Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Kriegsmarine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bandeira daKriegsmarine.

Kriegsmarine ("Mariña de Guerra") foi a designación usada para a mariña deAlemaña entre1935 e1945, durante o réxime nazi, substituíndo o tradicional nomeReichsmarine (Mariña do Imperio). A Kriegsmarine foi un dos tres corpos oficiais daWehrmacht (forzas armadas), xunto coHeer (exército) e aLuftwaffe (forza aérea).

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixes

[editar |editar a fonte]

Polos termos doTratado de Versalles,Alemaña só podía posuír unha armada formada por 15.000 persoas, seis grandes buques de non máis de 10.000 toneladas, seiscruceiros, docedestrutores, docetorpedeiros e ningúnsubmarino. Porén, xa antes da toma do poder polos nazis o rearmamento naval alemán comezara coa botadura do primeiro acoirazado de peto, oDeutschland, en1931.

Cando os nazis chegaron ao poder en1933,Adolf Hitler comezou a ignorar a maioría das restricións do tratado e acelerou o rearmamento deAlemaña. O acordo naval anglo-xermano do18 de xuño de1935 permitiulle aAlemaña construír unha armada equivalente ao 35% da tonelaxe dos barcos de superficie británicos, e un 45% da tonelaxe de submarinos; osacoirazados estaban limitados a non máis de 35.000 toneladas. Ese mesmo ano aReichsmarine foi renomeada comoKriegsmarine.

Rearmamento

[editar |editar a fonte]

Despois da ocupación deChecoslovaquia,Alemaña abandonou todas as pretensións de adherencia a tratados que limitasen a súa armada.

O programa de construción naval alemá, bautizado comoPlan Z, ultimouse en1938, e planeaba construír uns 800 barcos entre1939 e1947. Este incluía a construción de: dezacoirazados e cruceiros de batalla, catroportaavións, 15 cruceiros pesados (Panzerschiffe), 44 cruceiros lixeiros, 158 destrutores e torpedeiros, 249 submarinos e numerosas embarcacións menores. Pretendíase tamén acadar uns 200.000 homes naKriegsmarine.

Debido á cantidade de esforzos que esixía o programa, e a que tamén o exército e a forza aérea estaban aumentando os seus efectivos, este non se atopaba moi avanzado cando estoupou asegunda guerra mundial. De feito, a súa posta en práctica só comezaría en xaneiro de1939 cando foron botados tres acoirazados da "Clase H" e dous cruceiros lixeiros da "Clase M". Para o1 de setembro dese ano, a armada tiña só unha forza de 78.000 persoas, e aínda non estaba preparada para adoptar un papel protagonista na guerra. Coas expectativas postas nunha rápida vitoria alemá por terra, oPlan Z foi atrasado e os seus recursos iniciais foron redireccionados para a construción deU-boats.

Segunda guerra mundial

[editar |editar a fonte]

Os feitos máis importantes dasegunda guerra mundial onde participou aKriegsmarine durante o primeiro ano de guerra foi aBatalla do Río da Prata e o afundimento do HMSRoyal Oak e o HMSCourageous. ABatalla do Atlántico comezaría ese ano, aínda que a frota de submarinos alemá estaba paralizada pola escaseza de bos portos dende os cales atacar os barcos aliados.

En abril de1940, a principal acción onde actuou foi a invasión deNoruega, onde sufriu perdas moi importantes, incluíndo o cruceiro pesadoBlücher, afundido pola fortaleza costeira de Oscarsborg noOslofjord (fiorde deOslo), e dez destrutores perdidos naBatalla de Narvik. AKriegsmarine afundiría tamén un bo número de buques ingleses, incluíndo o portaavións HMSGlorious.

As perdas na campaña norueguesa fixeron que só uns poucos barcos pesados estivesen preparados para actuaren na planeada, aínda que nunca levada a cabo, invasión deGran Bretaña, a chamadaUnternehmen Seelöwe (Operación León Mariño), no verán de1940. Despois da caída deFrancia e da conquista deNoruega, a frota desubmarinos alemáns foi levada máis preto das rutas británicas noAtlántico. Ao principio, os convois mercantes británicos carecían de escoltas equipados conrádar; polo tanto, os submarinos eran moi difíciles de detectar durante os seus ataques de superficie nocturnos. Ese ano foi por esas razóns un dos máis exitosos, debido á cantidade de mercantes afundidos en comparación cos submarinos perdidos.

Italia entrou na guerra en xuño de1940, e nese momento comezaría aBatalla do Mediterráneo. Dende setembro de1941 ata maio de1944, 62 submarinos alemáns foron enviados a ese novo escenario. Estes submarinos afundiron 24 grandes buques ingleses (incluíndo 12 destrutores, 4 cruceiros, 2 portaavións e 1 acoirazado) e 94 mercantes. Ningún dos submarinos doMediterráneo volverían ás súas bases ao final da guerra, sendo todos eles afundidos, ben polo inimigo ou polas súas propias tripulacións.

O acoirazadoBismark en Hamburgo no ano 1940.

En1941 oBismarck, un dos catro modernosacoirazados alemáns, afundiu o HMSHood mentres patrullaba poloAtlántico buscando convois mercantes. Malia todo, oBismarck sería cazado polas superiores forzas británicas e sería alcanzado gravemente polotorpedo dun avión e afundido antes de que puidese enfrontarse con dous acoirazados británicos.

Ao longo da guerra aKriegsmarine foi responsable da artillaría costeira, que protexía os grandes portos e as zonas importantes de costa e tamén se encargou da artillaría antiaérea que protexía os devanditos portos.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kriegsmarine&oldid=6673103»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp