Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Kingston, Illa Norfolk

Coord.:29°03′00″S167°58′00″L / -29.05,167.9667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKingston, Illa Norfolk
Imaxe

Localización
Mapa
 29°03′00″S167°58′00″L / -29.05,167.9667
EstadoAustralia
Territorio externoIlla NorfolkEditar o valor en Wikidata
Capital de
Xeografía
Altitude20 mEditar o valor en Wikidata
Creación1788Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2899Editar o valor en Wikidata

Sitio webpitcairners.org…Editar o valor en Wikidata

Kingston (enlingua norfolkDaun a'Taun)[1] é acapital do territorioaustraliano noPacífico Sur daIlla Norfolk. As oficinas virreinais, lexislativas, administrativas e xudiciais están situadas en Kingston. A cidade é a segunda máis antiga de Australia, e é de grande importancia histórica e cultural para todos os insulares de Norfolk e outros australianos.

Historia

[editar |editar a fonte]

A cidade foi fundada o 6 de marzo de 1788 polo tenentePhilip Gidley King e 22 colonos (incluíndo 9 homes e 6 mulleres convictas) que desembarcaron ese día do HMTSupply.[2] Partiran dePort Jackson tan só unhas semanas despois do establecemento da coloniaBritánica deNova Gales do Sur. O asentamento foi inicialmente coñecido como Sidney ou Sydney Bay, e por 1796 era chamada "cidade de Sydney",[3] en honor dovizconde Sydney,ministro do Interior británico e patrón daPrimeira Frota. King estableceuse nunha casa no outeiro sobre a cidade, a masa de raíces no chan fixo que a chamaran "rooty hill",[4] cuxo nome foi adoptado enRooty Hill, Nova Gales do Sur cando posteriormente King estableceu unha casa alí.

Kingston sería así o asentamento orixinal dos colonos occidentais na Illa Norfolk. Con todo, este asentamento foi abandonado en1814, e os edificios foron destruídos para evitar que outras persoas ocupásenos. En1825, a illa foi reocupada, esta vez como unha colonia penal británica con capacidade para 2000 presos. A colonia gañou fama de someter os prisioneiros a un tratamento brutal, e foi pechada pola presión pública entre1855 e1856.

No2004, o Ministro de Terra e Ambiente australianoIvens "Toon" Buffett foi asasinado na cidade, foi o segundo asasinato coñecido na illa desde1893.

Na actualidade, a cidade é pouco máis que o centro administrativo desteterritorio autónomo australiano, sen que funcione apenas como asentamento. A capitalde facto é a cidade deBurnt Pine, no interior da illa, que é o verdadeiro centro económico e vital da illa.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Kingston atópase aliñada este-oeste na chaira de Kingston que se eleva desde a costa ata aproximadamente 20 m sobre o nivel do mar nos contrafortes dos cantís de Kingston. A chaira ten 1´5 km. de longo por aproximadamente 500 m. de ancho, con area calcaria cara ao sur ao longo da costa e arxilas basálticas cara ao norte ao longo dos contrafortes. O extremo occidental da chaira está marcado polos 60 m. de alto de Flagstaff Hill. O arroio de Watermill Creek atravesa a chaira logo de nacer en Arthur Vale ao noroeste, e únese ao arroio Town Creek e varios afluentes menores para formar os pantanos de Kingston antes de desembocar na baía de Emily. A maioría das praias accesibles da illa atópanse ao longo das beiras de Kingston. Cara ao sur, Emily Bay e Slaughter Bay ábrense á lagoa de Kingston e aosarrecifes e a ampla extensión da baía de Sydney. Cara ao leste, o cemiterio da baía ábrese directamente noocéano Pacífico sur.

Clima

[editar |editar a fonte]
Datos climáticos para Kingston
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAnual
Media máxima en °C26252423211918181921222421,7
Media mínima en °C19201918161614131416171816,7
Precipitación media mm8410994130145140155137949466861 334
Fonte: Weatherbase[5]

Goberno municipal

[editar |editar a fonte]

Non existe un nivel de gobernaciónmunicipal na illa de Norfolk, e acidade non ten límites formais. As funcións municipais como a recolleita de lixo e mantemento de aseos públicos e vestiarios xunto á praia están a cargo daKingston and Arthurs Vale Historic Area Conservation & Maintenance Team. A cidade non ten emblemasheráldicos distintivos.

Pobos e aldeas próximas

[editar |editar a fonte]

A cidade deBurnt Pine atópase a 3 km. cara ao noroeste, e a aldea de Middlegate a 2 km. ao norte. A deshabitada Illa Nepean e Philip Island dominan a vista ao mar desde Kingston.

Patrimonio da Humanidade

[editar |editar a fonte]

Kingston atópase no centro daKingston and Arthurs Vale Historic Area, que foi inscrita nalista do Patrimonio da Humanidade o 31 de xullo de 2010 como un dos grupo de oncesitios das colonias penais australianas.

Galería

[editar |editar a fonte]
  • Kingston Pier, cun remolcador arrastrando unha gabarra coa carga da nave atracada en alta mar.
    Kingston Pier, cun remolcador arrastrando unha gabarra coa carga da nave atracada en alta mar.
  • Vellas gabarras nos pendellos de Kingston.
    Vellas gabarras nos pendellos de Kingston.
  • Guindastre en Kingston Pier descargando unha gabarra.
    Guindastre en Kingston Pier descargando unha gabarra.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Buffett, Alice Inez,Speak Norfolk Today: An Encyclopedia of the Norfolk Island language, Himii Publishing, Norfolk Island 1999: 24
  2. Hoare, Merval,Norfolk Island: a revised and enlarged history 1774–1998, CQUP, Rockhampton 2003 (5th ed): 9–10
  3. 'View of the Town of Sydney, Norfolk Island', 1796, watercolour by WN Chapman, in Hoare, op.cit., plate 2
  4. Rooty Hill Road, Kingston, Norfolk Island,Google Maps, accessed 7 March 2013
  5. "Weatherbase: Historical Weather for Kingston, Norfolk Island". Weatherbase. 2011. Consultado o 24 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Kingston, Illa NorfolkModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Kingston,_Illa_Norfolk&oldid=6745808»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp