É filla deDragan Mladenovic, un ex xogador debalonmániugoslavo, que en 1992 fichou poloDunkerke Handball da liga francesa para escapar daconflito dos balcáns. Tanto el como a súa muller Dzenita (Nada Helic), xogadora profesional devoleibol, recibiron a nacionalidade francesa e polo tanto tamén os seus fillos. O seu irmán máis novo, Luka, é futbolista e xoga noCalais RUFC.
Kristina converteuse en profesional en 2008. Ata o de agora o seu único título en individuais acadouno no torneo de San Petersburgo en 2017, e o seu mellor posto na clasificación daWTA é o 12º na semana do 19 de xuño do 2017. Kristina destaca nos dobres, onde gañou 16 títulos entre os que destaca oRoland Garros do 2016 conCaroline García e os dobres mixtos deWimbledon eAustralia xunto ó canadenseDaniel Nestor.