Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Kosovo

Coord.:42°33′N20°50′L / 42.55,20.83
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKosovo
Republika e Kosovës (sq)
Република Косово (sr-cyrl)
Republika Kosovo (sr-latn)
Република Косово (bg)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoEuropa (11 de agosto de 2008)Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 42°33′N20°50′L / 42.55,20.83
Territorio reivindicado porProvíncia Autônoma de Kosovo e Metohija(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
CapitalPristinaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.586.659(2024)Editar o valor en Wikidata (145,44hab./km²)
Número de fogares353.702 (2024)Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua albanesa
lingua serbiaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie10.909,02992 km²Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoGjeravica (2.656 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación17 de febreiro de 2008Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentariaEditar o valor en Wikidata
• Presidente(pt)TraducirEditar o valor en WikidataVjosa Osmani(2021–)Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno do Kosovo(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro(pt)TraducirEditar o valor en WikidataAlbin Kurti(2021–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia do Kosovo(pt)Traducir ,(Escano: 120)Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal9.412.034.299 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivelsen valorEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+383Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112Editar o valor en Wikidata
Código de paísXK e sen valorEditar o valor en Wikidata

Sitio webrks-gov.netEditar o valor en Wikidata
BNE: XX4575593
Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Kosovo[1][2] (enalbanés,Kosova ouKosovë; enserbio,Косово), oficialmenteRepública de Kosovo (enalbanés,Republika e Kosovës; enserbio,Република Косово), é un estado parcialmente recoñecido situado no centro dapenínsula dos Balcáns, ao sueste deEuropa. Kosovo declarou unilateralmente a súa independencia deSerbia o 17 de febreiro de 2008,[3] e dende entón, obtivo o recoñecemento diplomático como estado soberano por parte de 101 estados membros daONU. Limita conSerbia ao norte e ao leste, conMacedonia do Norte ao sueste, conAlbania ao suroeste e conMontenegro ao noroeste. Abrangue unha superficie de 10 980 km2 e posúe unha poboación estimada de 1 806 279(2022). A súa capital e cidade máis poboada éPristina,[4] seguida porPrizren e Ferizaj.

Na antigüidade, a tribo central que xurdiu no territorio de Kosovo foi a dos dárdanos, que formaron un sistema político independente coñecido como oReino de Dardania noséculo -IV. OImperio Romano anexionouno noséculo -I, e durante o seguinte milenio o territorio seguiu formando parte doImperio Bizantino, cuxo dominio viuse alterado polas invasións eslavas a partir doséculo VI-VII. Nos posteriores séculos, o control da zona alternouse entre os bizantinos e o Primeiro Imperio Búlgaro. Noséculo XIII, Kosovo converteuse no núcleo do estado medieval serbio, sendo tamén a sede da Igrexa Ortodoxa Serbia dende oséculo XIV, cando o seu status foi elevado a patriarcado.[5] A expansión otomá nosBalcáns a finais doséculo XIV eXV provocou o declive e a caída doImperio Serbio; abatalla de Kosovo de 1389 considerase un dos momentos decisivos na historia medieval serbia. Os otománs conquistaron totalmente a rexión trala Segunda batalla de Kosovo. OImperio Otomán gobernou a zona durante case cinco séculos, ata 1912.

Despois daprimeira guerra balcánica (1912-1913) Kosovo integrouse noReino de Serbia. A constitución deIugoslavia, fundada despois daprimeira guerra mundial, recoñeceu áprovincia Autónoma Socialista de Kosovo e Metohija (enserbio: Аутономна Покрајина Косово и Метохија,Autonomna Pokrajina Kosovo i Metohija) dentro daRepública Iugoslava de Serbia.

As longas tensións étnicas entre osalbaneses de Kosovo (un 88% da poboación segundo datos de2003) e as poboaciónsserbias deixaron un Kosovo etnicamente dividido, o que deu lugar a episodios de violencia interétnica, incluíndo aguerra de Kosovo de1999. Esta guerra rematou coa aceptación por parte daRepública Federal de Iugoslavia de dar fin ao exercicio da súa soberanía á espera dunha resolución sobre o estatuto final. En virtude da resolución 1244 doConsello de Seguridade das Nacións Unidas, o goberno pasou ás mans daONU coa administración daMINUK.

A primeira declaración da independencia da República de Kosovo tivo lugar en1990, pero non foi recoñecida, agás porAlbania. O17 de febreiro de2008 a República de Kosovodeclarou unilateralmente a súa independencia como Estado propio. A República mantén o control sobre a maioría do territorio, excepto zonas comoKosovo do Norte, o maior enclave serbio baixo control das institucións daRepública de Serbia (ou outras estruturas paralelas subvencionadas polo goberno serbio). A República de Kosovo está recoñecida por 98 estados membros dasNacións Unidas, entre eles osEstados Unidos,Xapón e até 22 membros daUnión Europea. Serbia, ademais doutros Estados, non recoñece a secesión kosovar e considera ao territorio unha entidade gobernada pola ONU dentro da súa soberanía, malia declarar aCorte Internacional de Xustiza que a conversión en Estado de Kosovo non vulnera a legalidade internacional.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]
Paisaxe kosovar.

A orixe do topónimo Kosovo parece ser de orixe eslava.[6] Enserbio a palabraкосово (enalfabeto latino:Kosovo, pronunciado [ˈkɔsɔvɔ]) é o adxectivo posesivo neutro deкос (kos, merlo). Trataríase, logo, dunha elipse do nome Kosovo Polje (lugar da famosabatalla de Kosovo no 1389) que significacampo dos merlos. Enlingua galega, á parte deKosovo, recóllense as denominaciónsKosova,Kósovo,Cosova eCosovo.

Dentro do país,[7] a pronunciación e a escritura do nome varían considerablemente entre os principais grupos étnicos. Os albaneses utilizanKosova (forma definida, pronunciada [kɔˈsova]) ouKosovë (forma indefinida, pronunciada [kɔˈsoːv]) e osserbios prefiren a denominaciónКосово и Метохија (Kosovo i Metohija), distinguindo a zona oriental (á que chaman Kosovo) da occidental (Metohija).

Metohija deriva dapalabra grega μετόχια (metochia) que significa "terra propiedade da igrexa" xa que ,historicamente, os mosteiros daIgrexa ortodoxaserbia situáronse principalmente en Kosovo. O nome en xeral é empregado polos serbokosovares mentres que osalbanokosovares denomínanoRrafsh e Dukagjinit ("meseta do duque Gjin", na honra dun nobre albanés). Durante o goberno serbio a zona denominábase oficialmente "Kosovo e Metohija", aínda que ás veces se empregaba a contracciónKosmet.

As organizacións internacionais tentaron utilizar a fórmula Kosovo/Kosova como un camiño intermedio entre ámbalas dúas posicións, que a miúdo son consideradas ofensivas polo outro grupo étnico. Porén, mentres o uso serbio asentou con maior forza na comunidade internacional, o albanés é utilizado polas forzas de ocupación asentadas no país.

Historia

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Historia dos eslavos do sur.

Dardania

[editar |editar a fonte]
Muros dun antigo asentamento romano en Ulpiana, unha das principais localidades da antiga Dardania.

Non se coñece moito sobre Kosovo antes doséculo XI. Sábese que durante oNeolítico, o actual territorio de Kosovo estivo baixo dominio da denominada cultura de Vinča-Turdaş, habendo vestixios arqueolóxicos de tumbas dasIdades de Bronce e deFerro en Metohija, mais non na zona oriental. Os dardanios e tribalios, tribosindoeuropeas de orixetracio-iliria, habitaron no lugar entre osséculos IV eIII a. C. Arredor do ano160 a. C., a zona comezou a ser conquistada polos romanos e sendo integrada dentro do seuImperio como parte daprovincia de Iliria no ano59 a. C. A zona, denominada Dardania, pasaría formar parte daMesia Superior no ano87 e logo constituiría a súa propia división preto do ano284 baixo o goberno deDiocleciano, con capital na actual cidade deNiš (ao sur deSerbia).

No final doséculo VI e comezos doséculo VII, unha onda de migracións depobos eslavos chegaron á rexión baixo dominio doImperio bizantino, mesturándose coslatinos e ostracio-ilirios que habitaban o lugar. O Primeiro Imperio Búlgaro conquistou a zona arredor dosanos 850, sendo reconquistada porConstantinopla en1018 baixo o mando do emperadorBasilio II. Diversos pequenos reinos serbios estabelecéronse na zona noroeste de Kosovo, liderando a resistencia eslava ao dominio bizantino, mentres as culturas de ambos se ían mesturando co paso dos anos. Finalmente, a zona quedaría baixo o dominio do principado serbio deRaška tralas vitorias deStefan Nemanja contra o principado deDuklja (actualMontenegro) e do seu sucesor,Stefan Prvovenčani, en1216.

A Idade Media

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Batalla de Kosovo.
Batalla de Kosovo de 1389 (óleo de Adam Stefanović, 1870).

O principado deRaška unificaría os diversos territorios habitados polos serbios ao terminar oséculo XII. O territorio de Kosovo e Metohija converteuse noséculo XIII no corazón do goberno daCasa de Nemanjić, que localizou a capital enPrizren. Ademais, instalouse na rexión o centro espiritual daIgrexa Ortodoxa Serbia, logo de que o seu Patriarcado situárase enPeć e diversos mosteiros fixesen o mesmo na rexión de Metohija.Pristina era unha das principais urbes do país e un importante centro de comercio que controlaba tódalas rutas en dirección aos portos sobre omar Adriático. Aminería era unha importante industria en Novo Brdo e Janjevo, chegando a primeira a producir arredor do1450 máis de seis toneladas deprata por ano.

O principado alcanzaría o seu máximo esplendor durante o reinado deStefan Uroš IV Dušan Nemanjić coa formación doImperio Serbio en1346 e transformou a monarquía absolutista nungoberno feudal, asignando as terras que actualmente forman Kosovo á familia dos Branković, sucesora da dinastía Nemanjić. Daquela, a composición étnica da poboación kosovar, aínda que era maioritariamente de orixe serbia, albergaba importantes comunidadesgregas ebúlgaras, ademais de mineiros de orixesaxoa e comerciantesragusanos.

Trala morte de Stefan Dušan, o imperio colapsou e disolveuse en diversos feudos. Os serbios, concentrados en diversas rifas internas, estaban débiles e indefensos ante un ataque exterior, o cal foi aproveitado poloImperio Otomán en plena expansión. As tropas otomás avanzaron rapidamente sobre os territorios baixo dominioeslavo até se enfrontar na decisivaBatalla de Kosovo no chamado Campo de Kosovo (ouKosovo Polje), o28 de xuño de1389. No enfrontamento morreron os líderes de ambos os exércitos, o príncipe serbioLazar Hrebeljanović e osultánMurad I, e a pesar da inmensa superioridade numérica dos invasores, estes lograron unhavitoria pírrica. A derrota en Kosovo integrouse á mitoloxía nacional serbia, mentres os otománs non lograron facerse coa dominación sobre Serbia, que mantivo a súa independencia. Só en1455, o Imperio Otomán lograría finalmente conquistar Kosovo e derrotar definitivamente aos serbios.

Dominación otomá

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Imperio Otomán.
Vista dun antigo mosteiro ortodoxo enPrizren.

Trala conquista otomá, o actual territorio kosovar pasou facer parte deRumelia, que correspondía a grandes liñas ao territorio abarcado poloImperio Otomán enEuropa. Diversas entidades administrativas, denominadassanjak, formáronse en Kosovo ao cargo dunsanjakbeyi.

O Valiato de Kosovo entre1875 e1878.
O Valiato de Kosovo entre1881 e1912.

O principal cambio trala invasión foi o proceso deislamización efectuado na zona e que comezou pouco despois da chegada dos otománs. A pesar de que estes tiñan o dominio absoluto do territorio, foi un proceso lento e que tomou unha cantidade considerable de tempo, polo menos dun século, e que se concentrou inicialmente nas cidades. Moitos habitantescristiáns adoptaron a nova fe, principalmente por razóns económicas e sociais debido aos considerables beneficios e dereitos outorgados aos musulmáns. Esa conversión foi seguida pola chegada de colonos arnautas (albaneses islamizados) a partir doséculo XVII, que comezaron a aumentar en número fronte aos habitantes de orixeeslava. A vida relixiosa cristiá continuou a pesar das dificultades, pero tanto as igrexas ortodoxas como as católicas e os seus fieis enfrontáronse a altos niveis de impostos.

En1689, Kosovo foi enormemente desestabilizado pola guerra entre os otománs e oSacro Imperio Romano Xermánico baixo o dominio daCasa de Habsburgo. En outubro dese ano, unha pequena forza austríaca ao mando do margraveLudwig von Baden logrou avanzar até Kosovo, capturandoBelgrado no camiño. Moitos serbios xuraron lealdade aosaustríacos, chegando algúns mesmo a unirse ao exército de von Baden. Pola súa banda, os arnautas deron o seu apoio aos otománs. No verán seguinte, con todo, un contraataque otomán obrigou aos austríacos a retirarse á fortaleza en Niš, próxima a Belgrado, e finalmente a retroceder máis aló doDanubio, volvendo aHungría.

A ofensiva otomá foi acompañada por represalias salvaxes e saqueos, principalmente contra os serbios, polo cal moitos se viron forzados a emigrar xunto ás tropas austríacas. O patriarca ortodoxo serbio Arsenije III fuxiu xunto a máis de 30.000 eslavos segundo os seus rexistros no evento coñecido como a "Gran Migración" (enserbio: Велике сеобе,Velike seobe ). Ante esta situación, Kosovo converteuse nunha rexión de predominio étnico albanés, aínda que se mantiveron minorías cristiás por moitos séculos.

No final doséculo XIX deuse o xurdimiento dos sentimentos nacionalistas por parte dos albaneses, o cal tamén repercutiu naqueles que vivían no territorio kosovar. O goberno realizou unha reforma administrativa creando en1864 a provincia ou Valiato de Kosovo, abarcando territorios que inclúen hoxe parte deAlbania, deMacedonia do Norte e deMontenegro. Con todo, estas reformas non foron suficientes para aplacar os desexos de maior autonomía. Así, o10 de xullo de1878 formouse aLiga de Prizren na cidade kosovar homónima, onde catro valiatos de etnia albanesa (incluíndo o de Kosovo) aliáronse para loitar pola súa autonomía e para defender o territorio dos reinos eslavos próximos, que derrotaran aos turcos na recenteguerra ruso-turca, aínda que a liga sería desintegrada en1881 por forzas do sultanato.

O territorio vería a súa sorte confrontada polos resultados daPrimeira esegunda guerra balcánica. A derrota definitiva do Imperio Otomán na primeira implicou o retiro definitivo dos turcos en gran parte dosBalcáns, incluíndo Kosovo, e permitiu a formación deAlbania como nación-estado para os habitantes desa etnia. Con todo, a vitoria nesas guerras foi aproveitada por Serbia para recuperar os antigos territorios baixo o seu dominio, incluíndo Kosovo e o norte de Macedonia. Con iso, presúmese que un terzo do total da poboación albanesa quedou dentro das fronteiras de Serbia.

Iugoslavia

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija (1946-1974) e Provincia Autónoma Socialista de Kosovo.
Véxase tamén:Iugoslavia, República Federal Socialista de Iugoslavia e República Socialista de Serbia.
Kosovo en1941.

Despois daprimeira guerra balcánica de1912, Kosovo foi internacionalmente recoñecido como parte doReino de Serbia, e Metohija converteuse en parte doReino de Montenegro segundo o Tratado de Londres asinado o ano seguinte. A integración de Kosovo en Serbia provocou un forte cambio demográfico: miles de familias albanesas trasladáronse ao novo Estado-nación deAlbania, mentres as novas autoridades fomentaron un plan de colonización serbia e procedementos delimpeza étnica, que incluíron matanzas de albaneses. O estalido daprimeira guerra mundial xeraría unha oportunidade para os albaneses de recuperar parte da súa autonomía, aliándose algúns dos seus líderes coas tropas deAustria-Hungría e doReino de Bulgaria, que forzaron o retiro das tropas serbias entre1914 e1915; con todo, a participación dos exércitos daTripla Entente permitirían a derrota dosImperios Centrais e a vitoria serbia.

En1918, co fin daGran Guerra,[8] Montenegro foi absorbido por Serbia e posteriormente este país unificaríase cos territorios formados trala desintegración doImperio Austrohúngaro, nacendo así oReino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, que adquiriría en1929 o nome deReino de Iugoslavia. Kosovo foi dividido en diversas administracións menores e a persecución de albaneses continuou, negándolles status de minoría ao consideralos "secesionistas". En1921, gruposalbanokosovares denunciaron os asasinatos masivos ante aSociedade de Nacións, solicitando a unificación do territorio con Albania, o que foi denegado. En tanto, centos de miles de albaneses fuxiron do país e mesmo o goberno iugoslavo estableceu conversacións conTurquía para a deportación de 240.000albanokosovares.

No marco dasegunda guerra mundial,[9] os exércitos dasPotencias do Eixo invadiron Iugoslavia en1941, desarticulándoa en diversos territorios baixo o seu dominio. Gran parte de Kosovo foi entregado áGran Albania ocupada polaItalia fascista, o sur quedou baixo a administración doReino de Bulgaria e o norte polaSerbia de Nedić. Durante a ocupación, os grupos armados albaneses locais (chamadosVulnetari) iniciaron unha campaña para establecer un territorio kosovar homoxeneamente étnico, para o que se realizaron redadas e deportacións deeslavos,xudeus exitanos, o que se incrementaría trala capitulación italiana e a ocupación de Albania por parte daAlemaña nazi ensetembro de1943. Estímase que entre 10.000 e 30.000 serbios foron asasinados e máis de 100.000 fuxiron da zona.

Á medida que as forzas do Eixo eran dobregadas polas tropas dosAliados, a resistencia albanesa á ocupación aumentou e comezaron a desprazar ás forzas alemás. Con todo, o status de Kosovo foi motivo de enfrontamento entre os nacionalistas e partisanos comunistas: mentres os primeiros esperaban que unha vez finalizado o conflito Kosovo permanecese en Albania, os segundos esperaban que unha vez liberada e rearticulada Iugoslavia esta cedese o territorio de forma pacífica. A vitoria dos partisanos e o seu apoio ás tropas iugoslavas deJosip Broz Tito finalmente decidiu a permanencia de Kosovo na recentemente formadaRepública Democrática Federal de Iugoslavia en1946.

Antiga bandeira dosiugoslavos delingua albanesa.

En1946, e como recompensa polo apoio á liberación iugoslava, o réxime de Tito creou unha división política para Kosovo por primeira vez dende a fin da dominación otomá. Na novaRepública Federal Popular de Iugoslavia, formouse aÁrea Autónoma de Kosovo e Metohija pertencente administrativamente áRepública Socialista de Serbia, con certos graos de autonomía, e que en1963 obtería a calidade de Provincia. No marco das políticas de Tito de "irmandade e unidade", a autonomía das diferentes etnias aumentou durante osanos 1970, reducindo o poder dos serbios coa fin de evitar o secesionismo. Isto concertaríase en1974 coa nova constitución daRepública Federal Socialista de Iugoslavia, que daría orixe áProvincia Autónoma Socialista de Kosovo. Con esta autonomía, as escolas foron capaces de aplicar un plan de estudos enlingua albanesa, o goberno local pasou ás mans dacomunidade albanokosovar e un dos seus membros integrou o Consello Federal do país con capacidade de veto, igualando o seu status aos representantes da República Socialista de Serbia, a pesar de aínda permanecer administrativamente baixo o seu dominio.

A guerra de Kosovo

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Guerra de Kosovo.
Vista dunha localidade kosovar en1999, destruída polaguerra de Kosovo.

O aumento da autonomía de Kosovo en favor dos albaneses xerou rozamentos coa comunidade serbia, que aínda constituía unha parte importante da rexión e que se sentía discriminada; ademais, a poboación kosovar cada vez era máis albanesa, debido ás altas taxas de natalidade dos albaneses en comparación cos serbios. Coa morte de Tito en1980, as tensións étnicas acrecentáronse en toda Iugoslavia e especialmente en Kosovo. Mentres os albaneses fixeron protestas para obter o status derepública e a súa secesión daRepública Socialista de Serbia, os serbios reclamaron máis dereitos contra a discriminación e a violencia étnica. Nos mediados da década dosanos 1980, en Serbia aumentou o nacionalismo, encarnado porSlobodan Milošević e o cal aproveitou para fomentar a súa carreira. Milošević rapidamente se converteu no líder de Serbia e logrou modificar en1987 o Consello Federal de tal forma que os representantes de Kosovo eVoivodina (outraprovincia autónoma da República Socialista de Serbia) no Consello Federal fosen electos pola República Socialista de Serbia, aumentando o poder desta división dentro de Iugoslavia (xa que pasaría a contar con tres votos no Consello en lugar do único que lle correspondía a cada entidade). Este cambio foi resistido tanto polosalbanokosovares que rapidamente xeraron protestas, como tamén polos representantes das outras repúblicas socialistas, principalmente asRepúblicas Socialistas de Croacia eEslovenia.

Pristina durante a guerra de Kosovo.

En1989,[10] a autonomía foi revogada e introducíronse unha serie de medidas que diminuíron a participación albanesa e mesmo propiciaron a expulsión de 80.000 membros desa comunidade dos seus traballos, coa fin de que emigrasen a outras rexións, mentres que se promoveu a colonización serbia. Así, a Asemblea de Kosovo ratificou unha nova constitución mentres ostanques e coches blindados cercaban o lugar, outorgando o control dapolicía, axustiza, aeconomía, osistema educativo e políticas lingüísticas ao goberno serbio. Os problemas repetíronse noutras partes do país, o que sumado ao proceso dedemocratización experimentado deron orixe ádisolución de Iugoslavia. Nun prazo de dous anos, entre1991 e1992, catro das seis repúblicas que formaban o país declararon a súa independencia, mentres queSerbia eMontenegro conformaron aRepública Federal de Iugoslavia. Todos estes novos estados enfrontáronse nunhaserie de enfrontamentos bélicos.

Kosovo,[11] aínda oficialmente parte de Serbia, declarou unilateralmente a súa independencia o22 de setembro de1991, a cal sería aprobada case unanimemente pola poboación albanesa. Unha serie de institucións gobernamentais paralelas foron creadas durante osanos 1990 baixo o liderado deIbrahim Rugova, electo en1992 como Presidente de Kósovo, mais este goberno non foi recoñecido internacionalmente. Nesa época, foi fundado oExército de Liberación de Kosovo (enalbanés:Ushtria Çlirimtare Kombëtare, UÇK) destinado a defender a autonomía albanesa estabelecida nestes anos. Posteriormente comezarían os enfrontamentos entre as guerrillas do UÇK e os exércitos iugoslavos, aínda que só en1998 xeraron interese nacomunidade internacional. Diversas organizacións tentaron lograr un acordo de paz que finalmente non foi alcanzado. As informacións sobre asasinatos masivos de albaneses na localidade de Račak influíron nas potencias occidentais para intervir directamente no conflito co pretexto de evitar alimpeza étnica, de xeito similar ao ocorrido anos antes naguerra de Bosnia. Posteriormente, a partir do ano2000, apareceron informes nos que se falaba de que os datos de vítimas, especialmente no caso de Račak, foran manipulados co obxectivo de precipitar a intervención daOTAN.

Emblema doUÇK.

Logo do fracaso darolda de negociacións de Ramboulliet,[12] aOrganización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) iniciou unha ofensiva contra o goberno iugoslavo, dando inicio oficialmente águerra de Kosovo. Entre o24 de marzo e o10 de xullo de1999, a OTAN bombardeou diversos obxectivos en Serbia, principalmente enBelgrado, causando miles de mortos e irreparables danos nas súas infraestruturas; mentres esta respondeu con diversos ataques contra os civís albaneses en Kosovo, xerando un enorme éxodo desta comunidade. SegundoNacións Unidas, convertéronse en refuxiados máis de 848.000 persoas, mentres a cifra de mortos estimouse en máis de 10.000 civís e a de desaparecidos en máis de 3.000. Durante a guerra, Robin Cook,ministrobritánico de Asuntos Exteriores, chegou afirmar que a cifra de mortos acadaba os 300.000. Despois de meses de traballo, os equipos doTribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia só contabilizaron 2.018 corpos exhumados.

Algúns historiadores[13][14] sosteñen que a guerra de Kosovo fixo parte dunha campaña orquestrada polosEstados Unidos co obxectivo de aumentar o seu control nosBalcáns e derrubar o réxime de Milošević. Argumentan que as cifras de mortos foron deliberadamente aumentadas, e queCIA|efectivos de intelixencia norteamericanos colaboraron coa guerrilla do UÇK, á que adestraron para a súa loita contra as forzas federais iugoslavas.

A Misión das Nacións Unidas (MINUK)

[editar |editar a fonte]
Torres daMINUK enPristina.
Artigo principal:Misión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo.

Trala derrota de Serbia naGuerra de Kosovo, oConsello de Seguridade das Nacións Unidas adoptou a Resolución 1244 a fin de dar unha solución transitoria ao problema kosovar. O territorio de Kosovo, aínda que se mantivode iure como parte daRepública Federal de Iugoslavia, pasou a ser administrado de forma autónoma e provisional polaMisión de Administración Interina das Nacións Unidas en Kosovo (MINUK) mentres a seguridade e estabilidade da zona e a conservación doalto o fogo foi encargada á forza multinacionalKFOR (Forza de Kosovo). A pesar disto, realizáronse varios actos de vinganza por parte de albaneses contra a comunidade serbia, o que provocou o éxodo dos afectados para Serbia; aínda que as cifras varían segundo a fonte, son entre 65.000 e 250.000 os desprazados. Outros grupos de serbios formaron enclaves nalgunhas zonas do país, especialmente no sector ao norte dorío Ibar.

Cos anos, logrouse certa estabilidade en Kosovo, fóra dunha onda de violencia en2004 rapidamente controlada. En2001, a MINUK decidiu entregar parte do goberno ácomunidade albanokosovar, formándose as Institucións Provisionais de Autogoberno dentro do novo cadro constitucional adoptado. Así, establecéronse a Asemblea de Kosovo, a Presidencia e o cargo de Primeiro Ministro, para as cales se realizaron as primeiras eleccións nacionais en Kosovo a fins dese mesmo ano.

Segundo o establecido pola Resolución 1244, constituíuse un proceso destinado a lograr un acordo para o futuro status de Kosovo. Os representantes da República Federal de Iugoslavia (que en2002 se converteu enSerbia e Montenegro, e que en2006 sería representada unicamente polaRepública de Serbia) postulaban que a Resolución 1244 garantía que Kosovo seguise sendo parte íntegra do país con diversos graos de autonomía, mentres os líderes kosovares afirmaron que a única solución era aindependencia. O7 de outubro de2005, a ONU recomendou ao Consello de Seguridade o inicio de conversacións para alcanzar un acordo sobre o status definitivo para a rexión, con base no informe elaborado polo enviado especial deKofi Annan.

Declaración de independencia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Declaración de independencia de Kosovo.
A escultura titulada NEWBORN (eninglés:Recentemente nado) foi inaugurada como símbolo dadeclaración de independencia de Kosovo o17 de febreiro de2008.
Celebración da independencia kosovar enViena.

O26 de xaneiro de2007,[15] o finlandésMartti Ahtisaari, enviado especial daONU para Kosovo, deu a coñecer os detalles preliminares da súa proposta para un status definitivo da provincia. Aínda que o texto non mencionou directamente a independencia, diversos puntos apuntaban a ela como a membresía en organizacións internacionais, a adopción de símbolos nacionais e dun corpo de seguridade propio. A proposta foi rexeitada por Serbia e porRusia, o seu principal aliado e con poder de veto no Consello de Seguridade; en tanto, foi benvida polas autoridades kosovares,Estados Unidos e oReino Unido. O3 de abril, Ahtisaari (quen posteriormente recibiría oPremio Nobel da Paz de2008 polo seu traballo en Kosovo, entre outros lugares) propuxo a "independencia supervisada" de Kosovo por parte da comunidade internacional para protexer as comunidades minoritarias, o cal foi novamente desestimado por serbios e rusos. Endecembro de2007, aUnión Europea decidiu o envío dunha "misión estabilizadora" (EULEX) á rexión de Kosovo destinada ao traspaso da misión da ONU en Kosovo ás mans europeas.

O rexeitamento da proposta de Ahtisaari deixou en punto morto as conversacións.[16] Así, as autoridades kosovares anunciaron as súas intencións de proclamar a súadeclaración de independencia de forma unilateral ante a fin do proceso diplomático. Ese anuncio concretouse finalmente o17 de febreiro de2008 cando o Parlamento de Kosovo, reunido en sesión especial,proclamou a súa independencia baixo o nome de República de Kosovo. Os Estados Unidos, o Reino Unido eFrancia apoiaron abertamente a declaración, mentres Serbia e Rusia rexeitárona totalmente. Diversas protestas realizáronse enBelgrado contra a declaración, mentres a maioría dos países daUnión Europea e dos estados balcánicos recoñeceron oficialmente o novo país.

Serbia anunciou[17][18] que non recoñecería o novo estado e decidiu presentar unha solicitude de opinión consultiva ante aCorte Internacional de Xustiza respecto da legalidade da declaración, solicitude que foi aprobada polaAsemblea Xeral das Nacións Unidas o8 de outubro de2008, con 77 votos a favor, 6 en contra e 74 abstencións. O22 de xullo de2010, a Corte emitiu a súa opinión sobre a materia en discusión, na que expuxo que a declaración efectuada por Kosovo non violou odereito internacional pois este non ten unha disposición activa que limite as declaracións de independencia. Aínda que a opinión consultiva limítase estritamente aos aspectos formais da declaración como acto de promulgación de independencia, representou un forte golpe para as intencións de Serbia, cuxas autoridades reiteraron que nunca recoñecerían a independencia kosovar. O goberno serbio decidiu presentar ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas un proxecto de resolución que reafirmase a súa soberanía sobre Kosovo, pero a presión dos principais países daUnión Europea (á cal Serbia desexa acceder) finalmente logrou cambiar a redacción da proposta aprobada, en que se solicita ás Nacións Unidas apoiar o diálogo entre os gobernos de Belgrado e Pristina para alcanzar acordos técnicos, a cal foi aprobada por aclamación.

Plena soberanía

[editar |editar a fonte]
Hashim Thaçi xunto conGeorge W. Bush e Fatmir Sejdiu naCasa Branca.

O10 de setembro de2012,[19] catro anos e medio despois de autoproclamar a súa independencia deSerbia, Kosovo accedeu á "plena soberanía" co anuncio do fin da misión de vixilancia doGrupo de Coordinación Internacional para Kosovo (ISG). "A supervisión de Kosovo rematou. Acudiremos ao Parlamento para informar aos deputados do feito de que o Grupo de Coordinación Internacional para Kosovo decidiu poñer fin á vixilancia da independencia", anunciou á prensa en nome doISG o diplomáticoneerlandés Peter Feith. Porén, a soberanía do goberno kosovar é limitada, xa que non controla o norte do territorio, habitado maioritariamente porserbios, os cales rexeitan a autoridade dePristina. Ademais, pese á decisión do ISG, seguen en curso dúas misións: a de policía e xustiza daUnión Europea (EULEX), con mandato até 2014, e a daOTAN en Kosovo (KFOR).

EnWashington, opresidente estadounidense,Barack Obama, saudou o anuncio, cualificándoo de "etapa histórica", e pediu a Pristina que traballe a normalización das súas relacións conSerbia, que segue sen recoñecer a independencia da que considera a súa provincia. O primeiro ministro kosovar,Hashim Thaçi, felicitouse polo que chamou "un éxito histórico para o Estado de Kosovo", engadindo que "Kosovo enfronta numerosos desafíos, entre eles a integración dos serbios do norte (do territorio)".

O anuncio do ISG viuse ademais enturbado por unha nova polémica entre Belgrado e Pristina. O día anterior á declaración do ISG, o fiscal serbio encargado doscrimes de guerra revelou que os seus servizos dispoñen polo menos dunha testemuña que participou no suposto tráfico de órganos extraídos de prisioneiros serbios durante oconflito de Kosovo, do que se acusa águerrilla independentista kosovar (UÇK). O asunto do tráfico de órganos é tamén obxecto dunha investigación internacional conducida polo fiscal norteamericano John Clint Williamson. As autoridades kosovares negaron de novo as acusacións, desta vez pola boca do seu ministro de Relacións Exteriores, Enver Hoxhaj, que denunciou un "intento de Serbia de ensombrecer un gran día para Kosovo".

No seu comunicado,[20] o ISG felicitouse da "aplicación con éxito doplan Ahtisaari", e anunciou o peche de aquí a fin de ano da Oficina Civil Internacional (ICO) dirixida por Peter Feith, que tamén é o Representante Especial daUE. O ICO gozaba de poderes discrecionais, polos que podía impoñer leis ou sancionar a responsábeis gobernamentais, competencias que nunca utilizou. A independencia de Kosovo foi recoñecida por uns noventa países, entre eles os Estados Unidos, a maioría dos da Unión Europea, e Turquía, pero non por Serbia, que segue considerando ese territorio como unha provincia, nin outros países como Rusia.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Mapa de Kosovo.

Kosovo sitúase no centro daPenínsula dos Balcáns,[21] cunha forma a grandes liñas romboidal esen acceso directo ao mar. Esténdese entre as lonxitudes 41°50’58’’ e 43°15’42’’ Norte e as latitudes 20°01’30’’ e 21°48’02’’ Leste. Fai fronteira conAlbania (111,8 km),Macedonia do Norte (158,7 km),Montenegro (78,6 km) eSerbia/Serbia Central (351,6 km). Con 1 733 872 de habitantes segundo o censo de2011, o seu territorio ocupa unha superficie de 10.908 km², unha área similar á deXamaica,Qatar ou aProvincia de Lugo.

Gran parte do territorio de Kosovo está atravesado por montañas, especialmente ao longo das súas fronteiras. Na beira nororiental conMontenegro e parte deAlbania están os montes Prokletije, parte do conxunto dosAlpes Dináricos. Nesta cadea atópase o Đeravica, que cunha altitude de 2.565 é o punto máis alto do territorio kosovar, e o canón de Rugova cunha lonxitude de 25 quilómetros. No sector noroccidental sitúanse os Kopaonik, ao longo da fronteira conSerbia Central, e no sur atópanse osMontes Šar. Ámbalas cadeas montañosas son populares destinos turísticos, especialmente debido ao seuparque nacional e centros deesquí (como Brezovica).

Preto do 36% do territorio corresponde a chairas con algunhas serras de característicaskársticas que se estenden dentro delas, como o Goljak, Drenica e Crnoljeva. Esta última marca a diferenza entre o sector das concas de Kosovo ao leste e deMetohija (coñecida enalbanés comoRrafshi i Dukagjinit, "meseta de Dukagjin") ao oeste. Diversos ríos cruzan o país: o Drin Branco (en albanés:Drini i Bardhë) corre en dirección aomar Adriático ao longo de Metohija, mentres o Sitnica faino na zona oriental até confluír co río Ibar ao norte, no sector de Kosovska Mitrovica. O Ibar, xunto ao río Morava do Sur, é un dos afluentes pertencentes á gran conca dorío Danubio. Existen ademais algúns lagos en Kosovo, destacando o lagos Gazivoda, Radonjić, Batlava e Badovac.

Estación de esquí nosMontes Šar.

O clima kosovar é predominantementecontinental, con temperaturas tépedas pero que poden acadar extremos de -10 °C e 30 °C, durante os meses do inverno e do verán boreal, respectivamente. Entre outubro e decembro alcánzanse as maiores precipitacións (promediando 600 mm anuais nos sectores chairos) e aneve é común en todo o territorio entre novembro e marzo, aínda que é máis importante nas zonas montañosas. O sector de Metohija é máis tépedo por efecto das masas de aire cálido provenientes do Adriático.

Todas estas características xeográficas fan de Kosovo un territorio moi fértil, cun 69,1% da súa superficie dispoñible para actividades agrículas (das cales, un 31% son pasteiros e un 69% son terras arables). Con todo, debido ás actividades industriais e mineiras, un importante número de hectáreas foron contaminadas, impedindo o seu desenvolvemento agrícola. O 39% do territorio corresponde a bosques, que son clasificadosfitoxeograficamente como parte da provincia iliria da Rexión Circumboreal. Dentro da flora kosovar destacancarballos,piñeiros,faias ebidueiros, mentres que na fauna silvestre hai especies deaguias,lobos, algúnscervos exabarís. Kosovo é tamén rico en recursos naturais como ochumbo, ocinc, aprata, oníquel, ocobalto, ocobre, oferro ou abauxita.

Política e goberno

[editar |editar a fonte]

Administración

[editar |editar a fonte]
Sede do goberno de Kosovo.

Na actualidade, o goberno e administración de Kosovo están dominados principalmente polas institucións constituídas como parte da República de Kosovo, baixo dirixencia principalmentealbanokosovar, exceptuando os territorios de predominancia étnica serbia enKosovo do Norte.

As institucións da República de Kosovo teñen a súa orixe naquelas creadas durante a administración daMisión de Administración Provisional das Nacións Unidas en Kosovo (MINUK). Trala fin daGuerra de Kosovo, a Resolución 1244 doConsello de Seguridade das Nacións Unidas estableceu a administración dun protectorado internacional sobre a Provincia Autónoma de Kosovo, a cal se manteríade iure como parte do territorio daRepública de Serbia (parte daRepública Federal de Iugoslavia e deSerbia e Montenegro sucesivamente até2006). De acordo coas disposicións da MINUK, en2001 estableceuse unmarco constitucional que deu paso á formación das Institucións Provisionais de Autogoberno de Kosovo (IPAG), entregando así de forma gradual parte da administración do territorio aos políticos kosovares, principalmente de etnia albanesa. Aínda que a MINUK aínda actúa en Kosovo, gran parte da administración de Kosovo foi entregada ás IPAG, as cales se converteron nas institucións da República de Kosovo trala súadeclaración de independencia, o17 de febreiro de2008.

Hashim Thaçi é o quinto presidente de Kosovo. Ostenta o cargo dende o 7 de abril de2016.

A República de Kosovo é unharepúblicademocrática representativa de tipoparlamentario, segundo o establecido pola Constitución da República de Kosovo que entrou en vigor o15 de xuño de2008. Esta constitución, non recoñecida porSerbia nin a poboación de Kosovo do Norte, estabelece comoxefe de Estado aopresidente de Kosovo, cargo ostentado porHashim Thaçi dende o7 de abril de2016. Opoder executivo está nas mans doprimeiro ministro, quen é ademais o líder do goberno. Ese cargo é ocupado dende o3 de xuño de2020 porAvdullah Hoti, membro doPartido Democrático de Kosovo (PDK), despois de que o Parlamento destituíse nunha moción de censura ao anterior primeiro ministro,Albin Kurti.

Atifete Jahjaga foi a cuarta presidenta de Kosovo. Ostentou o cargo dende2011 a2016.

O Parlamento de Kosovo éunicameral e está composto por 120 membros, dos cales 100 asentos son para os candidatos electos abertamente e 20 son distribuídos entre outros grupos étnicos no territorio (10 para os serbios e 10 para outras minorías). Os principais partidos son osocialdemócrataPartido Democrático (PDK), aconservadoraLiga Democrática (LDK) e a centristaAlianza por un novo Kosovo (ANK). Tralas eleccións parlamentarias denovembro de2007, o goberno quedou nas mans da coalición liderada polo PDK (que acadou o 34,3% dos votos e 37 escanos) e a LDK (con 22,6% da votación e 25 parlamentarios electos), mentres a ANK obtivo 12,1% dos votos e 13 parlamentarios. As eleccións, con todo, foron continuamente boicoteadas polos serbios, cunha participación de tan só un 5% destes en 2007.

Aínda que gran parte da administración estea nas mans do goberno local, certos temas aínda son liderados polaMINUK, especialmente en canto a defensa, seguridade interna e diversas tarefas nos sectores de Kosovo do Norte. A MINUK é presidida polo Representante Especial da Secretaría Xeral dasNacións Unidas. A seguridade interna está a cargo da unidade militarKFOR (establecida en1999 polaOTAN eRusia), os servizos multiétnicos de policía e os Corpos de Protección de Kosovo. Ademais, está en proceso o establecemento da misiónEULEX a cargo daUnión Europea para o mantemento da paz e a orde no territorio kosovar.

ARepública de Serbia considera que o territorio de Kosovo segue baixo a súa soberanía[22][23] de acordo co estipulado pola súa constitución e pola Resolución 1244 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, e considera ilegais as institucións establecidas pola República de Kosovo. O goberno serbio en Kosovo está baixo o mando do Ministerio de Kosovo e Metohija, fundado o15 de maio de2007. Localmente, a administración serbia exércese principalmente enKosovo do Norte e algúns enclaves no sur de Kosovo a través da Asemblea Comunitaria de Kosovo e Metohija, composta por 45 representantes de 26 municipios e con sede na cidade de Mitrovica. Enxullo de2008, o goberno de Serbia organizou eleccións locais nesas zonas baixo a súa administración para determinar os representantes da Asemblea, pese ao rexeitamento tanto das institucións da República de Kosovo como da MINUK.

Divisións administrativas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Subdivisións de Kosovo.

Kosovo está dividido en sete distritos (enalbanés:rreth, enserbio: дистрикт,distrikt), os cales á súa vez se subdividen en trinta municipios (enalbanés:komuna, enserbio: општина,opština). Esta división foi establecida polaMINUK en1999, substituíndo os antigos cincos distritos establecidos polaRepública Federal de Iugoslavia, e foi herdada pola República de Kosovo; as autoridades serbias aínda utilizan a antiga división administrativa.

Nome (alb./ser.)MapaCapitalMunicipios
Đakovica
Gjakovë / Đakovica
Đakovica
Gnjilane
Gjilan / Gnjilane
Gnjilane
Mitrovica
Mitrovicë / Mitrovica
Mitrovica
Peć
Pejë / Peć
Peć
Nome (alb./ser.)MapaCapitalMunicipios
Pristina
Prishtinë / Priština
Pristina
Prizren
Prizren / Prizren
Prizren
Uroševac
Ferizaj / Uroševac
Uroševac

Recoñecemento internacional

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Declaración de independencia de Kosovo.
     Kósovo.     Estados que recoñecen oficialmente a independencia.     Outros estados.

O17 de febreiro de2008,[24][25] o Parlamento de Kosovo aprobou a declaración de independencia unilateral respecto deSerbia, nun proceso apoiado polosEstados Unidos e parte daUnión Europea. 109 dos 120 deputados do parlamento votaron a favor da secesión, mentres que os deputados restantes (de orixe serbia) boicotearon a sesión.

Dende a declaración de independencia até o presente,[26] 97 dos 193 países membros dasNacións Unidas recoñeceron a independencia da República de Kosovo:

Afganistán,Albania,Alemaña,Andorra,Arabia Saudita,Australia,Austria,Bahrain,Belize,Bélxica,Benín,Brunei,Bulgaria,Burkina Faso,Burundi, oCanadá, oChad,Colombia,Comores,Corea do Sur,Costa do Marfil,Costa Rica,Croacia,Dinamarca,Dominica, osEmiratos Árabes Unidos,Eslovenia, osEstados Unidos,Estonia,Eswatini,Fiji,Finlandia,Francia,Gabón,Gambia,Ghana,Guinea,Guinea-Bissau,Haití,Honduras,Hungría, asIllas Marshall,Irlanda,Islandia,Italia,Kiribati,Kuwait,Letonia,Liberia,Lituania,Liechtenstein,Luxemburgo,Malaisia, asMaldivas,Malta,Malawi,Mauritania, osMicronesia,Mónaco,Montenegro,Nauru,Níxer,Nixeria,Noruega,Nova Zelandia,Omán, osPaíses Baixos,Paquistán,Palau,Panamá,Papúa-Nova Guinea, oPerú,Polonia,Portugal,Qatar, aRepública Centroafricana, aRepública Checa, aRepública Dominicana,Macedonia do Norte, oReino Unido,Samoa,San Cristovo e Neves,San Marino,San Tomé e Príncipe, oSenegal,Santa Lucía,Somalia,Suecia,Suíza,Timor Leste,Turquía,Tuvalu,Uganda,Vanuatu, oXapón,Djibuti eXordania.

