Korn (estilizado comoKoЯn) é unha banda denu metal deBakersfield (California),Estados Unidos. Xunto con outros grupos da época, inspiraron a moitos dos grupos denu metal emetal alternativo dos 90 e os comezos do 2000[1]. O grupo conseguiu debutar nove veces consecutivas entre os dez primeiros da lista de éxitosBillboard[2].
Ata o día de hoxe o grupo vendeu máis de 30 millóns de álbums no mundo enteiro, sendo 16 millóns e medio os vendidos nosEstados Unidos[3], e foi nomeado 6 veces aospremios Grammy, gañando dous deles[4].
| Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
KoЯn formouse trala disolución do grupoL.A.P.D.Reginald Arvizu,James Shaffer, eDavid Silveria decidiron continuar coma grupo, xuntándose co guitarristaBrian Welch e buscando un cantante.Jonathan Davis uniuse a eles en1993 e púxeronlle o nome deKoЯn ao novo grupo.
Máis tarde en 1993, comezaron a traballar co produtorRoss Robinson, gravando oEPNeidermeyer's Mind ese mesmo ano. Contiña catro temas: "Predictable", "Blind", "Daddy", e "Alive".Paul Pontius deImmortal/Epic Records firmou un contrato con eles, e comezaron a traballar no seu primeiroLPKoЯn. "Blind" foi o primeiro sinxelo do álbum.
O disco foi lanzado o11 de outubro de1994, pero o grupo tivo moi pouco apoio das cadeas deradio etelevisión, pero conseguiron un gran número de fans[1]. Grazas ao apoio destes fans o grupo acadou o número 72 na lista de éxtiosBillboard en1996[2]. O seu primeiro nomeamento aosGrammy foi polo tema "Shoots and Ladders"[5].
O segundo disco do grupo,Life is Peachy, foi lanzado o15 de outubro de1996, tendo un son máis escuro que o seu disco anterior[6]. Tamén gravaron dúas versións,Low Rider do grupoWar, eWicked deIce Cube, esta última xunto ao vocalistaChino Moreno do grupoDeftones.
Life Is Peachy vendeu máis de 106.000 copias na primeira semana e acadou o número 3 na lista de éxitos Billboard[2]. O primeiro sinxelo, "No Place to Hide" recibiu un nomeamento aos Grammy[5]. "A.D.I.D.A.S." foi o segundo sinxelo. O título parece facer referencia á marca de roupaAdidas, pero realmente é un acrónimo do"All Day I Dream About Sex" (eninglés: "Soño todo o día có sexo").
A popularidade do grupo medrou ao encabezar o festival de músicaLollapalooza de1997 xunto ao grupoTool, aínda que non puideron asistir xa que aMunky diagnosticóuselle unhameninxite[7].
A finais de1997, KoЯn formou o seu propiosélo discográfico, "Elementree Records", asinando a grupos comaVideodrone eOrgy.
KoЯn sacou o seu terceiro álbumFollow the leader o18 de agosto de1998, no que participaron tamén outros cantantes comaIce Cube,Tre Hardson,Fred Durst do grupoLimp Bizkit e o actorCheech Marin no tema agochado "Earache My Eye".
O disco tivo un grande éxito, debutando no número 1 da lista Billboard con 268.000 copias vendidas na súa primeira semana.[8]. Os sinxelos deste álbum foron "Got the Life" e "Freak on a Leash". "Got the Life" foi o primeirovideoclip retirado na histria daMTV[9].
"Freak on a Leash" gañou un Grammy polo mellor vídeo musical e un nomeamento á mellor actuación dehard rock[10]. O vídeo tamén recibiu nove nomeamentos aos premios daMTV, nas categorías de vídeo do ano, mellor vídeo de rock, mellor dirección e mellores efectos especiais entre outras, gañando dous dos premios[11].
No mesmo ano o grupo comezou unha xira anual chamadaFamily Values Tour. KoЯn encabezaba a xira xunto aIncubus,Orgy,Limp Bizkit,Ice Cube, eRammstein. En1999, Limp Bizkit encabezou a xira xunto aPrimus,Staind,The Crystal Method,Method Man & Redman, eFilter. KoЯn non aparecían no cartel e só facían aparicións sorpresa nesta edición.
O cuarto álbum do grupoIssues, producido porBrendan O'Brien, saíu ao mercado o16 de novembro de1999. O deseño da portada realizouno Alfredo Carlos tras gañar un concurso daMTV[12].O disco debutou no número 1 da lista Billboard con máis de 573.000 copias vendidas[13]. Anteriormente Korn aparecera nun episodio deSouth Park, no que sonou o primeiro sinxelo deIssues, "Falling Away from Me"[14].
O sexto álbum do grupo,Take a Look in the Mirror saíu ao mercado o21 de novembro do2003,[15]. Eles mesmos produciron o álbum, e lanzaron os sinxelos "Right Now", "Y'All Want a Single" e "Everything I've Known". O álbum foi número 9 na lista Billboard, vendendo unhas 179.000 copias na súa primeira semana.
O disco de grandes éxitos do grupo,Greatest Hits, Volume 1, saíu á venda o5 de outubro do2004, debutando no número 4 da lista Billboard e vendendo máis de 129.000 copias. Os dous sinxelos do disco foron o primeiro unha versión do tema "Word Up!" deCameo, e o segundo unha versión da canción dePink Floyd "Another Brick in the Wall".
PosteriormenteBrian "Head" Welch anunciou que deixaba o grupo argumentando:
Escollín ao señor
Xesucristo coma o meu salvador, e dedicarei os meus obxectivos musicais para ese fin
[16]
O álbumSee You on the Other Side foi lanzado ao mercado o6 de decembro de2005, debutando no número 3 na lista Billboard, permanecendo entre os 100 primeiros da lista durante 34 semanas consecutivas. O primeiro sinxelo foi "Twisted Transistor", sendoDave Meyers o director do vídeo musical. Neste, osrapeirosXzibit,Lil' Jon,Snoop Dogg eDavid Banner facíanse pasar polos integrantes de KoЯn.
O anuncio da volta doFamily Values Tour fíxose o18 de abril do2006, compartindo cartel conDeftones,Stone Sour,Flyleaf, eDir en grey[17]. KoЯn eEvanescence encabezaron o cartel na edición do2007, xunto aAtreyu,Hellyeah, eTrivium[18].
Reginald „Fieldy“ Arvizu
James „Munky“ Shaffer
Jonathan Davis
Ray Luzier
Brian „Head“ Welch
Álbum | Ano | Selo |
---|
KoЯn | 1994 | Epic Records, Immortal |
Life is Peachy | 1996 | Epic, Immortal |
Follow the leader | 1998 | Epic, Immortal |
Issues | 1999 | Epic, Immortal |
Untouchables | 2002 | Epic, Immortal |
Take A Look In The Mirror | 2003 | Epic, Immortal |
See You on the Other Side | 2005 | EMI, Virgin |
Álbum sen título | 2007 | EMI/Virgin |
Korn III – Remember Who You Are | 2010 | Roadrunner Records |
The Path of Totality | 2011 | Roadrunner Records |
The Paradigm Shift | 2013 | Prospect Park, Caroline, Universal |
The Serenity of Suffering | 2016 | Roadrunner Records |
The Nothing | 2019 | Roadrunner Records,Elektra Records |
Requiem | 2022 | Loma Vista Recordings, Concord |
- ↑1,01,1All Media Guide (ed.)."Korn review". Consultado o2007-10-11. [Ligazón morta](eninglés)
- ↑2,02,12,2Billboard (ed.)."Artist Chart History". Arquivado dendeo orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑RIAA (ed.)."Top Selling Artists". Arquivado dendeo orixinal o 25 de xullo de 2013. Consultado o2007-11-04. (eninglés)
- ↑All Media Guide (ed.)."Premios Grammy". Consultado o2007-12-06. [Ligazón morta](eninglés)
- ↑5,05,1Rock on the Net (ed.)."Grammy Awards: Best Metal Performance". Consultado o2007-09-03.
- ↑All Media Guide (ed.)."Life Is Peachy". Consultado o2007-12-06. [Ligazón morta](eninglés)
- ↑MTV, ed. (1997-08-01)."KoЯn non asiste ao Lollapalooza pola enfermidade do seu guitarrista". Arquivado dendeo orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o2007-10-03.
- ↑MTV, ed. (1998-08-26)."Korn Tops Album Heap In Chart Debut". Arquivado dendeo orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑The TRL Archive (ed.)."Hall of Fame". Arquivado dendeo orixinal o 04 de novembro de 2007. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑Rock on the Net (ed.)."42 edición dos Grammy - 2000". Consultado o2007-10-03.
- ↑Rock on the Net (ed.)."1999 MTV Video Music Awards". Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑MTV, ed. (1999-09-17)."Korn pide aos fans deseñar a portada do seu disco". Arquivado dendeo orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑MTV, ed. (1999-11-24)."Korn Tops On Album Chart". Arquivado dendeo orixinal o 18 de decembro de 2007. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑MTV, ed. (1999-10-11)."Korn To Premiere New Track During "South Park" Special". Arquivado dendeo orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑MTV, ed. (2003-11-17)."Korn lanza Take A Look In The Mirror". Arquivado dendeo orixinal o 20 de novembro de 2003. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑MTV, ed. (2005-02-22)."Brian 'Head' Welch deixa o grupo". Arquivado dendeo orixinal o 24 de febreiro de 2005. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑MTV, ed. (2006-04-18)."Korn resucita o Family Values Tour con Deftones e Stone Sour". Arquivado dendeo orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
- ↑MTV, ed. (2007-03-26)."Korn, Evanescence e Hellyeah no cartel do Family Values Tour". Arquivado dendeo orixinal o 11 de setembro de 2007. Consultado o2007-10-03. (eninglés)
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Directos e recompilatorios | |
---|
EPs e demos | |
---|