Kristianstad é unha cidade sueca nocondado de Skåne e é a capital domunicipio de Kristianstad. No ano2017 tiña unha poboación de 40 653 habitantes. Durante os últimos 15 anos pasou de ser unha cidade gornición a unha desenvolvida cidade comercial.
A cidade foi fundada despois daguerra de Kalmar en1614 polo reiCristián IV de Dinamarca (o seu nome significa literalmente "Cidade de Cristián") como unha localidade planeada tras o incendio da próxima cidade deVä[1] e pasando os dereitos das veciñasSölvesborg eÅhus ao novo asentamento. O propósito de Kristianstad era salvagardar a metade oriental da provincia dinamarquesa de Scania contra futuras incursións de Suecia dende o norte, pero tamén como símbolo do poder do propio Cristián. Unha desas incursións saqueara a cidade de Vä en1612. Vä perdeu entón a súa carta e a xente trasladouse á nova e mellor fortificada cidade. O rei tamén fundou a cidade deChristianopel no leste deBlekinge cun propósito semellante.
A cidade foi construída dende o principio como unha fortaleza, con murallas, fosos e bastións. O obxectivo era protexela dos suecos, que devastaran a área. A cidade só foi de propiedade danesa durante uns 40 anos, ao pasar a mans suecas en1658 tras a paz de Roskilde. Porén, os daneses regresaron durante aguerra de Skåne en 1675-1679 durante dous anos e tamén en1710, pero só durante un mes.
A construción das cidades foi un proxecto moi prestixioso para o rei, e aigrexa de Kristianstad (danés:Trefoldighedskirken;sueco:Heliga Trefaldighetskyrkan) está considerada por moitos un dos edificios máis fermosos construídos por Cristián IV, ou incluso a igrexa renacentista máis fermosa do norte deEuropa. O rei tamén quería un castelo ou fortaleza dentro da cidade, pero a escaseza de fondos fixo a súa construción imposible. Só se chegou a construír un arsenal que no presente serve como principal edificio do museo local. A planificación urbana doRenacemento puido establecerse por primeira vez na fundación da cidade. Isto fai que o centro de Kristianstad no presente estea tan ben conservado e sexa moi doado de percorrer.
O escudo de armas da cidade representa dous leóns agarrando a insignia coroada do rei Cristián IV, o monograma C4. O escudo de armas só foi lixeiramente modificado despois de queSuecia se fixese co control da cidade tras oTratado de Roskilde de1658 segundo o cal o terzo leste deDinamarca era cedido a Suecia. O escudo de armas é moi semellante ao da antiga cidade deChristianopel, no leste deBlekinge, fundada tamén polo rei Cristián IV. Dende1971, o escudo de armas é usado polomunicipio de Kristianstad. Trátase dun dos poucos no mundo en representar o escudo de armas dun rei ou raíña estranxeiro. Unha razón pola que os suecos segue usando o vello escudo é polas súas cores, azul e amarelo.
Pylyp Orlyk foi elixido despois de1709Hetman no exilio polos cosacos e o rei suecoCarlos XII. Mentres se atopaba enBender, Orlyk escribiu unha das primeiras constitucións estatais de Europa. EstaConstitución de Pylyp Orlyk foi confirmada por Carlos XII e tamén o nomea como "protector de Ucraína". Despois de1714 Orlyk, desta vez xunto con varios cosacos, seguiron ao rei Carlos XII a Suecia. Orlyk, a súa familia e ao redor de 40 cosacos máis chegaron aYstad a finais de novembro de1715. Tras varios meses en Ystad viviron en Kristianstad durante varios anos.[2] Orlyk escribiu numerosas proclamas e ensaios sobre Ucraína, incluída a Constitución de Pylyp Orlyk.[3]
Kristianstad serviu como capital docondado de Kristianstad entre1719 e1997. No presente alberga a administración e o parlamento rexional do Consello Rexional de Skåne. Durante moito tempo Kristianstad tamén foi unha cidade gornición moi importante, o Rexemento de Artillaría A 3 Wendes e o Rexemento de Infantaría P 6 Norra skånska regementet foron as unidades militares máis famosas da cidade. Kristianstad tamén foi fogar durante moitos anos da chamada o the town housed for many years the so-called Brigada de Fortificación de Escania. O Rexemento de Artillaría Wendes serviu con distinción nasguerras napoleónicas. Unha das maiores cortes de apelación de Suecia estaba situada en Kristianstad antes de ser trasladada aMalmö en1917.
O punto máis baixo deSuecia, a 2,41 metros por debaixo do nivel do mar, está situado en Kristianstad. Debido a isto, partes da cidade teñen que ser protexidas de inundacións por un sistema de diques e bombas de auga. Para ampliar a cidade, grandes áreas de zonas húmidas baixas tiveron que ser amuralladas, especialmente no leste. Para evitar futuras inundacións do centro da cidade, estanse a reforzar os diques e construíndose uns novos tanto contra o ríoHelge å como contra o lagoHammarsjön. Tamén se está construíndo un amplo sistema de estanques e encoros. A ameaza de inundacións fíxose substancial durante finais do inverno de2002, cando a meirande parte do parque público Tivoliparken quedou asolagado.[4] Porén, as zonas húmidas ao redor da cidade están comezando a ser consideradas un activo máis grazas á creación da reserva da biosfera de Kristianstads Vattenrike.[5]