2000, publicada polaUniversidade de Vigo.
  • A función do dogma na investigación científica,1963.
  • Postdata,1969.
  • A tensión esencial,1977.
  • A teoría do corpo negro e a descontinuidade cuántica,1987.
  • O camiño da estrutura,1990.
  • O problema coa filosofía da historia e da ciencia,1992.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Thomas KuhnModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Thomas_Kuhn&oldid=6661896»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp