Konrad Zuse, nado enBerlín o22 de xuño de1910 e finado enHünfeld o18 de decembro de1995, foi unenxeñeiro civil, científico computacional pioneiro, inventor e empresarioalemán. A súa maior achega foi a primeiracomputadora programábel; oZ3 foi operativo a partir de maio de 1941. Grazas a esta máquina e as súas predecesoras, Zuse foi considerado o inventor da computadora moderna.[1][2][3][4][5][6]
Zuse destacou tamén pola máquina de computación S2, considerada a primeira computadora decontrol de procesos. Fundou unha das primeiras empresas de computadoras en 1941, producindo oZ4, que se converteu na primeira computadora comercial. Dende 1943[7] a 1945[8] deseñou a primeiralinguaxe de programación dealto nivel,Plankalkül. En 1969, Zuse suxeriu o concepto dun universo baseado en computación no seu libroRechnender Raum.
Gran parte do seu primeiro traballo foi financiado pola súa familia e comercio, mais a partir de 1939 recibiu fontes do gobernonazi.[9] Debido ásegunda guerra mundial, o traballo de Zuse foi enormemente ignorado noReino Unido e nosEstados Unidos. Posiblemente a súa primeira influencia documentada nunha empresa estadounidense foi a opción deIBM nas súa patentes en 1946.
Existe unha réplica do seu Z3, ademais do Z4 orixinal, noDeutsches Museum deMúnic. ODeutsches Technikmuseum deBerlín ten unha exposición dedicada a Zuse, en que mostra doce das súas máquinas, incluída unha réplica daZ1 e varias pinturas realizadas por Zuse.
Nado enBerlín, Zuse graduouse comoenxeñeiro civil polaTechnische Hochschule Berlin-Charlottenburg en 1935. Durante os seus estudos de enxeñaría, Zuse tivo que facer moitos cálculos rutineiros a man, o que atopaba aburrido. Esta experiencia levouno a imaxinar cunha máquina que puidese facer cálculos.
Comezou a traballar na fábrica de avións deHenschel enDessau, mais só un ano despois renunciou ao seu traballo para construír unha máquina programable. Traballou no apartamento dos seus pais en 1938 ata lograr o seu primeiro intento, chamadoZ1, que era unhacalculadora mecánica binaria operada con electricidade e de programabilidade limitada. Lía instrucións dende unhacinta perforada. Z1 nunca funcionou ben, debido á falta de suficiente precisión mecánica. A Z1 e os seusplanos orixinais foron destruídos durante asegunda guerra mundial.
A compañía de Zuse foi destruída en 1945 por unataque aliado, xunto coa Z3. A Z4, baseada enrelés e parcialmente rematada, fora levada con anterioridade a un lugar máis seguro. Zuse deseñou unhalinguaxe de programación de alto nivel, o Plankalkül, supostamente entre 1941 e 1945, aínda que non o publicou ata 1972. Ningúncompilador ouintérprete estivo dispoñible para o Plankalkül ata que un equipo daUniversidade Libre de Berlín o puxo en marcha en 2000, cinco anos despois da morte de Zuse.
En 1946, Zuse fundou a primeira compañía de computadoras do mundo, Zuse-Ingenieurbüro Hopferau. Conseguiu capital de risco a través daETH Zürich e unha opción deIBM sobre as patentes de Zuse.
Zuse fundou outra compañía, Zuse KG en 1949. A Z4 foi rematada e entregada a unha compañía enSuíza en setembro de 1950. Nese momento era a única computadora que estaba a funcionar no continente europeo, e a primeira computadora do mundo que foi vendida, superando aFerranti Mark I por cinco meses e aUNIVAC I por dez meses. Outras computadoras, todas numeradas cunha Z inicial, foron construídas por Zuse e a súa empresa. DestacanZ11, que foi vendida á industria da óptica e ás universidades eZ12 que foi a primeira computadora cunha memoria baseada encinta magnética.
En 1967, Zuse KG construíra un total de 251 computadoras. Debido a problemas financeiros, foi vendida á compañíaSiemens AG. Ese mesmo ano, Zuse suxeriu que o universo en si mesmo era unha retícula de computadoras (física computacional). En 1969 publicou o libroRechnender Raum.
Entre 1987 e 1989, Zuse recreou a Z1 e sufriu unataque cardíaco durante o proxecto. O resultado final tiña 30 000 compoñentes, custou 800 000marcos, e requiriu catro persoas (incluído Zuse) para construíla. Os fondos para ese proxecto de retrocomputación foron provistos por Siemens e por un consorcio de cinco compañías.
Zuse recibiu varios premios polo seu traballo. Despois do seu retiro, centrouse na súa afección, apintura.
↑Inception of a universal theory of computation with special consideration of the propositional calculus and its application to relay circuits (Zuse, Konrad, (1943) "Ansätze einer Theorie des allgemeinen Rechnens unter besonderer Berücksichtigung des Aussagenkalküls und dessen Anwendung auf Relaisschaltungen"), unpublished manuscript, Zuse Papers 045/018.
Jürgen Alex, Hermann Flessner, Wilhelm Mons, Horst Zuse:Konrad Zuse: Der Vater des Computers. Parzeller, Fulda 2000,ISBN3-7900-0317-4
Raul Rojas (Hrsg.):Die Rechenmaschinen von Konrad Zuse. Springer, Berlín 1998,ISBN3-540-63461-4.
Wilhelm Füßl (Ed.):100 Jahre Konrad Zuse. Einblicke in den Nachlass, Múnic 2010,ISBN978-3-940396-14-3.
Jürgen Alex:Wege und Irrwege des Konrad Zuse. In: Spektrum der Wissenschaft (dt. Ausgabe von Scientific American) 1/1997,ISSN0170-2971.
Hadwig Dorsch:Der erste Computer. Konrad Zuses Z1 – Berlin 1936. Beginn und Entwicklung einer technischen Revolution. Mit Beiträgen von Konrad Zuse und Otto Lührs. Museum für Verkehr und Technik, Berlín 1989.
Clemens Kieser:„Ich bin zu faul zum Rechnen“ – Konrad Zuses Computer Z22 im Zentrum für Kunst und Medientechnologie Karlsruhe. En: Denkmalpflege in Baden-Württemberg, 4/34/2005, Esslingen am Neckar, S. 180–184,ISSN0342-0027.
Mario G. Losano (ed.),Zuse. L'elaboratore nasce in Europa. Un secolo di calcolo automatico, Etas Libri, Milán 1975, pp. XVIII-184.
Arno Peters:Was ist und wie verwirklicht sich Computer-Sozialismus: Gespräche mit Konrad Zuse. Verlag Neues Leben, Berlín 2000,ISBN3-355-01510-5.
Paul Janositz:Informatik und Konrad Zuse: Der Pionier des Computerbaus in Europa – Das verkannte Genie aus Adlershof. En: Der Tagesspiegel Nr. 19127, Berlín , 9 de marzo de 2006, Beilage Seite B3.
Jürgen Alex:Zum Einfluß elementarer Sätze der mathematischen Logik bei Alfred Tarski auf die drei Computerkonzepte des Konrad Zuse. TU Chemnitz 2006.
Jürgen Alex:Zur Entstehung des Computers – von Alfred Tarski zu Konrad Zuse. VDI-Verlag, Düsseldorf 2007,ISBN978-3-18-150051-4,ISSN0082-2361.