Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Kosmos 212

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 212
TipoDemostrador tecnolóxico
Data de lanzamento14 de abril de 1968[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónProbas en órbita.[2][5]
Regreso19 de abril de 1968[1]
NSSDC ID1968-029A

Kosmos 212 ouCosmos 212 foi unha misión espacialsoviética lanzada sen tripulación o14 de abril de1968 mediante un fogueteSoiuz 11A511 desde ocosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características

[editar |editar a fonte]

Kosmos 212 foi unha Soiuz modelo7K-OK de tipo pasivo lanzada aórbita sen tripulación para facer diferentes probas en órbita xunto conKosmos 213 (unha Soiuz 7K-OK de tipo activo). Despois da traxedia daSoiuz 1 a Unión Soviética retomou as probas non tripuladas das naves Soiuz. Despois da proba non tripulada da parellaKosmos 186-Kosmos 188 lanzáronse as Kosmos 212 e 213. A primeira en engalar foi Kosmos 212, seguida un día máis tarde por Kosmos 213. Tras so 47 minutos despois da engalaxe da última, as dúas naves acopláronse con éxito automaticamente e sen problemas, froito das leccións aprendidas das anteriores misións, cheas de incidentes, incluíndo a morte deVladimir Komarov na Soiuz 1.[2][3][4][5]

A Kosmos 212 regresou a terra de maneira controlada o 19 de abril usando o sistema de de control de aterraxe por primeira vez con éxito, que permite á cápsula Soiuz certo grao de planeo, reducindo aforza G nareentrada atmosférica e mellora a precisión na aterraxe. A cápsula tomou terra a 20 km ao suroeste da cidade deMaikolna, aínda que foi arrastrada durante cinco quilómetros polos fortes ventos da zona debido a que neste voo o sistema de desacoplamento doparacaídas unha vez en terra estaba desactivado.[2][3][4][5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed."COSMOS 212"(en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  2. 2,02,12,22,32,42,52,6NASA (28 de outubro de 2022)."Cosmos 212"(en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  3. 3,03,13,23,3"Letter dated 8 May 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space"(PDF) (68-12694 (E)). 3 de xuño de 1968: 2. Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  4. 4,04,14,24,3Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed."Soyuz 2, 5 (7K-OK, passive)"(en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2024. 
  5. 5,05,15,25,3Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024)."The Soyuz pair makes flawless automated docking"(en inglés). Consultado o 22 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kosmos_212&oldid=6654983»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp