Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Klenk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Klenk
Nome completoKlenk-Meteor
BandeiraAlemañaAlemaña
Baseada enAlemaña
Tempadas en activo1954
Número de pilotosAlemañaTheo Helfrich
DebutGran Premio de Alemaña de 1954
Carreiras1
Campionatos de Construtores0
Campionatos de Pilotos0
Vitorias0
Pole positions0
Voltas Rápidas0
Puntos totais0
DerradeiroGPGran Premio de Alemaña de 1954
A Galipedia ten unportal sobre:Fórmula 1

OKlenk-Meteor foi un coche de competición, que competiu noGran Premio de Alemaña de 1954. O coche baseábase noVeritas, que estivo activo entre 1948 e1953. Veritas é recordado principalmente como fabricante de coches deportivos e exitosos coches de competición deFórmula 2. A compañía pechou cando o seu fundador,Ernst Loof, enfermou. Posteriormente morreu en 1956. O Klenk-Meteor que participou no Gran Premio de Alemaña de 1954 foi esencialmente un coche Veritas de Fórmula Dúas. O coche era propiedade e estaba preparado polo piloto de carreiras alemánHans Klenk, que tiña intención de competir con el no Gran Premio. Pero a carreira de Klenk como piloto de carreiras chegou ao seu fin cando sufriu lesións nun accidente, antes da carreira, mentres traballaba como piloto de probas de Mercedes-Benz. O coche foi pilotado no Gran Premio por outro alemán,Theo Helfrich. Retirouse na volta 9 cun fallo de motor.

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar |editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indicanpole position; as carreiras encursiva indicanvolta rápida.

AnoChasisMotorPneu.Pilotos123456789
1954Klenk MeteorBMWL6PARX
500
BEL
FRA
GBR
ALE
SUI
ITA
ESP
Theo HelfrichRet

Referencias

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Klenk
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Klenk&oldid=6888902»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp