Косово поље (sr) Fushë Kosovë (sq) ![]() | |||||
Epónimo | Kosovo Field(en)![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado unitario | Kosovo | ||||
Distrito(pt)![]() | Pristina(pt)![]() | ||||
Municipality of Kosovo(en)![]() | Município de Kosovo Polje(pt)![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 12.919(2011)![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 412 km²![]() | ||||
Altitude | 543 m![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12000![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | kk.rks-gov.net…![]() |
![]() | Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo. |
Kosovo Polje ouFushë Kosova (serbio latino:Kosovo Polje,serbio cirílico:Косово Поље,albanés:Fushë Kosovë ouFushe Kosovo), literalmente "Campo de Kosovo" ou "Campo dos merlos", ás veces enalemán:Amselfeld) é unha cidade e municipio no distrito dedistrito de Pristina, enKosovo (Serbia),[1] a 8 km ao suroeste da capital,Pristina.
En2003 a cidade tiña unha poboación total de 28.600 habitantes. A poboación estimada do municipio é dunhas 50.000 persoas, segundo datos daOSCE.[2]
Kosovo Polje é a cidade máis próxima ao escenario dabatalla de Kosovo de1389, onde oImperio Otomán venceu a resistencia serbia para a súa anexión, polo que é un lugar moi importante na cultura serbia.
En abril de1987 converteuse no escenario dun famoso incidente candoSlobodan Milošević —naquel momento presidente daLiga dos Comunistas de Iugoslavia— foi enviado aoconcello da cidade para calmar a unha multitude de serbios que protestaban furiosos pola discriminación á que estaban sendo sometidos polos albaneses de Kosovo, que dominaban a administración. Cando os cidadáns serbios se queixaron de que foran mallados pola policía albanesa, Milošević díxolles:"Ninguén debería atreverse a golpearvos... ninguén ten dereito a golpearvos." O incidente de Milošević deulle o apoio da poboación serbia, o que o catapultaría á presidencia de Serbia dous anos máis tarde.
O28 de xuño de1989, Milošević presentouse ante aproximadamente un millón de serbios no 600º aniversario no lugar da batalla de Kosovo, nas inmediacións da cidade, onde pronunciou o famosodiscurso de Gazimestan, nunha exaltación dos ideais serbios, arengando ás masas en recordo da batalla e apelando á unidade dos serbios para os momentos difíciles que prevía.[3] Segundo aHistorical and Investigative Research, a posterior manipulación da mensaxe deste discurso trouxo funestas consecuencias para os posteriores sucesos na rexión.[4]
Antes daguerra de Kosovo de1999, Kosovo Polje era a localidade de Kosovo onde a poboación serbia representaba maior porcentaxe (24 %). OAlto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) estimou en marzo de1998 que a súa poboación (estimada en 40.000 habitantes) tiña ao redor dun 24 % deserbios, un 59 % dealbaneses e un 17 % doutras comunidades nacionais. Segundo algunhas estimacións, antes do despregue daKFOR, 20.000 serbios residían na zona, dos que só quedaron uns 2.000.[5]
Kosovo Polje viviu unha violencia considerábel antes, durante e despois da guerra. En decembro de1998, o tenente de alcalde dos serbios de Kosovo Polje foi asasinado por combatentes doExército de Liberación de Kosovo (UÇK) a pesar de que amosara unha liña moderada nas relacións entre os serbios e os albaneses. Secuestros e asasinatos de serbios e albaneses continuaron até que comezou a guerra. Gran parte da poboación albanesa da cidade foi expulsada pola forza, supostamente polos serbios locais e paramilitares, e moitos albaneses foron asasinados.
Ao final da guerra, en xuño de1999, a maioría albanesa que fora expulsada regresou á cidade, mentres que moitos dos serbios a abandonaron. A poboación serbia restante quedou nunenclave nunha rexión dominada por albaneses. Miles de serbios e xitanos doutras partes de Kosovo, que fuxiran dos seus fogares, refuxiáronse en Kosovo Polje, onde se estableceu un campamento de refuxiados.
As tensións étnicas estalaron en varias ocasións nos anos posteriores á guerra e un importante número de serbios foi asasinado por extremistas albaneses.[6] Baixo esta presión continua, a poboación serbia de Kosovo Polje reduciuse progresivamente até que, en xullo de2002, o diarioBlic informou que só 550 serbios permanecían na cidade.