Naceu no medio rural, no sur de Noruega. Con tres anos a súa familia mudouse aHamarøy, preto doCírculo Polar Ártico, mais a familia non chegou a integrarse.[1]. Exerceu diversos oficios durante a súa vida, errante e aventureira. En 1882 trasladouse aosEstados Unidos de América, onde permaneceu en dúas etapas até 1888.[2][3] Froito da súa experiencia comoemigrante en 1889 publicouFra det moderne Amerikas Aandsliv ("A vida espiritual da América moderna"), cunha crítica irónica e amarga da vida nese país, se ben máis adiante renegaría deste texto, considerándoo moi pobre e infantil.[4]
En 1888 escribiu a novela que lle daría sona,Sult ("Fame"), narración con trazos autobiográficos que trata a historia de fame, pobreza e camiño á loucura dun xornalista acosado polos importantes desaxustes físicos e psicolóxicos. A obra comezou a publicarse en 1888 de forma anónima na publicación periódicaNy Jord.[5] En varios aspectos, esta novela presaxia os escritos deFranz Kafka e outros novelistas do século XX, que exploraron a loucura da condición humana contemporánea.
De novo tivo inclinaciónsanarquistas, mais cun matiz antiigualitario e racialista. EnFra det moderne Amerikas Aandsliv (1889) expresou o seu rexeitamento cara á mestizaxe: «Os negros son e seguirán sendo negros, unha incipiente forma humana dos trópicos, órganos rudimentarios no corpo da sociedade branca. En vez de fundar unha elite intelectual, Estados Unidos estableceu un criadeiro de mulatos».[6] Despois dasegunda guerra Bóer, adoptou puntos de vista cada vez máis conservadores. Chegou a ser coñecido como un destacado defensor de Alemaña e a cultura alemá, así como un opoñente ao imperialismo británico e aUnión Soviética.
Retratado por Hans Heyerdahl (1903).
A súa admiración pola vida bucólica e o seu rexeitamento pola gran cidade levárono a pasar grandes etapas da súa vida nunha cómoda cabana do bosque, onde apenas deixaba entrar á súa muller cando estaba a escribir.
↑Sjølyst-Jackson, Peter (2010).Troubling legacies: migration, modernism and fascism in the case of Knut Hamsun. Continuum International Publishing Group. p. 16.