Entre estes estados atópanse 22 dos 27 membros daUnión Europea,[27] 22 dos 27 membros daOTAN e 7 dos 8 membros doG8. Ademais, aRepública da China (Taiwán) ofreceu o seu recoñecemento, a pesar de que Kosovo non a recoñeceu. Doutra banda, varias decenas de países anunciaron o seu rexeitamento á declaración de independencia de Kosovo e o seu respecto á integridade territorial deSerbia. Pola súa banda, oBrasil,Chile,México,Tailandia e oUruguai agardan un pronunciamento doConsello de Seguridade das Nacións Unidas para tomar unha decisión definitiva.

En canto a organizacións internacionais,[28] a República de Kosovo non solicitou a súa membresía ante aOrganización das Nacións Unidas debido ao anunciado veto deRusia noConsello de Seguridade. No caso daUnión Europea, aínda que esta non recoñece países formalmente, non existe unha política oficial que acepte a independencia de Kosovo xa que para facelo é necesaria a unanimidade dos seus membros, a cal non se logrou; con todo, oParlamento Europeo si o fixo de forma particular.

OFondo Monetario Internacional iniciou enxuño de2008 o proceso de integración de Kósovo como membro permanente,[29][30] sendo finalmente aceptado como membro o5 de maio de2009 con 96 votos a favor. Ese feito propiciou a súa solicitude de incorporación aoBanco Mundial, a cal foi aprobada o4 de xuño de2009 e oficializada o29 de xuño, obtendo así a súa primeira membresía a un organismo especializado das Nacións Unidas. Tras esa situación, Kósovo postularía a ingresar aoConsello de Europa, para o cal necesita o apoio de dous terzos dos seus membros.

Controversias

[editar |editar a fonte]
Vista aérea de Camp Bondsteel, a maior instalación militar dosEstados Unidos fóra das súas fronteiras dende aGuerra do Vietnam.

A intervención daOTAN[31][32] na Guerra de Kosovo así como o apoio explícito de países comoEstados Unidos á independencia kosovar foron vistos desde diferentes colectivos como actos de interese xeoestratéxico, encamiñados a manter o control tanto militar como económico nesa zona dosBalcáns. Personalidades comoJames Petras manteñen que o recoñecemento de Kosovo por parte dos Estados Unidos respondía os intereses das multinacionais norteamericanas e as alianzas militares, pondo en dúbida que a súa intervención no conflito fose por razóns humanitarias.

Un dos feitos máis cuestionados foi a creación de Camp Bondsteel,[33][34] a segunda maior base militar estadounidense no mundo. A base atópase situada xunto a Uroševac, nunha zona de elevado interese estratéxico, próxima aOriente Medio, aoCáucaso eRusia, e que permite o control sobre os oleodutos e corredores enerxéticos vitais, como o oleoduto Trans-Balcáns, onde multinacionais norteamericanas como a petroleiraHalliburton teñen destacada presenza.

En2002,[35] denunciouse que Camp Bondsteel era utilizada polo exército estadounidense como campo de detención ilegal alternativo ao deGuantánamo, polo que foi inspeccionada polo Comisario de Dereitos Humanos da Unión Europea,Álvaro Gil-Robles, quen comprobou a súa existencia e solicitou ás autoridades o seu desmantelamento.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Mapa multiétnico de Kosovo.
Rapazas festaxando oDía do Neno.

De acordo coas enquisas realizadas pola Oficina de Estatítica de Kosovo en2005,[36][37] a poboación total do país estímase entre 1,9 e 2,2 millóns de habitantes coa seguinte composiciónétnica:albaneses 92%,serbios 4%,bosníacos e goranis 2%,turcos 1% exitanos 1%. Outras fontes, como oThe World Factbook daCIA estiman que, a partir de xullo de 2009, a poboación de Kósovo sitúase en 1 804 838 persoas, sendo a súa composición étnicaalbaneses 88%,serbios 7% e outros grupos étnicos (bosníacos, goranis,turcos,xitanos,ashkalíes,exipcios ecroatas) 5%.

Os albaneses, cuxo número está en constante en constante aumento, constitúen a maioría étnica en Kosovo dende oséculo XIX, estando a composición étnica de anos anteriores en disputa. As fronteiras políticas de Kosovo non chegan a coincidir coas fronteiras étnicas albanesas onde compoñen unha maioría absoluta en tódolos municipios: por exemplo, os serbios son maioría enKosovo do Norte e outros dous municipios, mentres que hai grandes áreas con maioría albanesa fóra de Kosovo, é dicir, nas súas rexións veciñas da antigaIugoslavia, como o noroeste deMacedonia do Norte e o Val de Preševo, ao sur e leste deSerbia.

Cun 1,3% por ano, os albaneses étnicos en Kósovo teñen a maior taxa de crecemento da poboación deEuropa.[38] Durante un período de 82 anos (1921-2003) a poboación de Kosovo medrou un 460%. Mentres que os albaneses constituían o 60% da poboación de Kosovo con medio millón de individuos en1931, en1991 constituían o 81% da poboación con dous millóns. Se o crecemento continúa a este ritmo, a poboación chegará a 4,5 millóns en 2050.

Pola contra, de1948 a1991, a poboación serbia de Kosovo aumentou en apenas un 12% (un terzo do crecemento da poboación enSerbia Central). Ademais, no mesmo período, centos de miles de persoas saíron a estabelecerse na propia e máis prsopera Serbia Central ou enEuropa occidental. Un 60% dos serbios que residían antes da campaña delimpeza étnica de1999 en Kosovo residen agora na propia Serbia. A poboación dos albaneses de Kosovo aumentou nun 300% no mesmo período, unha taxa de crecemento vinte e cinco veces maior ca dos serbios. Os serbios, de igual xeito que á maioría doutros grupos étnicos cristiáns deEuropa do Leste, dende1990 tiveron as taxas de natalidade moi baixas (ao redor de 1,5 fillos por muller) e máis mortes que nacementos.

Linguas

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Lingua albanesa e lingua serbia.

As linguas oficiais de Kosovo son os estándares literarios doalbanés e doserbio.[39] Ademais, as leis son tamén publicadas eninglés. Outras linguas minoritarias inclúen oturco, obosníaco, ocroata, omontenegrino, ogoraní (lingua irania occidental) e oromaní. O dialecto da maioría dos albaneses de Kósovo é o albanés guego, que implica diferenzas significativas entre a linguaxe falada en xeral e a oficialmente escrita.

Oalbanés (gjuha shqipe,pronunciado [ˈɟuha ˈʃcipɛ]; ou shqip, pronunciado [ʃcip]) é unhalingua indoeuropea falada por aproximadamente 7,6 millóns de persoas en todo o mundo, principalmente enAlbania e Kosovo, pero tamén noutras área dosBalcáns onde hai poboación de orixe albanesa, como no oeste deMacedonia do Norte, o sur deMontenegro eSerbia. O albanés é tamén falado dende hai séculos por comunidades situadas no sur deGrecia, sur deItalia (onde se fala o dialectoarbëreshë) incluíndo a illa deSicilia eUcraína. Ademais, pódense atopar falantes de albanés en lugares onde viaxou a diáspora moderna procedente dos Balcáns, comoEscandinavia,Suíza,Alemaña, oReino Unido,Turquía,Australia,Nova Zelandia, osPaíses Baixos,Singapur, oBrasil, oCanadá ou osEstados Unidos.

Oserbio (srpski, encirílico: српски, pronunciado [sr̩̂pskiː]) é un rexistro normalizado dalingua serbocroata falada polosserbios, principalmente enSerbia,Bosnia e Hercegovina (maiormente naRepública Serbia),Montenegro,Croacia eMacedonia do Norte. É oficial en Serbia e unha das linguas oficiais de Bosnia e Hercegovina, sendo a principal lingua do pobo serbio. A lingua serbia presenta unha característica peculiar, a digrafía, é dicir que usa dous alfabetos diferentes indistintamente, olatino e ocirílico.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. González González, Manuel (ed.)."Albanés".Tergal. Consultado o 11/01/2025. 
  2. SANTA MARÍA OTERO, Inés; MASSÓ LAGO, Noé.Edicións do Cumio, ed.Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do mundo.ISBN 9788482893280. 
  3. "ACCORDANCE WITH INTERNATIONAL LAW OF THE UNILATERAL DECLARATION OF INDEPENDENCE IN RESPECT OF KOSOVO"(PDF)(en inglés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 24 de setembro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  4. "Pristina".Diciopedia do século 213.Edicións do Cumio,Galaxia edo Castro. 2006. p. 1701. 
  5. EBERHARDT, Piotr.Ethnic Groups and Population Changes in Twentieth-Century Central-Eastern Europe(en inglés).ISBN 9780765618337. 
  6. Maher, John-Peter (19 de febreiro de2000)."The name Kosovo"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 21 de outubro de 2011. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  7. Goberno de Serbia."Constitution of the Republic of Serbia"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  8. Ramet, Sabrina P. (2002). "The Kingdom of God or the Kingdom of Ends: Kosovo in Serbian Perception". En Mary Buckley & Sally N. Cummings.Kosovo: Perceptions of War and Its Aftermath(en inglés). Nova York: Continuum Press. pp. 30–46.ISBN 0826456707. 
  9. Thompson, George (19 de febreiro de2000)."The roots of Kosovo fascism"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o15 de febreiro de2013. 
  10. Aird, Sarah (1999)."Kosovo: History of a Human Rights Crisis".Human Rights Brief(en inglés)6 (2). Arquivado dendeo orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  11. Collon, Michel (28 de marzo de2005)."Médicos Sin fronteras pudo haber manipulado a la opinión pública para favorecer los bombardeos de la OTAN en Yugoslavia"(en inglés). Consultado o19 de febreiro de2013. 
  12. BBC (16 de marzo de 2000)."Kosovo one year on"(en inglés). Consultado o16 de febreiro de2013. 
  13. Angoso García, Ricardo. (2009). "Estados Unidos y el juego internacional de los Balcanes".Las semillas del odio(en inglés). Madrid: Plaza y Valdés. p. 104.ISBN 8496780791. 
  14. Global Research (16 de marzo de 2000)."German Intelligence and the CIA supported Al Qaeda sponsored terrorists in Iugoslavia"(en inglés). Consultado o16 de febreiro de2013. 
  15. Deutsche Welle (15 de decembro de2007)."Misión estabilizadora"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o17 de febreiro de2013. 
  16. Asemblea de Kosovo (17 de febreiro de2008)."Declaración de independencia de Kosovo"(PDF)(en inglés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 31 de xullo de 2013. Consultado o17 de febreiro de2013. 
  17. Axencias (22 de xullo de2010)."Serbia asegura que nunca reconocerá la independencia de Kosovo".El País(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o17 de febreiro de2013. 
  18. Corte Internacional de Xustiza (22 de xullo de2010)."Accordance with international law of the unilateral declaration of independence in respect of Kosovo"(PDF)(en inglés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 23 de xullo de 2010. Consultado o17 de febreiro de2013. 
  19. Axencia EFE (22 de xullo de2010)."Kósovo alcanza hoxe a súa plena soberanía, tras catro anos de independencia tutelada".La Voz de Galicia. EFE. Consultado o17 de febreiro de2013. 
  20. Axencia AFP (10 de setembro de2012)."Kosovo accede a la plena soberanía".La Nación(en castelán). AFP. Arquivado dendeo orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o17 de febreiro de2013. 
  21. Independent Comission for Mines and Minerals (11 de maio de2009)."Geography"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o18 de febreiro de2013. 
  22. The Independent (30 de xuño de2008)."Kosovo Serbs set up rival assembly"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de xuño de 2008. Consultado o18 de febreiro de2013. 
  23. Southeast European Times (30 de xuño de2008)."Kosovo Serbs convene parliament; Pristina, international authorities object"(en inglés). Consultado o18 de febreiro de2013. 
  24. El País (17 de febreiro de2008)."Kosovo es independiente"(en castelán). Consultado o19 de febreiro de2013. 
  25. Público (18 de febreiro de2008)."Kosovo deja dividida a la UE"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 30 de maio de 2013. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  26. Kosovo Thanks You."Who recognized Kosova as an independent state?"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 18 de febreiro de 2013. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  27. Reuters (20 de febreiro de2008)."Taiwan recognizes Kosovo in move likely to anger China"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 27 de xullo de 2012. Consultado o19 de febreiro de2012. 
  28. Blic Online (30 de maio de2008)."Kacin: We have recognized independence"(en inglés). Consultado o19 de febreiro de2012. [Ligazón morta]
  29. Reuters (15 de xullo de2008)."IMF recognizes Kosovo, begins to weigh membership"(en inglés). Consultado o19 de febreiro de2012. 
  30. Fondo Monetario Internacional (8 de maio de2009)."IMF offers membership to Republic of Kosovo"(en inglés). Consultado o19 de febreiro de2012. 
  31. Veiga, Francisco. El Periódico, ed."Kosovo, una opción geoestratégica"(en castelán). Arquivado dendeo orixinal o 21 de decembro de 2011. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  32. Petras, James. Universidad Complutense de Madrid, ed."La OTAN destruye Kosovo para salvarlo"(en castelán). Consultado o19 de febreiro de2013. 
  33. Chossudovsky, Michel. Global Research, ed."The Criminalization of the State: "Independent Kosovo", a Territory under US-NATO Military Rule"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 05 de maio de 2012. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  34. Stuart, Paul."Camp Bondsteel and America’s plans to control Caspian oil"(en inglés). World Socialist Website. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  35. Nougayrede, Natalie. Watching America, ed."NATO Base in Kosovo Home to 'Secret' American Prison"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 18 de marzo de 2012. Consultado o19 de febreiro de2013. 
  36. Enti i Statistikës së Kosovës (1 de xaneiro de2006)."Kosovo in figures 2005"(PDF)(en inglés). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 09 de marzo de 2008. Consultado o21 de febreiro de2013. 
  37. CIA."The World Factbook"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 01 de xullo de 2016. Consultado o21 de febreiro de2013. 
  38. Zanga, Louis."Albanian Population Growth"(en inglés). Archived from the original on 27 de febreiro de 2008. Consultado o21 de febreiro de2013. 
  39. República de Kosovo."Constitution of the Republic of Kosovo"(PDF)(en inglés). Consultado o21 de febreiro de2013. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  KosovoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Dinamarca
Reino Unido
Áreas especiais de
soberanía interna
Finlandia
  • Illas Åland
    • rexión autónoma suxeita á convención de Åland de 1921
Noruega
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kosovo&oldid=6979635»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp